Paulo Novás: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
{{Biografía}}
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Arriba, á dereita, con traxe escuro e garabata, Paulo Novás co alumnado do Instituto.jpg|miniatura|300px|Arriba, á dereita, con traxe escuro e garabata, Paulo Novás co alumnado do Instituto.]]

'''Paulo Novás Souto''', nado en [[São Paulo]] en [[1900]] e finado en [[Pontevedra]] o [[12 de novembro]] de [[1936]], foi un mestre e político galego.
'''Paulo Novás Souto''', nado en [[São Paulo]] en [[1900]] e finado en [[Pontevedra]] o [[12 de novembro]] de [[1936]], foi un mestre e político galego.

Revisión como estaba o 2 de marzo de 2018 ás 15:39

Infotaula de personaPaulo Novás
Biografía
Nacemento16 de abril de 1899 Editar o valor em Wikidata
São Paulo, Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte12 de novembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Arriba, á dereita, con traxe escuro e garabata, Paulo Novás co alumnado do Instituto.

Paulo Novás Souto, nado en São Paulo en 1900 e finado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12/11/1936.

Nado en Brasil, retornou coa familia a Galicia sendo novo. Fíxose mestre polo Plano de Estudos de 1914. Foi mestre da escola mixta de Sacos, Cotobade (1925-1927), e despois en Cobres, Vilaboa. Creada en 1931 unha sección de Escola Preparatoria de Ingreso no Instituto de Pontevedra, accedeu a esta praza. Pertenceu á comisión organizadora da "Casa del Maestro" de Pontevedra. Militante de Izquierda Republicana. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra sumarísimo o 1 de novembro. Condenado a morte, foi fusilado na estrada de Campañó o 12 de novembro de 1936.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas