Índice de Desenvolvemento Humano: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
m Engado aviso: hai unha falla no cadro do cálculo dos índices |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Revisión|data=marzo de 2018}} |
|||
[[Ficheiro:UN Human Development Report 2008.svg|miniatura|dereita|400px|Mapa mundo, indicando o Índice de Desenvolvemento Humando (2008) |
[[Ficheiro:UN Human Development Report 2008.svg|miniatura|dereita|400px|Mapa mundo, indicando o Índice de Desenvolvemento Humando (2008) |
||
{| width=100% |
{| width=100% |
Revisión como estaba o 15 de marzo de 2018 ás 07:21
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde marzo de 2018.) |
por riba de 0,950 0,900–0,949 0,850–0,899 0,800–0,849 0,750–0,799 | 0,700–0,749 0,650–0,699 0,600–0,649 0,550–0,599 0,500–0,549 | 0,450–0,499 0,400–0,449 0,350–0,399 por baixo de 0,350 non dispoñible |
O Índice de Desenvolvemento Humano ou IDH é un índice estatístico composto que vén sendo empregado polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) dende 1993, avaliando o desenvolvemento humano dos estados do mundo.
O índice foi desenvolvido en 1990 polo economista paquistanés Mahbub ul Haq e o economista indio Amartya Sen[1].
Criterios de avaliación
- Educación: para avaliar a dimensión da educación o cálculo do IDH considera dous indicadores. O primeiro é a taxa de alfabetización, considerando a porcentaxe de persoas maiores de 15 anos de idade. O segundo é a taxa bruta de escolarización, combinando as medidas das taxas para a educación primaria, secundaria e superior.
- Lonxevidade: a lonxevidade é avalidada considerando a esperanza de vida ó nacer, que permite a medición indirecta da satisfacción de bens materiais esenciais tales como o acceso a unha alimentación sa, á auga potable, a unha vivenda digna, a unha boa hixiene e a coidados médicos.
- Nivel de vida/renda: calcúlase mediante o logaritmo do Produto Interior Bruto por habitante en paridade de poder adquisitivo, en dólares. Engloba os elementos da calidade de vida que non son descritos polos dous índices anteriores, como a mobilidade ou o acceso á cultura.
Cálculo do IDH
O IDH calcúlase como a media aritmética dos índices de lonxevidade, nivel de educación e nivel de vida ou renda.
- (onde = Lonxevidade, = Educación e = Renda)
O cálculo destes índices vén dado no seguinte cadro:
Índice | Medida | Valor mínimo | Valor máximo | Fórmula |
---|---|---|---|---|
Lonxevidade | esperanza de vida ó nacer (EV) | 25 anos | 85 anos | |
Educación | Taxa de alfabetización (TA) | 0% | 100% | |
Taxa bruta de escolarización (TBS) | 0% | 100% | ||
Renda | logaritmo do PIB por habitante en paridade de poder adquisitivo |
100 USD |
40 000 USD |
Clasificación do IDH
No informe publicado en 2007 o Índice de Desenvolvemento Humano oscila entre Islandia cun índice de 0,968 na primeira posición ó 0,336 de Serra Leoa no posto 177.
Os estados clasifícanse en 3 grandes grupos_
- Estado con desenvolvemento humano alto (IDH ≥ 0,8): 70.
- Estado con desenvolvemento humano medio (0,5 ≤ IDH < 0,8): 85.
- Estado con desenvolvemento humano baixo (IDH < 0,5): 22.
Notas
- ↑ (en inglés) About HDRO.
Véxase tamén
Outros artigos
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Índice de Desenvolvemento Humano |