Nabucodonosor II: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?nounTitle=cigurat&homonymNumber=
Servando2 (conversa | contribucións)
amaño ligazón
Liña 3: Liña 3:


== Campañas ==
== Campañas ==
Fillo maior e sucesor de [[Nabopolasar]]. Casado coa filla ou neta de [[Ciaxares]], rei de [[Medos|Media]], foi un hábil negociador e diplomático. O seu pai enviouno a conquistar [[Siria]] en poder dos exipcios tras a disgregación do imperio de [[Asiria]]. Vencedor da batalla de [[Carquemis]] ([[-605]]), someteu Siria e [[Fenicia]]. Ese mesmo ano subiu ao trono, trala morte de [[Nabopolasar]].
Fillo maior e sucesor de [[Nabopolasar]]. Casado coa filla ou neta de [[Ciaxares]], rei de [[Media (Oriente Medio)|Media]], foi un hábil negociador e diplomático. O seu pai enviouno a conquistar [[Siria]] en poder dos exipcios tras a disgregación do imperio de [[Asiria]]. Vencedor da batalla de [[Carquemis]] ([[-605]]), someteu Siria e [[Fenicia]]. Ese mesmo ano subiu ao trono, trala morte de [[Nabopolasar]].


Derrotou a [[cimerios]] e [[escitas]]. Tras consolidar a súa amizade cos medos, dirixiu as súas expedicións cara Occidente. Conquistou [[Xerusalén]] no ano [[-597]]. Coincidindo con outro intento de invasión por parte dos exipcios, un novo levantamento de [[Xudá]] rematou coa destrución de Xerusalén e o seu [[templo de Xerusalén|Templo]], así como coa [[deportación]] de moitos cidadáns prominentes a Babilonia. Durante 13 anos cercou a cidade de [[Tiro]], que acabou recoñecendo a autoridade de Nabucodonosor. Realizou varias operacións de castigo sobre [[Exipto]].
Derrotou a [[cimerios]] e [[escitas]]. Tras consolidar a súa amizade cos medos, dirixiu as súas expedicións cara Occidente. Conquistou [[Xerusalén]] no ano [[-597]]. Coincidindo con outro intento de invasión por parte dos exipcios, un novo levantamento de [[Xudá]] rematou coa destrución de Xerusalén e o seu [[templo de Xerusalén|Templo]], así como coa [[deportación]] de moitos cidadáns prominentes a Babilonia. Durante 13 anos cercou a cidade de [[Tiro]], que acabou recoñecendo a autoridade de Nabucodonosor. Realizou varias operacións de castigo sobre [[Exipto]].


== Construcións ==
== Construcións ==
Nabucodonosor foi un soberano moi devoto (especialmente do gran deus [[Marduk]]) que ergueu e restaurou gran número de templos. Fixo de Babilonia unha das grandes marabillas da historia da humanidade. O pazo real, a ponte e o túnel que cruzaban o [[Éufrates]], canles, a [[porta de Ishtar]] con ladrillos esmaltados, o [[zigurat|cigurat]] de [[Etemenanki]] de 90 metros de altura (posiblemente a [[torre de Babel]] da [[Biblia]]) e os irrepetibles [[xardíns colgantes de Babilonia]] realizados para aliviar a [[morriña]] de raíña Amitis, que suspiraba polas primaveras das montañas de [[Medos|Media]], onde se criara. Nada diso sería posible sen a actividade obreira de numerosos cativos traídos das terras conquistadas.
Nabucodonosor foi un soberano moi devoto (especialmente do gran deus [[Marduk]]) que ergueu e restaurou gran número de templos. Fixo de Babilonia unha das grandes marabillas da historia da humanidade. O pazo real, a ponte e o túnel que cruzaban o [[Éufrates]], canles, a [[porta de Ishtar]] con ladrillos esmaltados, o [[zigurat|cigurat]] de [[Etemenanki]] de 90 metros de altura (posiblemente a [[torre de Babel]] da [[Biblia]]) e os irrepetibles [[xardíns colgantes de Babilonia]] realizados para aliviar a [[morriña]] de raíña Amitis, que suspiraba polas primaveras das montañas de [[Media (Oriente Medio)|Media]], onde se criara. Nada diso sería posible sen a actividade obreira de numerosos cativos traídos das terras conquistadas.


Sucedeuno o seu fillo [[Amel-Marduk]]
Sucedeuno o seu fillo [[Amel-Marduk]]

Revisión como estaba o 8 de marzo de 2018 ás 13:18

Gravado coa inscrición de Nabucodonosor II[1]

Nabucodonosor II, nado no ano 630 a.C. e finado no 562 a.C, foi un rei de Babilonia da dinastía caldea. Os seus 43 anos de reinado foron os do máximo esplendor do imperio neobabilónico.

Campañas

Fillo maior e sucesor de Nabopolasar. Casado coa filla ou neta de Ciaxares, rei de Media, foi un hábil negociador e diplomático. O seu pai enviouno a conquistar Siria en poder dos exipcios tras a disgregación do imperio de Asiria. Vencedor da batalla de Carquemis (-605), someteu Siria e Fenicia. Ese mesmo ano subiu ao trono, trala morte de Nabopolasar.

Derrotou a cimerios e escitas. Tras consolidar a súa amizade cos medos, dirixiu as súas expedicións cara Occidente. Conquistou Xerusalén no ano -597. Coincidindo con outro intento de invasión por parte dos exipcios, un novo levantamento de Xudá rematou coa destrución de Xerusalén e o seu Templo, así como coa deportación de moitos cidadáns prominentes a Babilonia. Durante 13 anos cercou a cidade de Tiro, que acabou recoñecendo a autoridade de Nabucodonosor. Realizou varias operacións de castigo sobre Exipto.

Construcións

Nabucodonosor foi un soberano moi devoto (especialmente do gran deus Marduk) que ergueu e restaurou gran número de templos. Fixo de Babilonia unha das grandes marabillas da historia da humanidade. O pazo real, a ponte e o túnel que cruzaban o Éufrates, canles, a porta de Ishtar con ladrillos esmaltados, o cigurat de Etemenanki de 90 metros de altura (posiblemente a torre de Babel da Biblia) e os irrepetibles xardíns colgantes de Babilonia realizados para aliviar a morriña de raíña Amitis, que suspiraba polas primaveras das montañas de Media, onde se criara. Nada diso sería posible sen a actividade obreira de numerosos cativos traídos das terras conquistadas.

Sucedeuno o seu fillo Amel-Marduk

Notas

  1. Anton Nyström, Allmän kulturhistoria eller det mänskliga lifvet i dess utveckling, bd 2 (1901)

Véxase tamén

Outros artigos