Fractura (mineral): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios + cda
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 8: Liña 8:


[[Categoría:Xeoloxía]]
[[Categoría:Xeoloxía]]
[[Categoría:Termos de mineraloxía]]

Revisión como estaba o 24 de febreiro de 2018 ás 14:43

Unha fractura mineral é cada unha das formas que pode adoptar a superficie pola cal rompe un mineral que foi golpeado. As fracturas caracterízanse pola súa forma, brillo e textura, cuxos factores contribúen á identificación do mineral. Así, aténdose ao brillo, a fractura pode ser vítrea, resinosa, cérea etc.; a textura exprésase dicindo que a fractura é compacta, laminar etc. A forma constitúe o criterio máis útil. Os minerais tenaces dan unha fractura rugosa; a dos outros minerais é plana, escamosa ou cónica.

A obsidiana, o sílex pirómaco e outros minerais ten unha fractura concoidal: a superficie é cóncava ou convexa, como a cuncha dos moluscos bivalvos e, do mesmo xeito que ela, presenta estrías concéntricas.

Ás veces, nos materiais cristalinos, os cristais individuais fractúranse sen que se divida o corpo. Dependendo da substancia, unha fractura pode reducir a resistencia do material ou inhibir a transmisión da luz (cristais ópticos).