Conversa usuario:Dianaoxea: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 44: Liña 44:
==César del Caño==
==César del Caño==
Boas Dianaoxea, o artigo [[César del Caño]], que creaches ti, ten o marcador formato incorrecto nas referencias, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 5 de febreiro de 2018 ás 12:27 (UTC)
Boas Dianaoxea, o artigo [[César del Caño]], que creaches ti, ten o marcador formato incorrecto nas referencias, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 5 de febreiro de 2018 ás 12:27 (UTC)

:Boas Dianaoxea, non te preocupes, todos cometemos erros e máis se estamos comezando, pero estamos aquí para axudar :) O que tes que facer é escoller o tipo de referencia que queres usar, se é unha nova de xornal hai que usar [[Modelo:Cita publicación periódica]] e encher os seus campos, se é un libro hai que usar [[Modelo:Cita libro]]. Vin que usaches o modelo nota de prensa, ese modelo non é para as novas dos xornais, é para notas e comunicados oficiais. Amañei algunhas referencias, unificando contido repetido, podes ver como o fixen no apartado de "Música publicada". Se tes calquera dúbida podes contactar comigo cando o precises na miña páxina de conversa. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 6 de febreiro de 2018 ás 22:07 (UTC)
:Boas Dianaoxea, non te preocupes, todos cometemos erros e máis se estamos comezando, pero estamos aquí para axudar :) O que tes que facer é escoller o tipo de referencia que queres usar, se é unha nova de xornal hai que usar [[Modelo:Cita publicación periódica]] e encher os seus campos, se é un libro hai que usar [[Modelo:Cita libro]]. Vin que usaches o modelo nota de prensa, ese modelo non é para as novas dos xornais, é para notas e comunicados oficiais. Amañei algunhas referencias, unificando contido repetido, podes ver como o fixen no apartado de "Música publicada". Se tes calquera dúbida podes contactar comigo cando o precises na miña páxina de conversa. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 6 de febreiro de 2018 ás 22:07 (UTC)

::Boas [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]]. Ben, coido que xa está. Dá máis faena corrixir o mal feito ca facelo ben de entrada :) Cando teñas un momentiño bótalleme unha ollada. Tomeime a liberdade de quitar xa o marcador. Graciñas de novo! --[[Usuario:Dianaoxea|Dianaoxea]] ([[Conversa usuario:Dianaoxea|conversa]]) 7 de febreiro de 2018 ás 13:09 (UTC)


== [[César del Caño]] ==
== [[César del Caño]] ==

Revisión como estaba o 7 de febreiro de 2018 ás 13:10

Benvido(a) á Galipedia, Dianaoxea!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--AMPERIO (conversa) 15 de abril de 2014 ás 17:45 (UTC)[responder]

Posible conflito de intereses

Ola Dianaoxea. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 12 de marzo de 2017 ás 21:21 (UTC)[responder]

Benvido/a e grazas por experimentar na Wikipedia. A túa proba funcionou, pero foi revertida ou eliminada. Por favor, bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Se o que queres é seguir a experimentar, usa a zona de probas. Grazas. Banjo tell me 21 de marzo de 2017 ás 13:19 (UTC)[responder]

César del Caño

Boas Dianaoxea, o artigo César del Caño, que creaches ti, ten o marcador formato incorrecto nas referencias, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 12:27 (UTC)[responder]

Boas Dianaoxea, non te preocupes, todos cometemos erros e máis se estamos comezando, pero estamos aquí para axudar :) O que tes que facer é escoller o tipo de referencia que queres usar, se é unha nova de xornal hai que usar Modelo:Cita publicación periódica e encher os seus campos, se é un libro hai que usar Modelo:Cita libro. Vin que usaches o modelo nota de prensa, ese modelo non é para as novas dos xornais, é para notas e comunicados oficiais. Amañei algunhas referencias, unificando contido repetido, podes ver como o fixen no apartado de "Música publicada". Se tes calquera dúbida podes contactar comigo cando o precises na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2018 ás 22:07 (UTC)[responder]
Boas Elisardojm. Ben, coido que xa está. Dá máis faena corrixir o mal feito ca facelo ben de entrada :) Cando teñas un momentiño bótalleme unha ollada. Tomeime a liberdade de quitar xa o marcador. Graciñas de novo! --Dianaoxea (conversa) 7 de febreiro de 2018 ás 13:09 (UTC)[responder]

Barítono ou tenor? Pode ser ambos? Intermedio (eu usaría un guión)? Eu mesmo son barítono, pero chúzanme a baixo ou tenor segundo conveña, pero ser, son barítono. ※ Sobreira ►〓 parlez 6 de febreiro de 2018 ás 11:33 (UTC)[responder]

Ola, Sobreira. Pois o certo é que dende o principio dubidei se pór ese apartado ou non, precisamente pola ambigüidade do criterio. Debemos ter en conta que non estamos a falar dun cantante de coro (que se rexe a miúdo máis polas necesidades, ou carencias, do grupo ao que pertence ca pola idoneidade da propia voz do cantor), senón dun cantante solista. En base a esto cinguinme estritamente ás gravacións publicadas polo intérprete e aos programas de concerto dos que dispoño (Exemplo: Les cançons gallegues dels grans compossitors), que abranguen roles tanto de tenor como de barítono (ou mesmo de baixo nalgunha gravación. Exemplo: Cantiga III - Pois vós, filha, queredes mui gram ben). Ante a dúbida busquei na wikipedia outros cantantes solistas e vin, por exemplo, no caso de Plácido Domingo que tamén se segue o mesmo criterio. No tocante á posibilidade de usar ou non un guión, a verdade é que non o sei; anque, ao meu xeito de velo, se lle pomos guión estariamos precisamente a categorizar que se trata de alguén que é un "barítono-tenor"; en cambio se pomos "barítono, tenor", simplemente queda constancia dunha realidade obxectiva baseada no traballo público do artista. Outro exemplo, como curiosidade, é o de Yma Sumac, onde se chega a pór que foi nada menos que "soprano, mezzosoprano, contralto, tenor, barítono", cousa que, na miña humildísima opinión, simplemente non é certo, e ese artigo requiriría dunha severa revisión máis obxectiva  :) Grazas polo teu interese! --Dianaoxea (conversa) 7 de febreiro de 2018 ás 09:45 (UTC)[responder]