María José Alonso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Xabier Cid moveu a páxina "María Alonso Fernández" a "María Alonso": Nome máis simple polo que é coñecida
galega
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
{{Biografía}}
'''María Josefa Alonso Fernández''', nada en [[Carrizo de la Ribera]] ([[provincia de León]]) o [[22 de decembro]] de [[1959]], é unha [[Farmacia|farmacéutica]], [[ensino|catedrática]] e [[academia (institución)|académica]] especializada no campo das [[nanopartícula]]s como vehículo de [[medicamento]]s.
'''María Josefa Alonso Fernández''', nada en [[Carrizo de la Ribera]] ([[provincia de León]]) o [[22 de decembro]] de [[1959]], é unha [[Farmacia|farmacéutica]], [[ensino|catedrática]] e [[academia (institución)|académica]] [[Galicia|galega]] especializada no campo das [[nanopartícula]]s como vehículo de [[medicamento]]s.


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 8 de marzo de 2018 ás 11:16

Infotaula de personaMaría José Alonso

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Carrizo de la Ribera, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacóloga , profesora universitaria , académica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webusc.es… Editar o valor em Wikidata
Dialnet: 752942

María Josefa Alonso Fernández, nada en Carrizo de la Ribera (provincia de León) o 22 de decembro de 1959, é unha farmacéutica, catedrática e académica galega especializada no campo das nanopartículas como vehículo de medicamentos.

Traxectoria

En 1981 licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, e en 1985 acadou o doutoramento. Nese mesmo ano foi nomeada profesora axudante do Departamento de Tecnoloxía Farmacéutica de dita Universidade. É docente deste departamento desde entón, como catedrática desde 1998.

Nos anos 1986-87 iniciou a súa actividade no campo das nanopartículas como sistemas de fármacos na Universidade de París XI. En 1988 traballou como investigadora na Universidade de Angers, onde foi científica visitante, e no Instituto Tecnolóxico de Massachussets (1991-92 e 2012).

Foi vicerreitora de Investigación e Innovación da USC desde 2006 até 2010.[1]

Actividades realizadas

Dirixiu 25 proxectos financiados por institucións públicas, entre eles varios proxectos europeos e financiados por institucións internacionais como a OMS e a Bill & Melinda Gates Foundation. É autora de 97 publicacións científicas en revistas internacionais de alto impacto na área da liberación de fármacos, de dezasete capítulos de libros e de oito patentes.[2] Así mesmo, ten participado como conferenciante invitado en trinta congresos internacionais.

Foi membro do comité científico e organizador de numerosos congresos e cursos de ámbito internacional e fundadora e presidenta da Sociedade Hispano-Portuguesa de Liberación Controlada (1995). É a coordinadora da Rede Temática de Investigación en Sistemas de Liberación de Moléculas Activas (SLMA). Por iniciativa da Sociedade Europea para a Ciencia (NSF), liderou grupos de traballo sobre a Nanomedicina, e é responsable da división de educación e comunicación da Plataforma Tecnológica Española de Nanomedicina.

É fundadora da asociación Spanish Portuguese Chapter of the Controlled Release Society e presidenta da súa xunta directiva (1995-97), así como secretaria da mesma (1997-2000), Governor da Controlled Release Society Inc. (1995-98), membro de Board of Pharmaceutical Sciences da International Pharmaceutical Federation (1998-2000), membro de Scientific Advidsory Board da Association de Pharmacie Galénique Industrielle (1997-2000) e pertence á European Federation for Pharmaceutical Sciences.

Así mesmo, e membro do comité editorial das seguintes revistas internacionais: Pharmaceutical Research, Journal of Controlled Release, International Journal of Pharmaceutics, European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics, European Journal of Pharmaceutical Sciences, Drug Development and Industrial Pharmacy, Drug Delivery Sciences & Technologies e J. Microencapsulation.

M. J. Alonso está incluída na clasificación dos dez maiores expertos mundiais en farmacoloxía e toxicoloxía, elaborado polo Times Higher Education, co que se converteu na primeira española en alcanzar este posto.[3][4]

A profesora Alonso é membro da Academia de Farmacia de Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias,[5][6] e da Real Academia Nacional de Farmacia de España.[7]

Premios

  • 1985: Premio extraordinario de doutoramento en Farmacia, USC.[1]
  • 2011: Premio Jaume I de Novas Tecnoloxías.[3][8]
  • 2011: Premio Nóvoa Santos.[4]
  • 2013: Premio Mª Josefa Wonenburger.[9]
  • 2014: Premio Maurice-Marie Janot.[10]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas