Radiación infravermella: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 132: | Liña 132: | ||
Para lonxitudes de onda máis grandes o comportamento aseméllase máis ó que atopamos no caso das [[Espectro radioeléctrico|ondas de radio]]. |
Para lonxitudes de onda máis grandes o comportamento aseméllase máis ó que atopamos no caso das [[Espectro radioeléctrico|ondas de radio]]. |
||
== |
== Aplicacións dos raios infravermellos == |
||
[[Ficheiro: Infrared dog.jpg|dereita|miniatura|250px|Can visto con raios infravermellos.]] |
[[Ficheiro: Infrared dog.jpg|dereita|miniatura|250px|Can visto con raios infravermellos.]] |
||
Os infravermellos son utilizados nos equipamentos de visión nocturna cando a cantidade de luz visible é insuficiente para ver os obxectos. A radiación é detectada e despois reflectida nunha tela. Os obxectos máis quentes se converten nos máis luminosos. Un uso moito común do infravermello é para para efectuar comandos a distancia (telecomandos), preferibles ás [[ondas de radio]] por que non sofren interferencias doutras ondas electromagnéticas como. por exemplo, os sinais de televisión. |
Os infravermellos son utilizados nos equipamentos de visión nocturna cando a cantidade de luz visible é insuficiente para ver os obxectos. A radiación é detectada e despois reflectida nunha tela. Os obxectos máis quentes se converten nos máis luminosos. Un uso moito común do infravermello é para para efectuar comandos a distancia (telecomandos), preferibles ás [[ondas de radio]] por que non sofren interferencias doutras ondas electromagnéticas como. por exemplo, os sinais de televisión. |
Revisión como estaba o 13 de febreiro de 2018 ás 08:34
A radiación infravermella[1] é un tipo de radiación electromagnética con lonxitude de onda maior que a da luz visible, pero menor que a das microondas. O seu nome quere dicir "por debaixo do vermello", xa que o vermello é a cor de lonxitude de onda máis longa da luz visible, comprendida entre 700 nanómetros (frecuencia 430 THz) e un milímetro (300 GHz).[2]
No espectro electromagnético, os infravermellos subdivídense en infravermellos curtos (0,7-5 µm), infravermellos medios (5-30 µm) e infravermellos longos (30-1000 µm). Mentres, esta clasificación non é precisa porque en cada área de utilización, se ten unha idea diferente dos límites dos diferentes tipos. Os infravermellos están asociados á calor porque os corpos na temperatura normal emiten radiación térmica no campo dos infravermellos. Malia que os vertebrados non poden percibir a radiación infravermella en forma de luz, si que a poden percibir como calor por unhas terminacións nerviosas especializadas da pel coñecidas coo termorreceptores.[3]
Historia
Os infravermellos foron descubertos en 1800 por William Herschel, un astrónomo inglés de orixe alemá. Herschel colocou un termómetro de mercurio no espectro obtido por un prisma de cristal coa finalidade de medir a calor emitido por cada cor. Descubriu que a calor era máis forte ao lado do vermello do espectro, observando que alí non había luz. Esta foi a primeira experiencia que demostrou que a calor pode ser transmitida por unha forma invisible de luz. Porén, o termo "infravermello" non apareceu até finais do século XIX.[4][5]
Localización no espectro electromagnético
A radiacióm infravermella forma parte do espectro electromagnético, que inclúe todas as frecuencias das ondas electromagnétiques, e ordénanse en función da frecuencia dos sinais e da súa lonxitude de onda de acordo co que se sinala na táboa seguinte:
Tipo de radiación | Frecuencia | Lonxitude de onda |
---|---|---|
Ionizante | > 3000 THz | < 100 nm |
Ultravioleta (UV) | 750 - 3000 THz | 100 - 400 nm |
Visible | 385 - 750 THz | 400 - 780 nm |
Infravermella (IV) | 0,3 - 385 THz | 0,78 - 1000 µm |
Microondas | 0,3 - 300 GHz | 1 - 1000 mm |
Radiofrecuencias (RF) | 0,1 - 300 MHz | 1 - 3000 m |
Frecuencia extremadamente baixa (ELF) | 0 - 300 Hz | = 5000 km |
Diferentes rexións da radiación infravermella
Os obxectos emiten radiación infravermella ó longo de todo o espectro de lonxitude de onda, pero habitualmente os sensores son deseñados para detectar a radiación dentro dun intervalo de lonxitudes de onda, a banda infravermella adóitase dividir en diversas seccións.
Esquema da CIE
A Comisión Internacional da Iluminación (habitualmente coñecida como CIE por mor do seu nome francés, Commission internationale de l'éclairage) recomenda a división da radiación infravermella en tres bandas espectrais:[6]
- IR-A: 700 nm–1400 nm
- IR-B: 1400 nm–3000 nm
- IR-C: 3000 nm–1 mm
Outra división en bandas espectrais moi habitual en enxeñaría é esta:[7]
- infravermella próxima (NIR ou IR-A), 0,75–1,4 µm, definidos pola absorción en auga e empregado habitualmente na comunicación per fibra óptica, grazas á pouca absorción en vidros de SiO2.
- infraroig media (MIR):
- infravermella de onda curta (SWIR ou IR-B), 1,4–3 µm, a absorción en auga aumenta considerablemente a 1.450 nm
- infravermella de onda media (MWIR ou IR-C), 3–8 µm
- infravermella de onda longa (LWIR ou IR-C), 8–15 µm
- infravermella afastada (FIR), 15–1.000 µm
Esquema ISO 20473
A Organización Internacional para a Estandarización (ISO) especificou na norma "ISO 20473:2007" o seguinte esquema:[8]
Designación | Abreviación | Lonxitude de onda |
---|---|---|
Infravermella próxima | NIR | 0,78–3 µm |
Infravermella media | MIR | 3–50 µm |
Infravermella afastada | FIR | 50–1000 µm |
Esquema de infravermellos nas telecomunicacións
Nas telecomunicacións baseadas na utilización da luz, a parte do espectro infravermello subdivídese aínda en máis bandas espectrais, en función da resposta de detectores, amplificadores, fontes e fibras ópticas:[9]
Banda | Descrición | Lonxitude de onda |
---|---|---|
Banda O | Orixinal | 1260–1360 nm |
Banda E | Estendida | 1360–1460 nm |
Banda S | Onda curta | 1460–1530 nm |
Banda C | Convencional | 1530–1565 nm |
Banda L | Onda longa | 1565–1625 nm |
Banda U | Onda ultralonga | 1625–1675 nm |
A banda C é a predominante nas redes de telecomunicación de longa distancia. As bandas S e L baséanse en tecnoloxías pouco desenvolvidas e teñen pouca utilización.
Nas lonxitudes de onda adxacentes ás da luz visible e mesmo naquelas duns poucos micrómetros, µm, os fenómenos asociados son esencialmente os mesmos que os da luz visible, malia que cómpre ter presente que a resposta dos materiais á luz visible non é en absoluto indicativo do comportamento que presentan diante da luz infravermella. Por exemplo, para lonxitudes de máis de 2 micrómetros, o vidro normal que atopamos ns nosas casas é opaco, o mesmo pasa con moitos gases, o que implica que haxa fiestras de absorción (intervalos de lonxitudes de onda) nas que o ar é opaco e, polo tanto, terá unha serie de frecuencias do espectro solar que non nos chegan e non poderán ser observadas sobre a Terra. Entre 3 e 5 micrómetros hai unha fiestra que corresponde co pico de emisión de radiación infravermella dos corpos moi quentes, esta banda emprégase por exemplo nos sistemas de seguemento e busca de obxectivos dalgíns tipos de mísiles.
Pola contra, hai moitos materiais que os nosos ollos son perfectamente opacos pero que son máis ou menos transparentes nas lonxitudes de onda da radiación infravermella. Por exemplo, o silicio e o xermanio presentan unha opacidade tan reducida a estas lonxitudes de onda que son utilizados para a fabricación de lentes e fibras ópticas (a atenuación que presentan é da orde de 0,2 dB/km no caso dunha lonxitude de onda de 1550 nm). Ademais, moitos tipos de plástico sintético presentan unha boa transparencia a estas radiacións.
Para lonxitudes de onda máis grandes o comportamento aseméllase máis ó que atopamos no caso das ondas de radio.
Aplicacións dos raios infravermellos
Os infravermellos son utilizados nos equipamentos de visión nocturna cando a cantidade de luz visible é insuficiente para ver os obxectos. A radiación é detectada e despois reflectida nunha tela. Os obxectos máis quentes se converten nos máis luminosos. Un uso moito común do infravermello é para para efectuar comandos a distancia (telecomandos), preferibles ás ondas de radio por que non sofren interferencias doutras ondas electromagnéticas como. por exemplo, os sinais de televisión.
Os infravermellos tamén son utilizados para comunicación a curta distancia entre os ordenadores e os seus periféricos. Os aparellos que utilizan este tipo de comunicación cumpren xeralmente un patrón publicado pola Infrared Data Asociation.
A luz utilizada nas fibras ópticas é xeralmente de infravermellos.
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para infravermella.
- ↑ Liew, S. C. Centre for Remote Imaging, Sensing and Processing, ed. "Electromagnetic Waves". Consultado o 27 de outubro de 2006.
- ↑ Danno, K.; Mori, N.; Toda, K-I.; Kobayashi, T.; Utani, A. 2001: Near-infrared irradiation stimulates cutaneous wound repair: laboratory experiments on possible mechanisms. Photodermatol. Photoimmunol. Photomed. 17: 261-265
- ↑ Herschel, William (1800). "Experiments on the Refrangibility of the Invisible Rays of the Sun". Philosophical Transactions of the Royal Society of London 90: 284–292. JSTOR 107057. doi:10.1098/rstl.1800.0015.
- ↑ Coolcosmos.ipac.caltech.edu (ed.). "Herschel Discovers Infrared Light". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 8 de novembro de 2011.
- ↑ Henderson, Roy. Instituts für Umform- und Hochleistungs, ed. "Wavelength Considerations". Consultado o 18 de outubro de 2007.
- ↑ Byrnes, James (2009). Unexploded Ordnance Detection and Mitigation. Springer. pp. 21–22. ISBN 9781402092527.
- ↑ ISO 20473:2007
- ↑ Ramaswami, Rajiv (2002). IEEE, ed. "Optical Fiber Communication: From Transmission to Networking" (PDF). Consultado o 18 de outubro de 2006.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Radiación infravermella |