Diferenzas entre revisións de «FTP»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
→‎Modos e interfaces: mellora da información
Etiqueta: edición de código 2017
(→‎Modos e interfaces: mellora da información)
Etiqueta: edición de código 2017
== Modos e interfaces ==
O protocolo subxacente ao FTP pode executarse nos modos interactivo ou por lotes (''batch'', sen interacción humana)<ref>https://www.ibm.com/support/knowledgecenter/zosbasics/com.ibm.zos.zmainframe/zconc_batchproc.htm</ref>. O cliente FTP fornece unha interface interactiva, mentres que o [[MIME]] e o [[HTTP]] úsano internamente. O protocolo permite a gravación e obtención de ficheiros, a listaxe do cartafol e a alteración do cartafol de traballo.
Por outra banda, existen dous xeitos de conexión:
 
*Modo activo ou estándar. Chámase modo activo porque é o servidor FTP o que comeza a transmisión dos datos. Baséase en dúas conexións, a primeira delas establece unha comunicación para a transmisión de comandos a través dun porto aleatório maior que o 1024 do cliente cara o porto 21 do servidor, sedo nesta primeira comunicación onde se lle notifica ao servidor cal é o porto do cliente que vai permanecer aberto para a recepción dos datos (comando port). Despóis iniciase a conexión de datos sendo o servidor o que comeza a tansmisión dende o seu porto 20 cara o porto indicado anteriormente polo cliente.
 
*Modo pasivo. Nesta modalidade de conexión, o cliente ten que enviar o comando pasv ao establecer a conexión de control utilizando os mesmos portos que para a conexión en modo activo. O cliente FTP pídelle ao servidor que abra un porto, o cal ten que ser aleatorio e maior ao 1024 e unha vez é recibida a confirmación disto, será o cliente o que estableza a conexión de datos ao servidor FTP.
 
O modo pasivo foi pensado para evitar problemas de conectividade, xa que no modo activo o host cliente debe aceptar conexións a portos para a transferencia de datos por encima dos [[portos ben coñecidos]], o cal fai que os firewalls instalados no equipo ou na rede non permitan a conexión para previr ver comprometida seguridade.
No modo pasivo é o cliente quen inicia tanto a conexión de control coma a de datos, polo que o firewall non ten conexión entrante que frear, xa que o que ven do servidor son respostas a peticións propias da súa rede.
 
== Comandos do cliente FTP ==
1.500

edicións

Menú de navegación