Mar Negro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios
→‎Etimoloxía: engado contidos para fusión de artigos
Liña 82: Liña 82:


== Etimoloxía ==
== Etimoloxía ==
''Ponto Euxino'' é o nome grecolatino do [[mar Negro]]. Os [[Pobo grego|gregos]] chamárono primeiro ''Skuthikos Pontos'' ("Mar Escítico"). Os [[escitas]], pobo de lingua [[iraniano|iraniana]], designárono como ''Aksaina'' é dicir "sombrío, gris, azul escuro". Os gregos comprenderon primeiro este termo como ''axeinos'' (de ''a-'' privativo e ''xeinos'' estranxeiro") que significa "hostil aos estranxeiros", e logo, máis tarde, cando as súas correntes lles foron máis familiares e practicábeis, foi designado como ''Pontos Euxeinos'' (de ''eu-'' "ben" e ''xeinos'' "estranxeiro") ou '''Pont-Euxin''' (é dicir "Mar amigábel" ou "acolledor"). Outros pensan que era chamado acolledor precisamente por lle dar un nome contrario ao que ocorría en realidade, co fin de evitar as súas treboadas.
O nome de ''Mar Negro'' tería como orixe a atribución polos [[Turquía|turcos]] de cores aos [[Punto cardinal|puntos cardinais]], o "negro" para o [[Norte]], o "azul" para o [[Oeste]], o "branco" para o [[Sur]] e o "verde" para o [[Leste]]. Ao estar este mar (''deniz'' en [[lingua turca|turco]]) ao norte de [[Turquía]], foi designado ''kara'' ("negro"), en turco ''Karadeniz'' ("mar negro"). Mentres que, por exemplo, o mar [[Mediterráneo]], ao sur, sempre é chamado ''mar Branco'', en [[lingua turca|turco]] ''Akdeniz'' (non confundir co [[mar Branco]] actual).
en
O nome de ''Mar Negro'' tería como orixe a atribución polos [[turcos]] de cores aos [[puntos cardinais]], o "negro" para o [[norte]], o "azul" para o [[oeste]], o "branco" para o [[sur]] e o "verde" para o [[leste]]. ao estar este mar (''deniz'' en [[lingua turca|turco]]) ao norte de [[Turquía]], foi designado ''kara'' ("negro"), en turco ''Karadeniz'' ("mar negro"). Mentres que, por exemplo, o [[mar Mediterráneo]], ao sur, sempre é chamado ''mar Branco'', en [[lingua turca|turco]] ''Akdeniz'' (non confundir co [[mar Branco]] actual).


== Fauna ==
== Fauna ==

Revisión como estaba o 22 de febreiro de 2018 ás 19:22

Mar Negro
Localización administrativa
EstadoBulgaria Bulgaria
Xeorxia Xeorxia
Romanía Romanía
Rusia Rusia
Turquía Turquía
Ucraína Ucraína
Localización xeográfica
Océano / MarMar epicontinental
ContinenteEuropa - Asia
Cunca2 millóns Km2
Xeografía
Mares contiguosMar de Azov
mar de Mármara
(mar Exeo,
mar Mediterráneo)
Illas interiores10+
AfluentesDanubio (2.888 km),
Dniéper (2.290 km)),
Dnister (1.352 km)
Kubán (870 km)
Accidentes
Golfos e baíasBaía de Karkinit
esteiro do Dniéper
PenínsulasCrimea
EstreitosBósforo (Mármara)
Dardanelos (Exeo)
estreito de Kerch (Azov)
Características
Superficie436 400 km²[1]
Lonxitude máxima1175 km
Profundiade máxima2212 m
Capacidade547 000 km³
Outros datos
Salinidade17%
Mapa

Localización do mar Negro.

Vista satélite
O Mar Negro coa península da Crimea e o Mar de Azov ao norte.

O mar Negro (en abkhaza: Амшын Еиқәа, xeorxiano: შავი ზღვა, turco: Karadeniz, en póntico: Μαύρον Θάλασσα, Εύξεινος Πόντος, búlgaro: Черно море, romanés: Marea Neagră, ruso: Чёрное море, ucraíno: Чорне море, en tártaro de Crimea: Qara deñiz) é un mar que posúe unha saída moi angosta ao Mar Mediterráneo e que separa Europa Oriental de Asia Occidental e esta limitado polos montes Pónticos, ao sur, e polo Cáucaso a leste. Este mar está, en última instancia, relacionado a través de varios estreitos co océano Atlántico, vía mar Mediterráneo e mar Exeo: o estreito do Bósforo conéctao ao mar de Mármara e o estreito dos Dardanelos ao mar Exeo (parte do mar Mediterráneo); ademais, outro estreito, o de Kerch, úneo ao mar de Azov.[1]

Características

Hai un importante fluxo de auga a través do Bósforo, 200 km³ por ano e de auga dóce das áreas adxacentes, especialmente da Europa Central e Oriental, totalizando 320 km³ por ano. O río máis importante a desaugar no Mar Negro é o río Danubio. O Mar Negro ten unha área de 422,000 km² e unha profundidade máxima de 2210 m.

Os países que costean o Mar Negro son Turquía, Bulgaria, Romanía, Ucraína, Rusia e Xeorxia. A península da Crimea é unha república autónoma da Ucraína.

Formación

Teoría da conexión co Mediterráneo durante o Holoceno

O Mar Negro atópase conectado co sistema mundial de océanos mediante un sistema de dous estreitos encadeados, o Estreito dos Dardanelos e o Estreito do Bósforo. Os dardanelos ten unha profundidade de 55 metros e o Bósforo de 36.

Tamén existen evidencias que indican que o nivel de auga no Mar Negro era considerabelmente menor durante o período glaciar, isto explica que os arqueólogos atoparan restos de moluscos de auga doce e estruturas constituídas polo ser humano a uns 100 metros de distancia da costa actual de Turquía. A datación por radiocarbono destes moluscos indica que teñen unha idade de uns 7.000 anos.

Tendo en conta estes feitos existe un acordo en que durante a última glaciación e certos tempo despois do seu final o Mar Negro foi un lago de auga doce pechado. Tempo despois da era glaciar os niveis de auga do mar Negro e o mar Exeo eleváronse de maneira independente ata alcanzar o punto no cal se atopan na actualidade. Sobre o punto no que aínda existe debate é o momento no que ocurreu tal conexión. Unha das teorías é que o mar Negro se encheu primeiro e que a auga doce superaba os actuais estreitos do Dardanelos e Bósforo e desaugaba no Mar Mediterráneo.

Teoría da inundación ou o dioivo

En 1997 William Ryan e Walter Pitman, da Universidade de Columbia, publicaron unha teoría segundo a cal se produciu unha gran inundación a través do Bósforo. Afirman que o mar Negro e o mar Caspio eran vastos lagos de auga doce pero que en torno ao 5.600 a.C o Mediterráneo rompeu o dique natural que os separaba destes lagos creando o paso actual entre os dous mares.

Historia

Dende a antigüidade foi escenario de loitas pola exemonía das súas augas, principalmente entre as grandes potencias do Imperio Otomán, que controlaba a entrada ao mesmo, e o Imperio Ruso. Na época moderna adquiriu unha nova importancia ao ser unha das vías de entrada do gas natural ruso en Europa.

Etimoloxía

Ponto Euxino é o nome grecolatino do mar Negro. Os gregos chamárono primeiro Skuthikos Pontos ("Mar Escítico"). Os escitas, pobo de lingua iraniana, designárono como Aksaina é dicir "sombrío, gris, azul escuro". Os gregos comprenderon primeiro este termo como axeinos (de a- privativo e xeinos estranxeiro") que significa "hostil aos estranxeiros", e logo, máis tarde, cando as súas correntes lles foron máis familiares e practicábeis, foi designado como Pontos Euxeinos (de eu- "ben" e xeinos "estranxeiro") ou Pont-Euxin (é dicir "Mar amigábel" ou "acolledor"). Outros pensan que era chamado acolledor precisamente por lle dar un nome contrario ao que ocorría en realidade, co fin de evitar as súas treboadas. en O nome de Mar Negro tería como orixe a atribución polos turcos de cores aos puntos cardinais, o "negro" para o norte, o "azul" para o oeste, o "branco" para o sur e o "verde" para o leste. ao estar este mar (deniz en turco) ao norte de Turquía, foi designado kara ("negro"), en turco Karadeniz ("mar negro"). Mentres que, por exemplo, o mar Mediterráneo, ao sur, sempre é chamado mar Branco, en turco Akdeniz (non confundir co mar Branco actual).

Fauna

Mexillón cebra.

O Mar Negro conta con especies animais características como son:

Poboación

As cidades máis importantes ao longo da costa inclúen Istambul (antigamente Constantinopla e Bizancio), Burgas, Varna, Constanţa, Ialta, Odesa, Sebastopol, Batumi, Trebisonda, Samsun e Zonguldak.

Áreas urbanas máis poboadas en torno ao Mar Negro.

Odessa
Estanbul
Samsun
Odesa

Pos. Cidade País Rexión Poboación urbana

Sevastopol
Samsun
Sochi
Sevastopol

1 Istambul Turquía Istambul 13 624 240[2]
2 Odesa Ucraína Odesa 1 003 705
3 Samsun Turquía Samsun 535.401[3]
4 Sebastopol Ucraína Crimea 379,200
5 Sochi Rusia Krasnodar Krai 343,334
6 Varna Bulgaria Varna 334,870
7 Trebisonda Turquía Trebisonda 305,231[4]
8 Constanţa Romanía Constanța 283,872[5]
9 Novorosíisk Rusia Krasnodar Krai 241,952
10 Burgas Bulgaria Burgas 223,902[6]

Notas

  1. 1,0 1,1 "Black Sea". guía do Mar Negro pola Universidade de Delaware (en inglés). Consultado o 39 de decembro do 2915. 
  2. "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06. 
  3. "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06. 
  4. "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06. 
  5. Stiati.ca. "Cele mai mari orase din Romania". Stiati.ca. Consultado o 2014-03-06. 
  6. "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06. 

Véxase tamén

Outros artigos