Isabel (obra de teatro): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Título en cursiva}} {{Libro|nome=Isabel|tradutor=|autor=Ricardo Carballo Calero|ilustrador=|artista cuberta=|país=Galicia|lingua=Galega|colección=|t..."
 
Liña 8: Liña 8:
== Personaxes ==
== Personaxes ==
<div style="-moz-column-count: 2; column-count: 2;">
<div style="-moz-column-count: 2; column-count: 2;">
* Dona Júlia
* Dona Xulia
* Rosalía
* Rosalia
* Rego
* Rego
* Isabel
* Isabel
* O Espolique
* O Espolique
* Mário
* Mario
* Quiroga
* Quiroga
* Rafael
* Rafael

Revisión como estaba o 19 de marzo de 2018 ás 17:02

Isabel
Autor/aRicardo Carballo Calero
OrixeGalicia
LinguaGalega
Xénero(s)Teatro
EditorialEdiciós do Castro
Data de pub.1982
editar datos en Wikidata ]

Isabel. Comédia en tres actos (1945). É unha peza teatral de Ricardo Carballo Calero publicada en Ediciós do Castro en 1982 [1].

Segundo Sindo Villamayor:

Trátase dunha comedia en tres actos na que a acción vén plantexar como problema os límites entre o ilusorio e o real, percorrido que na peza vai da realidade á ilusión [2].

Personaxes

  • Dona Xulia
  • Rosalía
  • Rego
  • Isabel
  • O Espolique
  • Mario
  • Quiroga
  • Rafael

Desenvolvemento

A acción desenvólvese nun pazo de Galicia, na época actual.

  • Acto I

Dona Xulia é a ama, a criada de sempre na familia, vén da cidade onde vivía co señor, dille á nova criada da aldea, Rosalía, que a trate de dona e non de señora. Conversan as dúas sobre o servizo das criadas e a súa disposición. Rego é o criado que vai e vén coa besta levando o correo e os recados.

Falan de que o señor, don Mario, non sae case nunca, está recluído en si mesmo desde que lle morreu a muller, dona Isabel. Mais saíu ver o seu amigo, o fidalgo don Rafael.

Inesperadamente chega unha moza que se fai chamar Isabel e se comporta como se fose a señora do pazo ante o asombro dos criados.

Rosalía canta:

Paxaro que vive soio,

na ponla da arbre esmorece.

Tamén esmorece a moza

ando non ten que a quere[3]

.

  • Acto II

Isabel goberna o pazo coma se o fixese sempre con tino e sabendo de todo.

Chega un cabaleiro descoñecido, Quiroga, e infórmase por Rosalía da vida do pazo e de quen é e como vive don Rafael.

Encóntranse Mario, Rafael e Quiroga. Conta Mario que o visitante é un antigo compañeiro seu de estudos e grande amigo da cidade, e que se alegra moito da visita. Xulio Quiroga dille que vén velo e tamén coñecer a súa señora.

Aparece Isabel que é presentada a Quiroga. Remata o acto dicindo Quiroga aparte:

Magnífica, insuperábel, sorprendente; pero ¿debe seguir a comédia máis alá da firma do autor? [3]
  • Acto III

Quiroga infórmase con Xulia do ben que leva a casa Isabel, a criada coñeceuna cando veu ao pazo. O mesmo acontece co criado Rego, tamén a coñeceu así.

Nunhas intervencións moi longas Quiroga cóntalle a Rafael toda a historia de Mario de cando vivía na cidade. Namorou de Isabel e casaron. A delicada saúde dela decidiunos a vir á aldea dos avós por ver se melloraba. Mais morreu ao chegar e desde entón Mario quedou desfeito, sen superalo, pechado en si mesmo no pazo.

O grupo de amigos de Quiroga na cidade segue coa súa vida e entre alcohol e alcohol deciden contratar a unha actriz secundaria para que faga o papel de Isabel e alegre a Mario. Adéstrana moi ben contándolle todo o que ten que saber e mándana ao pazo para ver en que dá a cousa. Esa é a razón da súa visita, saber como está o experimento.

Rafael coméntalle que todo o servizo non chegara a coñecer a verdadeira Isabel, só coñece a esta. El el mesmo estaba intrigado sabendo da morte da primeira mais vendo agora que coa segunda Mario reviviu e todo vai mellor non se atreveu a facer preguntas. Por fin agora enténdeo todo.

O espectador coñece a reacción final de Quiroga e de Rafael, observa a Isabel e Mario. Remata a peza cantando Rosalía:

Cabe na flor da gesteira

o recendo da montaña,

como cabe o azul do ceu

nunha pucharquiña de água[4]

Notas

  1. Carballo Calero, Ricardo (1982). Teatro completo. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-116-3. 
  2. Villamayor, Sindo (1996). Historia da Literatura Galega. 33. O silencio interior (1940-1950). Ed. A Nosa Terra. p. 1041. ISBN 84-89679-05-3. 
  3. 3,0 3,1 Carballo Calero 1982, p. 44.
  4. Carballo Calero 1982, p. 77.