Gran Premio da India: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{| class="prettytable float-right" align=right style="width: 300px; font-size: 95%;"
|- style="background-color: #aaa; font-size: 110%;"
! colspan="2" | Gran Premio da India
|-
| colspan="2" |
|- style="background-color: #eee;"
! colspan="2" | Plano do Circuíto
|- style="text-align: center;"
| colspan="2" | [[Ficheiro:Jaypee International Circuit 2011.svg|330px|]]
|- style="background-color: #eee;"
! colspan="2" | Datos
|-
| Anos disputados || 3
|-
| Primeira disputa || [[Gran Premio da India de 2011|2011]]
|-
| Última disputa || [[Gran Premio da India de 2013|2013]]
|-
| Localización ||
|-
| Patrocinador principal ||
|-
| Lonxitude || 307´249 km en 60 voltas
|-
| Marca de volta || 1:27.249 (2011 [[Sebastian Vettel]], [[Red Bull Racing|Red Bull]]-[[Renault na Fórmula 1|Renault]]
|-
| Piloto récord || {{DEUb}} [[Sebastian Vettel]] (3)
|-
| Escudería récord || {{AUTb}} [[Red Bull Racing|Red Bull]] (3)
|-
| Poles récord || {{DEUb}} [[Sebastian Vettel]] (3)
|-
| colspan="2" |
|- style="background-color: #eee;"
! colspan="2" | Vista do Circuíto
|- style="text-align: center;"
| colspan="2" | [[Ficheiro:Massa Indiangrandprix.jpg|330px|Vista]]
|- style="background-color: #eee;"
|}

{{Portal|Fórmula 1}}
{{Portal|Fórmula 1}}
O '''Gran Premio da India''' foi unha carreira de [[Fórmula Un]] celebrada no [[Circuíto Internacional de Buddh]] en [[Greater Noida]], [[Uttar Pradesh]], [[India]]. A [[Gran Premio da India de 2011|primeira carreira]] celebrada o 30 de outubro de 2011, foi gañada polo alemán Sebastian Vettel. A nova pista foi oficialmente [[homologación|homologada]] o 1 de setembro 2011. Jaypee Sports International Limited é o organizador da carreira de Fórmula Un na India e asinou un contrato de cinco anos con Formula One Management (FOM) para acoller o campionato na India. Pero en agosto de 2013, a FIA anunciou a suspensión do Gran Premio da India, os organizadores teñen a esperanza dun retorno en {{f1|2016}}.
O '''Gran Premio da India''' foi unha carreira de [[Fórmula Un]] celebrada no [[Circuíto Internacional de Buddh]] en [[Greater Noida]], [[Uttar Pradesh]], [[India]]. A [[Gran Premio da India de 2011|primeira carreira]] celebrada o 30 de outubro de 2011, foi gañada polo alemán Sebastian Vettel. A nova pista foi oficialmente [[homologación|homologada]] o 1 de setembro 2011. Jaypee Sports International Limited é o organizador da carreira de Fórmula Un na India e asinou un contrato de cinco anos con Formula One Management (FOM) para acoller o campionato na India. Pero en agosto de 2013, a FIA anunciou a suspensión do Gran Premio da India.


== Historia ==
== Historia ==

Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2018 ás 12:16

Gran Premio da India
Plano do Circuíto
Datos
Anos disputados 3
Primeira disputa 2011
Última disputa 2013
Localización
Patrocinador principal
Lonxitude 307´249 km en 60 voltas
Marca de volta 1:27.249 (2011 Sebastian Vettel, Red Bull-Renault
Piloto récord Alemaña Sebastian Vettel (3)
Escudería récord Austria Red Bull (3)
Poles récord Alemaña Sebastian Vettel (3)
Vista do Circuíto
Vista

O Gran Premio da India foi unha carreira de Fórmula Un celebrada no Circuíto Internacional de Buddh en Greater Noida, Uttar Pradesh, India. A primeira carreira celebrada o 30 de outubro de 2011, foi gañada polo alemán Sebastian Vettel. A nova pista foi oficialmente homologada o 1 de setembro 2011. Jaypee Sports International Limited é o organizador da carreira de Fórmula Un na India e asinou un contrato de cinco anos con Formula One Management (FOM) para acoller o campionato na India. Pero en agosto de 2013, a FIA anunciou a suspensión do Gran Premio da India.

Historia

Xa en 1997, houbo plans para albergar un Gran Premio da India en Calcuta.

En 2003, a India tiña só dúas circuítos permanentes, un en Chennai (Irungattukottai) e o Kari Memorial Speedway en Coimbatore. Nese momento foron propostos dous lugares de (2´4 km²) nos arredores do aeroporto de Bangalore. Ademais, no estado de Andhra Pradesh, o xefe do goberno Chandrababu Naidu reservou 6´1 km² de terra cerca do aeroporto de Hyderabad. Vicky Chandhok, pai da Karun Chandhok, declarou nunha entrevista que "Andhra Pradesh realmente esta apostando como ningún outro estado! É xenial ver a un ministro xefe de apostar tan duro. Bangalore é un gran lugar debido principalmente polo seu clima". En decembro de 2003, houbo un pre-acordo para organizar o Gran Premio en Hyderabad, asinouse en 2007. A pista íase a construírse preto do pobo de Gopanapally, nos arredores de Hyderabad, e consistía en 5¨53 km² de superficie. Con todo, en 2004 apareciu a competencia de Mumbai, para cambiar a pista a Mumbai en lugar de Hyderabad.

Bernie Ecclestone dono da F1 esperaba que a India acollese un Gran Premio en tres anos, pero ao final ningún destes proxectos levouse adiante, posiblemente debido á lexislación antitabáquica, e a un cambio na política do goberno

Ambos os proxectos fóron declarados "mortos" no segundo semestre de 2004, cando o goberno de Bombai decidiu "non perder o diñeiro no fume dos coches mentres que hai temas máis serios", e a localización de Hyderabad converteuse nun parque de TI para empresas de tecnoloxía

A partir de 2007, cinco lugares competiron na carreira por albergar o Gran Premio da India: Bangalore, o distrito de Gurgaon no estado de Haryana, un circuíto permanente nalgún lugar preto de Nova Deli, un circuíto urbano en Nova Deli, segundo o proposto por Vijay Mallya, e un lugar en Lucknow, Uttar Pradesh.

Tras meses de negociacións, a Asociación Olímpica India (IOA) e Bernie Ecclestone anunciaron en xuño de 2007 un acordo provisional para que a India acollera o seu primeiro Gran Premio Na tempada 2009 de F1. A pista construiríase en Gurgaon, por recomendación do arquitecto Hermann Tilke.

Pero, en setembro de 2007, o IOA, anunciou que a primeira carreira tería lugar en 2010 no Circuíto Internacional de Buddh en Greater Noida. Logo de máis avaliacións, Bernie Ecclestone, anunciou en setembro de 2008 que o Gran Premio da India atrasouse a 2011.

Finalmente a carreira de F1 india disputouse o 30 de outubro de 2011 sendo a carreira número 17 do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2011.

Controversia

Para construír o circuíto, foron compradas as terras duns trescentos campesiños polo goberno do estado. Con todo, en agosto de 2011 - tres meses antes da carreira inaugural - os agricultores en cuestión expresaron a súa insatisfacción co proxecto e ameazaron con desmantelar o circuíto "pola forza se é necesario", esixindo máis diñeiro e dicindo que sentían que a terra debería ser utilizada para construit polígonos industriais e xerar máis emprego na zona.

Gañadores

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
2013 Sebastian Vettel Red Bull - Renault Buddh Resultados
2012 Sebastian Vettel Red Bull - Renault Buddh Resultados
2011 Sebastian Vettel Red Bull - Renault Buddh Resultados

Notas

Ligazóns externas

Coordenadas: Maps 28°21′01.8″N 77°32′05.3″L / 28.350500, -77.534806