Adolph von Menzel: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Biografía: Arranxos varios
Replacing superseded 'Adolph-von-Menzel-Tafelrunde.jpg' with 'Adolph-von-Menzel-Tafelrunde2.jpg'
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=abril de 2017}}
{{Sen referencias|data=abril de 2017}}
[[Ficheiro:Adolph von Menzel.jpg|esquerda|miniatura|160px|Adolph von Menzel]]
[[Ficheiro:Adolph von Menzel.jpg|esquerda|miniatura|160px|Adolph von Menzel]]
[[Ficheiro:Adolph-von-Menzel-Tafelrunde.jpg|miniatura|''Die Tafelrunde'' (A mesa redonda) por A. von Menzel]]
[[Ficheiro:Adolph-von-Menzel-Tafelrunde2.jpg|miniatura|''Die Tafelrunde'' (A mesa redonda) por A. von Menzel]]
'''Adolph Friedrich Erdmann''' (posteriormente: '''von''') '''Menzel''' é un pintor de etnia alemá nado o [[8 de decembro]] de [[1815]] en [[Wrocław]] e falecido o [[9 de febreiro]] de [[1905]] en [[Berlín]]. Notábel polos seus debuxos, gravados e pinturas. Os temas da súa obra son frecuentemente inspirados na historia e é considerado o máis salientábel representante alemán do [[realismo]] pictórico do [[século XIX]].
'''Adolph Friedrich Erdmann''' (posteriormente: '''von''') '''Menzel''' é un pintor de etnia alemá nado o [[8 de decembro]] de [[1815]] en [[Wrocław]] e falecido o [[9 de febreiro]] de [[1905]] en [[Berlín]]. Notábel polos seus debuxos, gravados e pinturas. Os temas da súa obra son frecuentemente inspirados na historia e é considerado o máis salientábel representante alemán do [[realismo]] pictórico do [[século XIX]].



Revisión como estaba o 20 de marzo de 2018 ás 01:25

Adolph von Menzel
Die Tafelrunde (A mesa redonda) por A. von Menzel

Adolph Friedrich Erdmann (posteriormente: von) Menzel é un pintor de etnia alemá nado o 8 de decembro de 1815 en Wrocław e falecido o 9 de febreiro de 1905 en Berlín. Notábel polos seus debuxos, gravados e pinturas. Os temas da súa obra son frecuentemente inspirados na historia e é considerado o máis salientábel representante alemán do realismo pictórico do século XIX.

Biografía

Menzel recibiu as súas primeiras leccións artísticas no estudo litográficos de seu pai. No ano de 1833, estudou por seis meses na Real Academia de Berlín, a época coñecida pola súa énfase na arte retratista e perspectiva. Un ano despois, von Menzel xuntouse á Asociación Xoves Artistas. Até entón el estaba a traballar máis en óleos. En 1838 foi admitido na Asociación de Artistas Elder.

Conquistou a súa fama artística aos 25 anos de idade, en 1839, cando ilustrou a obra A vida de Frederico, o Grande do historiador Franz Kugler; para este proxecto Menzel preparou centos de esbozos a fin de reproducir coidadosamente a arquitectura, os traxes e o mobiliario da época. Desde entón a súa preparación exhaustiva e precisa garantiulle o recoñecemento por parte da elite política e social de Berlín - retratada en moitas das súas pinturas.

En 1853 ingresa na Real Academia da Arte. En 1855 viaxa a París para visitar a Exposición Universal e ver o Pavillón do realismo de Gustave Courbet. En 1867 recibe a Cruz da Lexión de Honra Francesa pola pintura histórica de Frederico e as súas tropas na batalla de Hochkirch. En 1875 é nomeado profesor e membro do Senado. En 1884 ten a súa primeira exposición individual.

Menzel obtén en 1885 un doutoramento na Universidade de Berlín. De 1880 e até o seu falecemento en 1905 en Berlín, abandonou a pintura de relevancia pública ou de valor histórico e pasou a retratar rúas, xardíns e fragmentos de paisaxes. Deixou para a posteridade unha abondosa contribución artística, composta por máis de dez mil deseños e outros milleiros de litografías, xilogravados, acuarelas...