Wikipedia:Actividades do décimo quinto aniversario: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 51: Liña 51:
| [[User:Elisardojm|Elisardojm]] || [[Culleredo]] || coche propio ||170km*2*0,19=64,6 euros ||3 h 30' || [https://www.google.es/maps/dir/Culleredo,+A+Coru%C3%B1a/Ourense/@42.8230368,-8.5349817,9z/data=!3m1!4b1!4m14!4m13!1m5!1m1!1s0xd2e6462f1ed55eb:0x7808e7fc941abb7c!2m2!1d-8.389602!2d43.2882033!1m5!1m1!1s0xd2ffeb5bc5378eb:0x295326a374bca39c!2m2!1d-7.863881!2d42.3357893!3e0 Percorrido]
| [[User:Elisardojm|Elisardojm]] || [[Culleredo]] || coche propio ||170km*2*0,19=64,6 euros ||3 h 30' || [https://www.google.es/maps/dir/Culleredo,+A+Coru%C3%B1a/Ourense/@42.8230368,-8.5349817,9z/data=!3m1!4b1!4m14!4m13!1m5!1m1!1s0xd2e6462f1ed55eb:0x7808e7fc941abb7c!2m2!1d-8.389602!2d43.2882033!1m5!1m1!1s0xd2ffeb5bc5378eb:0x295326a374bca39c!2m2!1d-7.863881!2d42.3357893!3e0 Percorrido]
|-
|-
| [[User:Sobreira|Sobreira]] || [[Santiago de Compostela]] || tren || 8.05/16.6/16.6 || 6.00-6.38 ou 8.34-9.11 ou 9.39-10-16 || (o mesmo que o de Angrois...)
| [[User:Sobreira|Sobreira]] || [[Santiago de Compostela]] || tren || 8.05/16.6/16.6<br>+11.40/12.05/13.30<br>(creo que xa incorpora o desconto de ida e volta) || 6.00-6.38 ou 8.34-9.11 ou 9.39-10-16 + volta || (o mesmo que o de [[Accidente ferroviario de Angrois de 2013|Angrois]]...)
|-
|-
| &nbsp; || || || || ||
| &nbsp; || || || || ||

Revisión como estaba o 5 de marzo de 2018 ás 12:01

Logotipo provisional do quinto aniversario.

O vindeiro 8 de marzo de 2018 a Galipedia acadará os quince anos de traballo para crear a enciclopedia libre en galego. Para celebrar isto imos realizar un encontro de galipedistas, e outras actividades, na cidade de Ourense.

Lugar

Para esta celebración escolleuse a cidade de Ourense para intentar dar a coñecer un pouco máis o proxecto nesa provincia.

Data

A data de celebración do aniversario será o 10 de marzo, sábado.

Entidades colaboradoras

O concello de Ourense, a través da concellería de Igualdade, colabora con nós na realización do wikimaratón encargándose de conseguir un local axeitado para realizalo e na difusión da actividade.

Actividades

Cartel do evento do wikimaratón.

Galecomida

Despois do Wikimaratón do Día Internacional da Muller, achegarémonos a un local para celebrar unha comida todos xuntos, desfrutar da compañía dos compañeiros de tantos anos de traballo, comentar as mellores anécdotas e falar de todo o que sexa preciso. Para poder organizar un pouco esta parte e buscar un local bo, bonito e barato, precisamos saber cantos están interesados nesta paparota, polo que é preciso que vos apuntedes aquí abaixo:

Bolsas de transporte

Tal e como se reflicte no presuposto solicitado (que podedes consultar abaixo), temos 19 bolsas para pagar os gastos de transporte dos participantes do evento, cada bolsa é de 30 euros. As posibilidades de solicitar estas bolsas son dúas:

  • se te achegas nun medio de transporte público, pagaránseche os gastos do billete de ida e volta.
  • se te achegas no teu propio coche, pagaránseche 0,19 euros por quilómetro dende a túa localidade ata Ourense, ida e volta.

O importe máximo da bolsa é de 30 euros, pero, se despois de abonar todas as solicitudes, sobraran cartos desta partida, a cantidade repartiríase entre a xente que faga máis de 150 quilómetros en función dos quilómetros de máis que fagan.

O reintegro das bolsas farase despois do evento, unha vez presentados os xustificantes do desprazamento, preferiblemente por transferencia bancaria.

Para reducir os gastos non necesarios, evitar desbotar os recursos e reducir, no posible, a contaminación xerada, pedimos a tódolos participantes que se organicen na páxina de conversa para compartir, sempre que sexa posible, o medio de transporte co que se achegarán a Ourense.

Requisitos

É preferible ter unha conta bancaria para que poidamos facer o ingreso da bolsa, e haberá que enviar por correo electrónico ós responsables da bolsa da Fundación, Elisardojm e Estevoaei, unha foto dun xustificante dos gastos do transporte (isto é preciso para enviar esa información á Fundación Wikimedia para os seus controis, poden riscarse nas fotos os datos persoais que haxa neses recibos). Os xustificantes poden ser os tíckets do bus, do tren, ou no caso de achegarse en coche, un tícket de repostaxe de combustible por unha cantidade semellante á da bolsa solicitada (non fai falta que sexa polo importe exacto, so é preciso ter un xustificante para acreditar o gasto. Iso si, debería ter data de 9-3-2018 ou 10-3-2018 para que estivera o máis aproximado posible á data do evento) ou tamén uns tíckets de autoestrada, se a usas. Se queres achegar outros tíckets ou resgardos, fala cos organizadores para que o teñan en conta.

Lista de solicitantes

Os que estean interesados en solicitar unha destas bolsas deben apuntarse nesta táboa indicando o seu usuario, lugar dende onde se desprazan, medio de transporte que usan (coche propio, bus, tren, etc.), e importe solicitado (nesta cela haberá que indicar tamén os cálculos necesarios para obter o importe final e facilitar a súa revisión).

Usuario Lugar de procedencia Medio de transporte Importe solicitado Tempo da viaxe (ida/volta) Mapa do percorrido (por exemplo)
Agremon Ribadeo coche propio 194km*2*0,19= 73,72 (...ate) 5 h Percorrido
Elisardojm Culleredo coche propio 170km*2*0,19=64,6 euros 3 h 30' Percorrido
Sobreira Santiago de Compostela tren 8.05/16.6/16.6
+11.40/12.05/13.30
(creo que xa incorpora o desconto de ida e volta)
6.00-6.38 ou 8.34-9.11 ou 9.39-10-16 + volta (o mesmo que o de Angrois...)
 

Presuposto

O presuposto presentado á Fundación Wikimedia xa foi aprobado, estamos pendentes de enviarlles documentación para que fagan o ingreso dos cartos. Está dispoñible en Grants:Project/Rapid/Elisardojm/Wikipedia in Galician 15th anniversary Meeting.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos