Diferenzas entre revisións de «El Greco»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
higher res image
(higher res image)
 
=== Estilo e técnica pictórica ===
{{Imaxe múltiple | posición_táboa = center | título=A purificación do templo | foto1=El Greco 05913.jpg | ancho1=270 | foto2=El Greco (Domenikos Theotokopoulos) - Christ Driving the Money Changers from the Temple - Google Art Project.jpg | ancho2=270 | foto3=La Purificacion del templo version6 El Greco.jpg | ancho3=203 | pé=Tres versións pintadas en Venecia (1570), Roma (1571-1576) e Toledo (1610-1614) onde se observa a súa evolución. A primeira incorpora o colorido cálido veneciano e as mulleres de Tintoretto. Na segunda, os grupos de figuras adquiriron xerarquía e a arquitectura máis romana está máis integrada grazas á luz. Na última, as figuras son típicas grequianas, o cadro é máis estreito e dividido nunha zona inferior con figuras e unha superior de arquitectura etérea.
}}
A formación do Greco permitiulle lograr unha conxunción entre o deseño [[manierismo|manierista]] e a cor veneciana. Con todo, en Italia os artistas estaban divididos: os manieristas romanos e florentinos defendían o debuxo como primordial na pintura e enxalzaban a Michelangelo, considerando a cor inferior, e denigraban a Tiziano; os venecianos, en cambio, sinalaban a Tiziano como o máis grande, e atacaban a [[Michelangelo]] polo seu imperfecto dominio da cor. O Greco, como artista formado en ambas as escolas, quedou no medio, recoñecendo a [[Tiziano]] como artista da cor e a Michelangelo como mestre do deseño. Aínda así, non dubidou en desacreditar con dureza a Michelangelo polo seu tratamento da cor. Pero os estudosos coinciden en sinalar que foi unha crítica enganosa, pois a estética do Greco compartía os ideais de Michelangelo de primacía da imaxinación sobre a imitación na creación artística. Os seus escritos fragmentarios en varias marxes de libros indican a súa adhesión ás teorías manieristas, e permiten comprender que a súa pintura non foi froito de visións espirituais ou reaccións emocionais, senón que trataba de crear unha arte artificial e antinaturalista.<ref>Brown; El Greco y Toledo; pp. 129-131</ref>
56

edicións

Menú de navegación