Praza.gal: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil |
Sen resumo de edición Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil |
||
Liña 23: | Liña 23: | ||
| colaboradores = |
| colaboradores = |
||
| ilustradores = |
| ilustradores = |
||
| tendencia = |
| tendencia = [[Progresista]] |
||
| lingua = [[Lingua galega|galego]] |
| lingua = [[Lingua galega|galego]] |
||
| localidade = [[A Coruña]] |
| localidade = [[A Coruña]] |
Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2018 ás 23:05
Praza Pública O xornal da Galicia que vén | |
---|---|
Tipo | Dixital |
Cor | Cor |
Fundación | 1 de febreiro de 2012 |
Director | David Lombao |
Tendencia | Progresista |
Lingua | galego |
Ámbito | Galicia |
Na rede | |
http://praza.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Praza Pública é un xornal dixital en galego que comezou a editarse o 1 de febreiro de 2012.[1]
Traxectoria
Praza Pública é propiedade da Fundación Praza Pública. Foi presentado o 31 de xaneiro de 2012 no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela expoñendo nese acto a base da súa liña editorial, a transparencia, tanto na xestión económica coma na informativa[1].
O xornal desenvólvese usando unicamente software libre e o 8 de febreiro do 2012 liberaron todo o código fonte das ferramentas coas que se crea e lle dan soporte, algunhas delas desenvolvidas pola empresa galega A navalla suíza e outras xa existentes na rede.[2]
No seu inicio, o traballo xornalístico remunerado corría a cargo de tres persoas: Marcos Pérez Pena, David Lombao e máis Lara Graña. Tras a marcha de Lara Graña incorporouse ao equipo o xornalista Miguel Pardo.
Praza Pública difunde periodicamente informes de transparencia sobre a situación organizativa, social, económica e de audiencia deste medio de comunicación.[3]
Redes sociais e comunidade
Desde a súa creación, o diario Praza Pública apostou polas redes sociais. Así, ademais de ter presenza en Facebook e Twitter, actualiza a diario unha sección de micromensaxes ("Fálase de...") que está sincronizada coa conta de Twitter.
Ás poucas semanas do lanzamento do xornal, actualizouse cunha nova sección, Obradoiro[4], unha comunidade de blogs que se especializan cada un nunha temática concreta.
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praza.gal |