Dislalia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/atraso
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/%C3%B3rgano
Liña 1: Liña 1:
A '''dislalia''' (de ''dis'', "dificultade", "anomalía", e do [[lingua grega|grego]] λαλεῖν, "falar") é un trastorno da [[articulación fonética|articulación]] dos [[fonema]]s, consistente na incapacidade de pronunciar correctamente certos fonemas ou grupos de fonemas debido a problemas nos órgaos do [[aparello fono-articulatorio]], non aos problemas do [[sistema nervioso central]].
A '''dislalia''' (de ''dis'', "dificultade", "anomalía", e do [[lingua grega|grego]] λαλεῖν, "falar") é un trastorno da [[articulación fonética|articulación]] dos [[fonema]]s, consistente na incapacidade de pronunciar correctamente certos fonemas ou grupos de fonemas debido a problemas nos órganos do [[aparello fono-articulatorio]], non aos problemas do [[sistema nervioso central]].


É un problema común e leve, habendo moita variedade segundo o fonema afectado. Os nomes concretos segundo o fonema problemático proveñen do alfabeto grego ([[sigmatismo]], [[rotacismo]], [[deltacismo]]...).
É un problema común e leve, habendo moita variedade segundo o fonema afectado. Os nomes concretos segundo o fonema problemático proveñen do alfabeto grego ([[sigmatismo]], [[rotacismo]], [[deltacismo]]...).
Liña 6: Liña 6:
* A [[dislalia evolutiva]] (ou fisiolóxica, ou do desenvolvemento) dáse a consecuencia dunha falta de desenvolvemento do aparello fonador. Non é patolóxica, xa que responde a unha maduración lenta.
* A [[dislalia evolutiva]] (ou fisiolóxica, ou do desenvolvemento) dáse a consecuencia dunha falta de desenvolvemento do aparello fonador. Non é patolóxica, xa que responde a unha maduración lenta.
* A [[dislalia auditiva]] (ou audióxena) débese a unha [[hipoacusia]] (non a unha [[xordeira]]) que impide discriminar ben os sons.
* A [[dislalia auditiva]] (ou audióxena) débese a unha [[hipoacusia]] (non a unha [[xordeira]]) que impide discriminar ben os sons.
* A [[dislalia orgánica]] (ou [[disglosia]]) débese a unha alteración ou malformación anatómica dos órgaos periféricos do aparello fonador.
* A [[dislalia orgánica]] (ou [[disglosia]]) débese a unha alteración ou malformación anatómica dos órganos periféricos do aparello fonador.
* A [[dislalia funcional]] débese a un mal uso dos órgaos, sen lesión o malformación dos mesmos. Adoita afectar a fonemas coma o /r/, /k/, /l/, /s/, /z/, ou /ch/, derivando en substitucións, omisións e insercións.
* A [[dislalia funcional]] débese a un mal uso dos órganos, sen lesión o malformación destes. Adoita afectar a fonemas coma o /r/, /k/, /l/, /s/, /z/, ou /ch/, derivando en substitucións, omisións e insercións.


En ocasións o neno é consciente do problema e intenta evitalo, pero non é quen de facer o movemento muscular desexado.
En ocasións o neno é consciente do problema e intenta evitalo, pero non é quen de facer o movemento muscular desexado.

Revisión como estaba o 26 de febreiro de 2018 ás 07:56

A dislalia (de dis, "dificultade", "anomalía", e do grego λαλεῖν, "falar") é un trastorno da articulación dos fonemas, consistente na incapacidade de pronunciar correctamente certos fonemas ou grupos de fonemas debido a problemas nos órganos do aparello fono-articulatorio, non aos problemas do sistema nervioso central.

É un problema común e leve, habendo moita variedade segundo o fonema afectado. Os nomes concretos segundo o fonema problemático proveñen do alfabeto grego (sigmatismo, rotacismo, deltacismo...).

Tipos

  • A dislalia evolutiva (ou fisiolóxica, ou do desenvolvemento) dáse a consecuencia dunha falta de desenvolvemento do aparello fonador. Non é patolóxica, xa que responde a unha maduración lenta.
  • A dislalia auditiva (ou audióxena) débese a unha hipoacusia (non a unha xordeira) que impide discriminar ben os sons.
  • A dislalia orgánica (ou disglosia) débese a unha alteración ou malformación anatómica dos órganos periféricos do aparello fonador.
  • A dislalia funcional débese a un mal uso dos órganos, sen lesión o malformación destes. Adoita afectar a fonemas coma o /r/, /k/, /l/, /s/, /z/, ou /ch/, derivando en substitucións, omisións e insercións.

En ocasións o neno é consciente do problema e intenta evitalo, pero non é quen de facer o movemento muscular desexado.

Etioloxía

Pódese deber á predisposición xenética, á deprivación psicosocial (afectiva, social, cultural, educativa ou económica), ou ao atraso mental. Hai catro causas:

  • A permanencia de esquemas de aticulación infantil. Afecta ao plano semántico, e pode deberse á hiperprotección (causa funcional).
  • O déficit de percepción auditiva ou hipoacusia (causa orgánica).
  • A mobilidade deficiente dos músculos da lingua (causa funcional ou orgánica).
  • Os hábitos incorrectos de deglutición (caisa funcional).

Idade de detección

As dislalias deben ser estudadas en función da idade e do proceso de adquisición da linguaxe. A partir dos 48 meses xa se pode falar de dislalia, pois a maioría de nenos xa teñen unha correcta articulación dos fonemas.

Erros de articulación máis comúns

  • A substitución dáse ante a dificultade de pronunciar un son, sendo mudado por outro. Pode darse ao principio, no medio ou a final de palabra. Ex.: ratotato.
  • A omisión ten lugar cando non se emite o fonema que dá problemas. Ex.: ratoato.
  • A inserción consiste na inclusión dunha vogal no medio dun grupo consonántico. Ex.: pratoparato, tresterés.
  • A distorsión é unha pronunciación similar á correcta, pero non exacta.
  • A inversión implica un cambio na orde das sílabas dunha palabra. Ex.: cocholate.

Bibliografía