Wikipedia:Actividades do décimo quinto aniversario: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Viascos (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 34: Liña 34:


===Requisitos===
===Requisitos===
É preciso ter unha conta para que poidamos facer o ingreso da bolsa, e a maiores, antes de facer o ingreso, haberá que enviar por correo electrónico ós responsables da bolsa, [[User:Elisardojm|Elisardojm]] e [[User:Estevoaei|Estevoaei]], unha foto dun xustificante dos gastos do transporte (isto é preciso para enviar esa información á Fundación Wikimedia para os seus controis, poden riscarse nas fotos os datos persoais que haxa neses recibos). Os xustificantes poden ser os tíckets do bus, do tren, ou no caso de achegarse en coche, un tícket de repostaxe de combustible por unha cantidade semellante á da bolsa solicitada (non fai falta que sexa polo importe exacto, so é preciso ter un xustificante para acreditar o gasto. Iso si, debería ter data de 9-3-2018 ou 10-3-2018 para que estivera o máis aproximado posible á data do evento.)
É preciso ter unha conta bancaria para que poidamos facer o ingreso da bolsa, e a maiores, antes de facer o ingreso, haberá que enviar por correo electrónico ós responsables da bolsa, [[User:Elisardojm|Elisardojm]] e [[User:Estevoaei|Estevoaei]], unha foto dun xustificante dos gastos do transporte (isto é preciso para enviar esa información á Fundación Wikimedia para os seus controis, poden riscarse nas fotos os datos persoais que haxa neses recibos). Os xustificantes poden ser os tíckets do bus, do tren, ou no caso de achegarse en coche, un tícket de repostaxe de combustible por unha cantidade semellante á da bolsa solicitada (non fai falta que sexa polo importe exacto, so é preciso ter un xustificante para acreditar o gasto. Iso si, debería ter data de 9-3-2018 ou 10-3-2018 para que estivera o máis aproximado posible á data do evento.)
<!--
<!--
===Lista de solicitantes===
===Lista de solicitantes===

Revisión como estaba o 17 de febreiro de 2018 ás 02:33

Logotipo provisional do quinto aniversario.

O vindeiro 8 de marzo de 2018 a Galipedia acadará os quince anos de traballo para crear a enciclopedia libre en galego. Para celebrar isto imos realizar un encontro de galipedistas, e outras actividades, na cidade de Ourense.

Lugar

Para esta celebración escolleuse a cidade de Ourense para intentar dar a coñecer un pouco máis o proxecto nesa provincia.

Data

A data de celebración do aniversario será o 10 de marzo, sábado.

Entidades colaboradoras

O concello de Ourense, a través da concellería de Igualdade, colabora con nós na realización do wikimaratón encargándose de conseguir un local axeitado para realizalo e na difusión da actividade.

Actividades

Proposta de póster provisional, falta saber o lugar exacto e os horarios das actividades.

Galecomida

Despois do Wikimaratón do Día Internacional da Muller, achegarémonos a un local para celebrar unha comida todos xuntos, desfrutar da compañía dos compañeiros de tantos anos de traballo, comentar as mellores anécdotas e falar de todo o que sexa preciso. Para poder organizar un pouco esta parte e buscar un local bo, bonito e barato, precisamos saber cantos están interesados nesta paparota, polo que é preciso que vos apuntedes aquí abaixo:

Bolsas de transporte

Tal e como se reflicte no presuposto solicitado (que podedes consultar abaixo), temos 19 bolsas para pagar os gastos de transporte dos participantes do evento, cada bolsa é de 30 euros. As posibilidades de solicitar estas bolsas son dúas:

  • se te achegas nun medio de transporte público, pagaránseche os gastos do billete de ida e volta.
  • se te achegas no teu propio coche, pagaránseche 0,19 euros por quilómetro dende a túa localidade ata Ourense, ida e volta.

O importe máximo da bolsa é de 30 euros, pero, se despois de abonar todas as solicitudes, sobraran cartos desta partida, a cantidade repartiríase entre a xente que faga máis de 150 quilómetros en función dos quilómetros de máis que fagan.

Para reducir os gastos non necesarios, evitar desbotar os recursos e reducir, no posible, a contaminación xerada, pedimos a tódolos participantes que se organicen na páxina de conversa para compartir, sempre que sexa posible, o medio de transporte co que se achegarán a Ourense.

Requisitos

É preciso ter unha conta bancaria para que poidamos facer o ingreso da bolsa, e a maiores, antes de facer o ingreso, haberá que enviar por correo electrónico ós responsables da bolsa, Elisardojm e Estevoaei, unha foto dun xustificante dos gastos do transporte (isto é preciso para enviar esa información á Fundación Wikimedia para os seus controis, poden riscarse nas fotos os datos persoais que haxa neses recibos). Os xustificantes poden ser os tíckets do bus, do tren, ou no caso de achegarse en coche, un tícket de repostaxe de combustible por unha cantidade semellante á da bolsa solicitada (non fai falta que sexa polo importe exacto, so é preciso ter un xustificante para acreditar o gasto. Iso si, debería ter data de 9-3-2018 ou 10-3-2018 para que estivera o máis aproximado posible á data do evento.)

Presuposto

O presuposto presentado á Fundación Wikimedia xa foi aprobado, estamos pendentes de enviarlles documentación para que fagan o ingreso dos cartos. Está dispoñible en Grants:Project/Rapid/Elisardojm/Wikipedia in Galician 15th anniversary Meeting.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos