Haing S. Ngor: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Máis de es.wiki
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 39: Liña 39:


=== Asasinato ===
=== Asasinato ===
O [[26 de febreiro]] de [[1996]] Ngor foi tiroteado fóra da súa residencia preto do centro dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]]. Foron acusados tres destacados membros dos "Oriental Lazy Boyz", unha banda que tiña antecedentes de roubo de carteiras e xoias. Foron xulgados xuntos na Corte Superior dos Ánxeles, aínda que os seus respectivos casos foron escoitados por tres xurados diferentes. Os [[fiscal (funcionario)|fiscais]] argumentaron que mataran a Ngor porque despois de entregar de maneira voluntaria un reloxo [[Rolex]] de ouro, se negou a entregarlles un relicario que contiña unha foto da súa esposa. Os avogados da defensa suxeriron que o asasinato tiña connotacións políticas, pois sería efectuado por enía una foto de su fallecida esposa My-Huoy. Los abogados de la defensa sugirieron que el asesinato tuvo connotaciones políticas, mais non presentaron evidencias para apoiar a súa teoría. Os tres foron declarados culpables.
O [[26 de febreiro]] de [[1996]] Ngor foi tiroteado fóra da súa residencia preto do centro dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]]. Foron acusados tres destacados membros dos "Oriental Lazy Boyz", unha banda que tiña antecedentes de roubo de carteiras e xoias. Foron xulgados xuntos na Corte Superior dos Ánxeles, aínda que os seus respectivos casos foron escoitados por tres xurados diferentes. Os [[fiscal (funcionario)|fiscais]] argumentaron que mataran a Ngor porque despois de entregar de maneira voluntaria un reloxo [[Rolex]] de ouro, se negou a entregarlles un relicario que contiña unha foto da súa esposa. Os avogados da defensa suxeriron que o asasinato tiña connotacións políticas, mais non presentaron evidencias para apoiar a súa teoría. Os tres foron declarados culpables.


== Filmografía ==
== Filmografía ==

Revisión como estaba o 27 de febreiro de 2018 ás 09:57

Modelo:Actor Dr. Haing Somnang Ngor (en chinés 吳漢潤 (Wú Hànrùn),[1] nado o 22 de marzo de 1940 en Samrong Yong, e finado o 25 de febreiro de 1996 nos Ánxeles, foi un actor, autor e médico camboxano. É coñecido por gañar en 1985 o Oscar ó mellor actor secundario no filme The Killing Fields, no que interpretou o xornalista camboxano Dith Pran.

Traxectoria

Nado en Samrong Young,[2] Cambodxa, Ngor estudou para ser cirurxián e xinecólogo. Estaba a exercer a súa profesión en Phnom Penh en 1975 cando os Khmeres Vermellos de Pol Pot tomaron o control do país. Pola súa orixe chinesa tivo que enfrontarse á persecución do goberno, e viuse obrigado a ocultar a súa educación e as súas habilidades de médico para evitar a intensa hostilidade do réxime contra os intelectuais. Foi expulsado da cidade como parte do experimento socialista "Ano Cero" dos Khmeres Vermellos, e foi retido nun campo de concentración xunto coa súa esposa My-Huoy, que faleceu durante o parto estando no cativerio. Nunca volveu casar.

Trala caída do récime en 1979 traballou como médico nun campo de refuxiados en Tailandia,[2] e viaxou aos Estados Unidos o 30 de agosto de 1980. En 1988 escribiu Haing Ngor: A Cambodian Odyssey, describindo a súa vida baixo o réxime dos Khmeres Vermellos.

Asasinato

O 26 de febreiro de 1996 Ngor foi tiroteado fóra da súa residencia preto do centro dos Ánxeles. Foron acusados tres destacados membros dos "Oriental Lazy Boyz", unha banda que tiña antecedentes de roubo de carteiras e xoias. Foron xulgados xuntos na Corte Superior dos Ánxeles, aínda que os seus respectivos casos foron escoitados por tres xurados diferentes. Os fiscais argumentaron que mataran a Ngor porque despois de entregar de maneira voluntaria un reloxo Rolex de ouro, se negou a entregarlles un relicario que contiña unha foto da súa esposa. Os avogados da defensa suxeriron que o asasinato tiña connotacións políticas, mais non presentaron evidencias para apoiar a súa teoría. Os tres foron declarados culpables.

Filmografía

Ano Título Papel Notas
1984 The Killing Fields Dith Pran
1986 Eastern Condors Yeung Lung
1989 Vietnam War Story: The Last Days Maior Huyen "The Last Outpost"
The Iron Triangle Coronel Tuong, NVA
1990 Vietnam, Texas Wong
1990 Last Flight Out Pham Van Minh
1991 Ambición sen escrúpulos Tatay
1993 My Life Mr. Ho
1993 Heaven & Earth Papa
1993 Fortunes of War Khoy Thuon
1994 The Dragon Gate Sensei
1996 Hit Me Billy Tungpet

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas