Escólex: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 193.153.56.123 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
Etiqueta: Reversión
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Taenia solium tapeworm scolex with its four suckers and two rows of hooks 5262 lores.jpg|right|miniatura|Escólex dunha ''[[Taenia solium]]'' con catro ventosas e rostelo con ganchos.]]
[[Ficheiro:Taenia solium tapeworm scolex with its four suckers and two rows of hooks 5262 lores.jpg|right|miniatura|Escólex dunha ''[[Taenia solium]]'' con catro ventosas e rostelo con ganchos.]]
[[Ficheiro:Bandwurm-drawing.jpg|miniatura|dereita|a. ''Taenia solium''.<br> b. ''Taenia saginata''.]]
[[Ficheiro:Bandwurm-drawing.jpg|miniatura|dereita|a. ''Taenia solium''.<br> b. ''Taenia saginata''.]]
El '''escólex''' tiene una porción cefálica dos vermes [[parasito]]s adultos [[platihelminto]]s da clase [[Cestoda]], que o utilizan como órgano de fixación á parede intestinal dos seus [[hóspede]]s. No escólex hai ventosas ou ganchos ou ambas as cousas, dependendo da especie, que lle permiten ao animal adherirse á [[mucosa]] do [[intestino]] do seu hóspede.<ref>[http://www.iqb.es/diccio/e/es.htm#escolex Medciclopedia: Diccionario Ilustrado de Términos Médicos]</ref>
O '''escólex''' é a porción cefálica dos vermes [[parasito]]s adultos [[platihelminto]]s da clase [[Cestoda]], que o utilizan como órgano de fixación á parede intestinal dos seus [[hóspede]]s. No escólex hai ventosas ou ganchos ou ambas as cousas, dependendo da especie, que lle permiten ao animal adherirse á [[mucosa]] do [[intestino]] do seu hóspede.<ref>[http://www.iqb.es/diccio/e/es.htm#escolex Medciclopedia: Diccionario Ilustrado de Términos Médicos]</ref>


== Características ==
== Características ==

Revisión como estaba o 8 de marzo de 2018 ás 21:49

Escólex dunha Taenia solium con catro ventosas e rostelo con ganchos.
a. Taenia solium.
b. Taenia saginata.

O escólex é a porción cefálica dos vermes parasitos adultos platihelmintos da clase Cestoda, que o utilizan como órgano de fixación á parede intestinal dos seus hóspedes. No escólex hai ventosas ou ganchos ou ambas as cousas, dependendo da especie, que lle permiten ao animal adherirse á mucosa do intestino do seu hóspede.[1]

Características

O escólex ten diversas formas dependendo da especie. Algúns cestodos teñen un escólex de forma ovalada, outros cuadrangular ou piriforme. Os elementos que aparecen no escólex que permiten a adhesión do parasito ao intestino son normalmente as ventosas, xeralmente en número de catro. No medio do escólex, algúns vermes planos teñen un saínte mediano que sobresae notablemente chamado rostelo,[2] que pode ser retráctil, como o de Hymenolepis nana. Outros cestodos están "armados" con filas de ganchos ou acúleos grosos situados sobre o seu rostelo,[3] como é o caso de Taenia solium. Pode haber unha ou máis ringleiras de ganchos formando unha coroa no rostelo. Outros carecen de rostelo e de ganchos, como Hymenolepis diminuta e Taenia saginata.

Algúns cestodos (Tetrafilídeos, Tripanorrincos, Pseudofilídeos) no escólex en vez de ventosas (ou xunto con elas) teñen uns sucos adhesivos chamados botrios ou uns lóbulos adhesivos (botridios) en posición lateral ou termnal. Outros (Tentacuaria) teñen trompas evaxinables espiñosas contidas nunha vaíña, e outros ventosas apicais ou órganos glandulares (Protocefalideos).[4]

En xeral, o tamaño do escólex común é de 2 mm a pesar de que o parasito mida varios metros.[5] Seguido do escólex continúa o colo do animal, máis curto e delgado que o resto do corpo, e o punto onde comeza o crecemento do resto do corpo ou estróbilo. Nas formas larvarias, o escólex adoita estar invaxinado e emerxe durante o desenvolvemento do animal no hóspede.

Uso en diagnóstico

O escólex ten grande utilidade no laboratorio clínico cando se pode dispoñer del, porque é un dos elementos que permite distinguir unha especie de cestodo doutra, en particular se pertencen ao mesmo xénero. Así, o escólex permite diferenciar entre unha H. diminuta e unha H. nana, ou tamén distinguir a T. saginata da T. solium. É unha grande ferramenta diagnóstica xunto coas diferenzas de tamaño, o colo e os estróbilos. Con todo, debido a que o escólex está enterrado na mucosa intestinal, rara vez é expulsado polas feces, facendo que o diagnóstico de laboratorio estea case siempre baseado en encontrar e distinguir os ovos ou as proglotes na rexión anal do hóspede ou nas feces.

Notas