Xoán Vidal Martínez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Véxase tamén: {{Couceiro}}
Liña 8: Liña 8:
Tralo [[Alzamento Nacional]] foi represaliado. Abandonou a poesía para dedicarse ao seu traballo como mestre. En [[1946]] asentouse coa súa dona en [[Ares]] e foi mestre da Alianza Aresana (1946-1969). En 1969 marchou ás [[Illas Canarias]] exercendo o maxisterio no Colexio Ramón y Cajal de [[Santa Cruz de Tenerife]], no que se xubilou aos 65 anos de idade.
Tralo [[Alzamento Nacional]] foi represaliado. Abandonou a poesía para dedicarse ao seu traballo como mestre. En [[1946]] asentouse coa súa dona en [[Ares]] e foi mestre da Alianza Aresana (1946-1969). En 1969 marchou ás [[Illas Canarias]] exercendo o maxisterio no Colexio Ramón y Cajal de [[Santa Cruz de Tenerife]], no que se xubilou aos 65 anos de idade.


Era irmán da tamén poeta [[Aurora Vidal Martínez]]. Tivo dúas fillas, as tamén escritoras [[Aurora Vidal Caramés|Aurora]] e [[Clementina Vidal Caramés]].
Era irmán da tamén poeta [[Aurora Vidal Martínez]]. Tivo tres fillos e cinco fillas, entre elas as tamén escritoras [[Aurora Vidal Caramés|Aurora]] e [[Clementina Vidal Caramés]]<ref>[https://www.xenealoxia.org/linaxes/celebridades/1575-vidal-xoan-escritor Xoán Vidal], na web ''Xenealoxía''.</ref>.


== Obra ==
== Obra ==

Revisión como estaba o 22 de febreiro de 2018 ás 12:42

Infotaula de personaXoán Vidal Martínez

Retrato en Vida Gallega, 1927. Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de marzo de 1904 Editar o valor em Wikidata
Salcedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xuño de 1994 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , poeta Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAurora Vidal Caramés Editar o valor em Wikidata
IrmánsAurora Vidal Martínez Editar o valor em Wikidata

Xoán Vidal Martínez, nado en Salcedo (Pontevedra) o 29 de marzo de 1904 e finado na mesma vila o 19 de xuño de 1994, foi un mestre e poeta galego.

Vida

Voda de Xoán Vidal Martínez con Aurora Caramés Monteagudo, Salcedo, 1933.

Estudou maxisterio e fíxose mestre traballando a prol do ensino en galego con Antón Iglesias Vilarelle. Colaborou en La Raza. Foi cofundador xunto con Castelao e outros persoeiros do Partido Galeguista de Pontevedra, do que chegou a ser presidente. Despois o partido integrouse no Partido Galeguista.

Tralo Alzamento Nacional foi represaliado. Abandonou a poesía para dedicarse ao seu traballo como mestre. En 1946 asentouse coa súa dona en Ares e foi mestre da Alianza Aresana (1946-1969). En 1969 marchou ás Illas Canarias exercendo o maxisterio no Colexio Ramón y Cajal de Santa Cruz de Tenerife, no que se xubilou aos 65 anos de idade.

Era irmán da tamén poeta Aurora Vidal Martínez. Tivo tres fillos e cinco fillas, entre elas as tamén escritoras Aurora e Clementina Vidal Caramés[1].

Obra

Placa na casa familiar, na rúa dos Soportais de Pontevedra.

Publicou poemas en Vida Gallega. Xunto a Modesto Bará Álvarez fundou a revista Hebe. Amais, tamén fundou a revista literaria de corte nacionalista Alborada e a revista Cristal (1932-33) xunto a Xosé María Álvarez Blázquez.

Como poeta pertenceu á xeración do 25 xunto a Luís Amado Carballo e Álvarez Blázquez. Publicou catro obras:

  • Mágoas, 1921.
  • Alcor, 1927.
  • Los senderos inútiles, 1956.
  • Voz y memoria (Antología poética), 1986.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

  • Ficha en www.poesiagalega.org
  1. Xoán Vidal, na web Xenealoxía.