Cartografía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo)
Xoacas (conversa | contribucións)
Liña 21: Liña 21:
* {{Cita libro| autor =Río Barja, Francisco Xavier| título =Cartografía xurisdiccional de Galicia no século XVIII| ano =1990| publicación =Santiago de Compostela. [[Consello da Cultura Galega]]| id = ISBN 84-87172-55-5}}
* {{Cita libro| autor =Río Barja, Francisco Xavier| título =Cartografía xurisdiccional de Galicia no século XVIII| ano =1990| publicación =Santiago de Compostela. [[Consello da Cultura Galega]]| id = ISBN 84-87172-55-5}}
* {{Cita libro| autor =Varios| título =Cartografía de Galicia (ss. XVI ó XIX). Colección Puertas-Mosquera | ano =2000| publicación =Santiago de Compostela. [[Universidade de Santiago de Compostela]]| id = ISBN 84-8121-812-X}}
* {{Cita libro| autor =Varios| título =Cartografía de Galicia (ss. XVI ó XIX). Colección Puertas-Mosquera | ano =2000| publicación =Santiago de Compostela. [[Universidade de Santiago de Compostela]]| id = ISBN 84-8121-812-X}}
* {{Cita libro| autor =Varios| título =Mapa de parroquias de Galicia. Cartografía territorial básica de Galicia | ano =2001| publicación =Santiago de Compostela. Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia - [[Xunta de Galicia]]| id = ISBN 84-453-2959-6}}
* {{Cita libro| autor =Varios| título =Mapa de parroquias de Galicia. Cartografía territorial básica de Galicia | ano =2001| publicación =Santiago de Compostela. [[Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia]] - [[Xunta de Galicia]]| id = ISBN 84-453-2959-6}}


=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===

Revisión como estaba o 10 de marzo de 2018 ás 00:39

Mapa de 1627.

A cartografía é a rama da xeografía que se ocupa da representación da Terra sobre unha superficie, o que se denomina mapa. Ao ser a Terra esférica ha de valerse dun sistema de proxección para pasar da esfera ao plano. No fondo este é o problema da cadratura do círculo.

Pero ademais de representar os contornos das cousas, as superficies e os ángulos ocúpase, tamén de representar outra información que aparece sobre o mapa, segundo se considere que é relevante ou non. Isto, normalmente, depende do que se queira representar no mapa e da escala deste.

O método da cartografía baséase na fotogrametría: as fotos aéreas (en Galicia antes realizadas polos servizos militares e agora transferidos aos centros correspondentes da Xunta de Galicia) son combinadas, axuntadas, interpretadas e convencionalizadas antes de obter un resultado final.

Para unha correcta interpretación da cartografía (feita a escala rexional ou nacional-estatal), debe recorrerse aos fundamentos da xeografía matemática. O tipo de proxección xeodésica utilizada debe considerarse no reprantexamento cartográfico.

CÔTES
D ' E S P A G N E
PARTIE DE LA GALICE
depuis le CAP ORTEGAL jusqu'au CAP SILLEIRO, 1793.

Historia

Artigo principal: Historia da cartografía.

A cartografía ven xa do imperio exipcio e do coñecemento dos gregos, cando Tolomeo realizou unhas primeiras medidas aproximadas da curvatura terrestre dependendo da lonxitude da sombra de dous esteos situados en ambos os dous lados do Mar Mediterráneo.

Moito máis tarde buscouse unha referencia xeográfica universal: froito disto foron os meridianos de Barcelona, de París e o definitivamente aceptado de Greenwich. A importancia da cartografía foi tal que influíu nos fundamentos do sistema internacional de pesos e medidas, de xeito que a primeira definición do metro foi "a dezmillonésima parte do cuadrante superior do meridiano que pasa por París".

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas