Perpiaño: Diferenzas entre revisións
corrixo |
m Igrexa (arquitectura) |
||
Liña 10: | Liña 10: | ||
É frecuente atopar perpiaños nas construcións da arquitectura clásica [[Arquitectura da Grecia antiga|grega]], [[arquitectura romana|romana]] e nas arquitecturas [[arquitectura románica|románica]] e [[arquitectura gótica|gótica]]. |

En [[Galicia]] atopamos perpiaños en moitas das construcións coidadas e/ou cultas coma [[ponte]]s, [[pazo]]s, [[Casa grande|casas grandes]] e urbanas, [[ |
En [[Galicia]] atopamos perpiaños en moitas das construcións coidadas e/ou cultas coma [[ponte]]s, [[pazo]]s, [[Casa grande|casas grandes]] e urbanas, [[Igrexa (arquitectura)|igrexas]]... Moitas veces estas construcións levan muros de fábrica de [[cachotaría]] reservando o perpiaño para esquinais e vans. |
||
Os perpiaños teñen un significado simbólico para os [[masonaría|masóns]]. En [[francmasonaría]], o perpiaño aparece con dous significados: o perpiaño sen traballar é unha alegoría do masón non iniciado antes da súa iluminación; o perpiaño liso representa a pedra vestida como a utilizada polo construtor experimentado, e é unha alegoría do masón que, a través de educación e dilixencia, alcanzou a iluminación e que vive unha vida correcta. |

Revisión como estaba o 28 de febreiro de 2018 ás 01:01
Un perpiaño é unha pedra regular para a construción xeralmente en forma de paralelepípedo (máis longa que ancha e de forma rectangular), coas caras sen tallar, e que forma parte das obras de cantaría[1].
A diferenza dos cachotes (cachotaría), o perpiaño está labrado por varias das súas caras para darlle a forma rectangular. Por extensión coñécese por perpiaño a parede feita cos bloques regulares ou perpiaños[2] (técnica que se coñece coma cantaría).
Os perpiaños adoitan ter un tamaño e peso que obriga a manipulalos mediante máquinas, a diferenza dos cachotes, que se poñen a man.
Son usados principalmente na construción de edificios como alternativa ao ladrillo. Xeralmente a cara externa é lisa ou pulida, ocasionalmente poden presentar pequenos sucos gravados. Estas marcas coñécense como marcas de canteiro.
É frecuente atopar perpiaños nas construcións da arquitectura clásica grega, romana e nas arquitecturas románica e gótica.
En Galicia atopamos perpiaños en moitas das construcións coidadas e/ou cultas coma pontes, pazos, casas grandes e urbanas, igrexas... Moitas veces estas construcións levan muros de fábrica de cachotaría reservando o perpiaño para esquinais e vans.
Os perpiaños teñen un significado simbólico para os masóns. En francmasonaría, o perpiaño aparece con dous significados: o perpiaño sen traballar é unha alegoría do masón non iniciado antes da súa iluminación; o perpiaño liso representa a pedra vestida como a utilizada polo construtor experimentado, e é unha alegoría do masón que, a través de educación e dilixencia, alcanzou a iluminación e que vive unha vida correcta.
Cómpre non confundir o significado de perpiaño en castelán, que sería en galego forra ou tizón, pedra que atravesa toda a parede dun edificio, e que serve para trabala e reforzala[3].
Notas
- ↑ Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC
- ↑ Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
- ↑ Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004