Nais de Praza de Maio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado marcador wikisource
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Modificado: es:Madres de Plaza de Mayo
Liña 56: Liña 56:
[[de:Madres de Plaza de Mayo]]
[[de:Madres de Plaza de Mayo]]
[[en:Mothers of the Plaza de Mayo]]
[[en:Mothers of the Plaza de Mayo]]
[[es:Madres de la Plaza de Mayo]]
[[es:Madres de Plaza de Mayo]]
[[fr:Mouvement des mères de la place de Mai]]
[[fr:Mouvement des mères de la place de Mai]]
[[ilo:Dagiti Ina ti Plaza de Mayo]]
[[ilo:Dagiti Ina ti Plaza de Mayo]]

Revisión como estaba o 10 de setembro de 2007 ás 06:11

Nais de Praza de Maio xunto ao presidente de Arxentina, Néstor Kirchner


Nais de Praza de Maio é unha asociación formada durante a última ditadura da República Arxentina co fin de recuperar con vida aos detidos desaparecidos, inicialmente, e logo establecer os responsables dos actos de lesa humanidade e promover o seu enxuizamento.

As Nais de Praza de Maio atópanse divididas en dous grupos, o grupo maioritario presidido por Hebe de Bonafini e denominado Nais de Praza de Maio, e Nais de Praza de Maio Liña Fundadora, presidido por Nora Morales de Cortiñas.

Acción da organización

As Nais de Praza de Maio representadas na Feria Internacional do Libro en Bos Aires

Naceu como unha iniciativa de nais de detidos e desaparecidos o 30 de abril de 1977 en Bos Aires. O seu obxectivo inicial era poder ter unha audiencia co Presidente de facto arxentino Jorge Rafael Videla. Para iso, se reuniron na Praza de Maio e efectuaron unha manifestación pública pacífica pedindo saber o paradoiro dos seus fillos. A elección da Praza de Maio débese a que está situada fronte á Casa Rosada, sede da Presidencia e lugar onde tradicionalmente se efectuaron manifestacións políticas.

A idea xurdiu mentres o grupo inicial de nais estaba esperando que as atendera o secretario do Vicario Castrense. Unha delas, Azucena Villaflor de Devincenti, propuxo entón: "Individualmente non vamos a conseguer nada. ¿Por que non vamos todas á Praza de Maio? Cando vexa que somos moitas, Videla terá que recibirnos."

Ese mismo día, 14 nais iniciaron unha xornada á cal, co paso do tempo, se acercarían outras nais afectadas. Desde entón, tódolos xoves repetirían unha camiñata (orixinada cando as forzas de seguridade lles esixiron "circular") ao redor da pirámide central da praza.

Aquelas primeiras Nais foron: Azucena Villaflor de Devincenti, Berta Braverman, Haydée García Buelas, María Adela Gard de Antokoletz, Julia Gard, María Mercedes Gard y Cándida Gard (4 irmás), Delicia González, Pepa Noia, Mirta Baravalle, Kety Neuhaus, Raquel Arcushin, Sra. De Caimi y unha xoven que non deu o seu nome.

A manifestación das Nais foi unha das primeiras manifestacións públicas contra a ditadura. Alcanzaron notoriedade durante a realización da Mundial de Fútbol de 1978 en Arxentina, cando periodistas internacionais comezaron a entrevistarlas e deron a coñecer o seu movemento.

O 26 de xaneiro de 2006 esta manifestación deixou de realizarse por parte da agrupación liderada por Hebe de Bonafini, quen afirmó que "xa non hai un inimigo na Casa de Goberno". Outras agrupacións de dereitos humanos non estiveron de acordo e continuaron realizándola [1].

Unidas pola desgraza, as Nais se converteron nun grupo de activistas en defensa dos dereitos humanos. Aseguran que naceron polos seus fillos, e que son as nais de tódalas víctimas da represión en Arxentina. Distínguense usando pañuelos brancos sobre as súas cabezas, os mesmos que anteriormente serviran como cueiros dos seus fillos desaparecidos.

Símbolo tradicional das Nais

Os fillos das Nais desapareceron durante a chamada Guerra Sucia que se librou en Arxentina entre 1976 (os militares tomaron o poder o 24 de marzo de 1976) e1983 (entregaron o poder a Raúl Alfonsín o 10 de decembro de 1983).

Segundo o libro Nunca Más, Informe da CONADEP, as vítimas do terrorismo de Estado foron ao redor de 9000 persoas, aínda que moitos grupos de dereitos humanos e de esquerdas fixan esa cifra en cerca de 30000 persoas. Azucena Villaflor, unha das fundadoras da organización, tamén foi secuestrada, á salida da Igrexa da Santa Cruz, no barrio porteño de San Cristóbal, polo Grupo de Tareas 3.3.2 da Escola de Mecánica da Armada. O seu corpo foi atopado en xullo de 2005.

A organización está fortemente relacionada coas Avoas de Praza de Maio, cuxo obxectivo é recuperar a identidade dos centos de nenos que foron secuestrados polas autoridades militares durante a ditadura, e coa asociación F.I.L.L.O.S, formada polos fillos dos detidos desaparecidos que desexan continuar a loita dos seus pais e das súas avoas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


Ligazóns externas