Conversa usuario:Albert galiza: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Maañón (conversa | contribucións)
Xelo2004 (conversa | contribucións)
Liña 238: Liña 238:
A verdade é que non me cabe na cabeza como non lle das mais importancia, polo menos na resposta que me das. ¿que pensas facer para clarificalo?
A verdade é que non me cabe na cabeza como non lle das mais importancia, polo menos na resposta que me das. ¿que pensas facer para clarificalo?
grazas por anticipado pola tua resposta a esta situacion preocupante--[[User:Maañón|Maañón]] 22:16, 7 setembro 2007 (UTC)
grazas por anticipado pola tua resposta a esta situacion preocupante--[[User:Maañón|Maañón]] 22:16, 7 setembro 2007 (UTC)
*Coido que non paga a pena que te molestes por elo, Moderador é un usuario de antigüidade superior a túa. Deixeille unha mera explicación a Maañón sobre quen era Moderador e, polo que vexo a miñas palabras carecen de creto. E de supoñer que se me toma por un "paria" da sociedade que mal ou ben, cumpliu co seu traballo. Recentemente este mesmo usuario (que che pide auxilio) prohíbiume de que lle deixara algunha menxase na súa páxina de discusión. Ata que punto vamos a chegar?. Coido que ata de agora (e menos dende que deixei a administración e o resto, por petición de Miñato) non vexo que lle faltara o respeto, salvo que me teña rancor. Saúdos.--[[User:Xelo2004|Xelo2004]] [[Image:Sig-panda.gif|25 px]] <sup>[[User talk:Xelo2004|(Se non estás dacordo, dimo)]]</sup> 22:39, 7 setembro 2007 (UTC)

Revisión como estaba o 7 de setembro de 2007 ás 22:39

Arquivo de mensaxes antigas:   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15  

Galego: Por favor, engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non esqueza asinar co segundo botón pola dereita da caixa de edición , ou con catro ~~~~ (escríbense con ALT+126.)
English: Remember to sign and date your post (by typing ~~~~, or by clicking the signature icon ).
Català: Afig un nou comentari. Si us plau signeu sempre els vostres missatges al final de la vostra intervenció amb el codi --~~~~.
Español: Para dejar un mensaje haga clic aquí. Por favor no olvide firmar con , o con cuatro ~~~~.
Português: Olá. Para deixar uma mensagem clique aqui.

Portal da Historia

  • Acabo de crear o Portal da Historia no meu espazo de usuarios. Un portal é unha páxina especial que reúne artigos xa existentes arredor dun tema común. Existen desde hai tempo noutras wikipedias, mais non na nosa. Por esta razón está só no meu espazo de usuario. Comunico-cho porque seguro que nos pode resultar unha ferramenta moi útil para organizar o traballo nos artigos relacionados coa historia. Nas ligazóns interwiki verás os demais portais existentes. Por outra banda, para podermos chegar a ter un espazo de nomes reservado para os portais conviña botar para adiante a discusión sobre espazos de nomes que está aberta na Taberna. Por último, ainda que estexa no meu espazo de nomes, podes modificar todos as páxinas como queiras, a ver se ten un aspecto decente cando pase a ser un portal real. Un saúdo. --Xosé (✉) 14:22, 19 maio 2007 (UTC)

Imaxe da semana destacada en Portada

A imaxe Image:Estadio de Riazor.jpg da que eres autor foi elixida imaxe de Portada da semana 6 deste ano, moitas grazas por todas as imaxes que levas cargado na Galipedia e polo gran traballo que estás facendo Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:48, 31 maio 2007 (UTC)

A síndrome de Down, esa gran descoñecida...

O meu galego anda un pouco oxidado. Gracias polas correccións ortográfico-gramaticais do artigo sobre a SD. Procurarei mellorar. Un saudo. -- Delphidius (Mensaxes) 06:34, 4 xuño 2007 (UTC)

Napoleón

Magnífica obra de mellora dun artigo enciclopedicamente imprescindible. Labores así farán competitiva á wikipedia en galego--213.60.65.252 22:52, 8 xuño 2007 (UTC)xalundes--213.60.65.252 22:52, 8 xuño 2007 (UTC)


Image:Escudo Xinzo de Limia.jpg

Saludos Albert galiza. Agradezco che moito os arranxos que fas nos artigos. Nunca se sabe o millor podes fger algo pa que esta imaxe do escudo de Xinzo de Limia teña licencia et eu poida por en Comons pa logo utilizala no artigo da wikipedia en frances po artifo do concello Xinzo de Limia. Estou tratando criar os concellos e as comarcas galegos. Non pido esto a Prevert, porque pareceme que anda muy solocitado. Sin non podes ou non tes tempo, non da mais. Un cordial saludo Elvire 17:51, 10 xuño 2007 (UTC)

Rock And Roll

Benvido a este proxecto. Estou aqui para o que queiras, saudos, Skiuv. PD: Casi prefiro que se poña banda en vez de grupo musical.

Fusión pernileiro/alcaraván

Dou por acabado o traballo no artigo sobre o pernileiro, pero non son quen de solucionar o problema da fusión. Prefiro manter (chamao enxebrismo) o nome de pernileiro, pero ignoro completamente o que hai que facer para regularizar a situación. Agradecería a túa axuda neste tema.

Un saúdo.--Elster 15:57, 17 xuño 2007 (UTC)

Ola. Son Lito Caramés Bouzán, e xa me rexistrei aquí na Galipedia. Hai dous días editei o artigo "Furafollas Agrupación Teatral", cun texto moi longo, e considero que nalgúns anacos pouco apropiado. Entón saíu a mensaxe de que é un artigo con problemas. Lin e mirei de arranxalo. Fíxeno, e coido que agora está ben. Pero.. a mensaxe sigue saíndo. Que podo facer? Que é o que non está ben? Por outra parte (pero xa non sei se facelo) gustaríame pór algunha imaxe (fotos de actuacións). Indicádeme se é correcto e, de ser así, como se fai, pois non teño non idea. Grazas e parabéns por Galipedia Lito Caramés (Barcelona)

Castelao

Que che parece se entre os dous facemos un apartado en Castelao sobre o seu pensamento político (federalismo, idea de hespaña, etc) con citas de Sempre en Galiza?--Norrin_strange (Talk) 10:30, 1 xullo 2007 (UTC)

  • Que che parece tratar os seguintes temas para comezar (xa se engadirán máis):
    • idea de Galiza, nación galega.
    • federalismo.
    • idea de Hespaña
    • Portugal e lingua portuguesa.
    • Concepto sociopolítico de nación
    • ....

--Norrin_strange (Talk) 16:40, 1 xullo 2007 (UTC)


      • Xa fixen algo. Bótalle unha ollada e dime o que pensas. Un saúdo.--Norrin_strange (Talk) 15:24, 2 xullo 2007 (UTC)

Hola, Albert. He visto que has participado en el artículo sobre mi abuelo, Gumersindo Areán, de Rodeiro. Gracias por ayudar a preservar su memoria. Me encantaría saber toda información que tengas sobre él. Mi email es luis_arean arroba hotmail punto com.

Un saludo.

celtiberos

Boo día Albert galiza ! Estou criando o artigo "celtiberos" na wikipedia francesa fr:Celtibères, coa a axuda de fr: Utilisateur: Ollamh e User:Ollamh, especialista do celtismo. Enton pareceume ben de fagelo tamen na Galipedia Celtíberos. Ainda que non teñas tempo de corixir os erores no texto, eso non ten presa, seria importante que comprobes co titulo vai ben de acentos e que si e necesario o poñas tu ben. Sempre ando en guerra cos acentos, mismo en castelan. Polo tanto tratei de aprender as reglas galegas e castelanas, pero non me entran na cabeza. Moitas gracias por os controles e un saudo cordial Elvire 13:57, 4 xullo 2007 (UTC)

Reconquista - A Reconquista

Ola, era só para decirche que o artigo reconquista no que andas editando existía antes como A Reconquista, para que o teñas en conta. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 20:05, 4 xullo 2007 (UTC)

categoría Alimentación

Albert, ¿pódese asumir que os administradores dades o visto bo á reclasificación desta categoría? ¿métome con ela e reordeno tódolos artigos de acordo á proposta que parece concitar o acordo de todos? Xa dixen que podo -e quero- facelo, sen problema, pero necesito a vosa autorización. Pedro --Lameiro 12:29, 30 xullo 2007 (UTC)

  • Haberá que ter paciencia, entón. Pero comop Prevert anda de vacacións e eu marcho nunha semana, terá que esperar -sexa o que se decida- a finais de agosto. Saúdos Pedro --Lameiro 12:38, 30 xullo 2007 (UTC)

corgo (='cornezuelo') e cornizó

Acabo de atopar o artigo corgo co significado de "cornezuelo del centeno". Sei de 27 sinónimos deste fungo e ningún é corgo. No Dicionario de Dicionarios, ningunha fonte lle dá este significado a corgo. No Gran Xerais tampouco significa tal. Non sei se será unha denominación local non rexistrada (cousa pouco probable) ou un erro do autor por corno e corvo, palabras coas que si está relacionado, pero que non nos valen como sinónimos. Aínda así, a denomnación máis común é cornizó (entrada que non existe). Non se trata só de mover corgo a cornizó, senón de eliminar a entrada corgo, porque vai facer falta para designar pozas e lugares. Iso tes que facelo ti. Saúdos, Pedro

Correo

Unha pregunta

No artigo San Martiño de Dumio quero meter un parrafiño previo remitindo, para outros santos con este mesmo nome, a San Martiño, que é a páxina de homónimos. ¿Como se fai isto? ¿Ten algunha estrutura determinada, un deses mensaxes predefinidos ou o que sexa? Algo así como "para ver máis ir a...". Pedro --Lameiro 15:05, 1 agosto 2007 (UTC)

¿todo, todo...?

Te has pasao siete pueblos, Alberte ;) Pedro --Lameiro 15:07, 5 agosto 2007 (UTC)

Orde alfabética

Ola, Alberte. Revertín o que ti desfixeras, :), porque nos dous casos estamos ante nomes artísticos, non ante nomes propios. Igual ca Rolling Stones non o indexamos polo S, Ana Kiro non o podemos indexar polo K. É unha cuestión de detalliño infimísimo, en todo caso --Xabier Cid 18:31, 11 agosto 2007 (UTC)

Vaites, ho. Nada que perdoar. ;) Grazas polo teu traballo.--Xabier Cid 07:56, 12 agosto 2007 (UTC)

Grazas polo teu saúdo

Agradecido pola túa benvida e por pensar que podo aportar algo, e non, dende logo non penso abandoar este apaixonante proxecto, o que sucedeu na wiki española non vai a quitarme nin un chisco do entusiasmo co que comezei na galipedia. --Furado 21:36, 11 agosto 2007 (UTC)

Borrando

Desculpa, antes confundínme de usuario, xa borrei a mensaxe (pero se queres podes participar tamén). Un saúdo. Zumbi, 12 de agosto de 2007

Estremadura

Obrigado / Graças. --Ibérico 16:17, 12 agosto 2007 (UTC)

  • Non entendo o que fixen mal, respectei o que puxera Ibérico e engadín as interpretacións de Costas e outros.--André 16:23, 12 agosto 2007 (UTC)
  • Puxen os das eleccións de 1999 no artigo Eleccións municipais en Abadín tal como suxeriches pero non sei se acaba de quedar ben, dime que che parece, por certo se podes arranxar a táboa, vaiseme pola dereita e non sei como arranxala.--André 20:19, 16 agosto 2007 (UTC)

Illa de San Simón

Sí, sí, enganeime, claro está... ¡Son metros, non quilómetros! Xa está amañado --Knorpel 13:44, 21 agosto 2007 (UTC)

Resposta

Nada oh, de saúde agás a mental ben. Non te preocupes. O tema Maañón-Xelo2004-Alma-Prevert-IPs e demáis deixáronme sen gañas. Espero que sigades a facer deste un bó proxecto. Unha aperta e a traballar. Lansbricae (Ti dirás) 14:57, 22 agosto 2007 (UTC)

  • Pódese facer publicidade nas páxinas de usuario?, digo iso polo que puxo User:Karaoke na súa páxina de discusión, non creo que estea conforme coa política da wikipedia e que se debería borrar, pero diso saberás ti máis.--André 21:34, 25 agosto 2007 (UTC)
  • Non sei se resultarei un tanto pesado pero se podes botar un ollo a Talk:Basílica de San Xoán de Latrán, non creo que o cambio que se fixo estea de acordo coas normas, malia que en realidade é bastante probable que sexa correcto (Letrán por Latrán) penso que non é a forma correcta de facelo.--André 23:31, 26 agosto 2007 (UTC)

Texto desaparecido

¡Joder!, que susto. Moitas grazas Albert. Pedro --Lameiro 22:13, 27 agosto 2007 (UTC)

Grazas polo saúdo

Para os que estamos a dar os nosos primeiros pasos neste mundo da Galipedia sempre son de agradecer os ánimos dos nativos. Sorte e a seguir construindo entre todos este edificio ben fermoso.--Elzevir Madialevo 14:04, 29 agosto 2007 (UTC)

Grazas por todo

Grazas por todo. Pedirche que se respete aos autores das imaxes e xa me vou. Un afectuoso saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 20:45, 30 agosto 2007 (UTC)

Que lle está ocorrendo á Galipedia?

Tardei bastante en decidirme a escribirche isto, pero estou alucinando, e non o digo 'en plan ben'. Estiven dando un par de voltas pola Galipedia (principalmente polos apartados de discusión), e quedei desconcertado polo que hachei. Liortas verbais, bloqueos, usuarios que deixaban a Galipedia (creo que algúns administradores)...

Por favor, gustaríame saber que é o que está ocorrendo. Agora mesmo estou lendo a discusión do artigo 1 de xaneiro, e os meus ollos non poden creer o que len. Paréceme incrible que algo así esté ocorrendo agora mesmo. Temo polo futuro da Galipedia.

E por certo, moitas grazas polo saúdo, e sinto escribirche sobre un tema como este.--Gallaecio 22:23, 30 agosto 2007 (UTC)

Grazas por contestar. Déixasme máis tranquilo. --Gallaecio 23:20, 30 agosto 2007 (UTC)

Proposta de borrado. Por favor razoa a túa resposta e expón o sentido do teu voto

Creo que deberías explicar o teu voto. Unha enciclopedia non é un sistema electoral simple. Os votos deben estar baseados en opinións razoadas, e do debate das diversas opinións debe sair un resultado que debe ser respetado por todos, pero senón baseas a túa decisión non estas respetando a opinión do interlocutor que pode entender como desprezada a súa opinión. Recorda por favor que isto é unha enciclopedia. Espero non te moleste e grazas polo teu tempo. Lansbricae (Ti dirás) 14:54, 31 agosto 2007 (UTC)

Alimentación

De acordo. Metereime coa reclasificación dos artigos que teñamos neste momento e mirarei de crear artigos que vaian abrindo as diferentes subcategorías, pero máis adiante. Agora mesmo, despois da treboada destes días e visto o visto... non creas que apetece moito dedica-lo tempo á Galipedia. Coñecéndome, sei que será unha depre pasaxeira e que nuns días verei todo isto con outros ollos, pero ata entón, case que me vou tomar uns días sabáticos. Saúdos e grazas por estar pendente e avisar da vosa decisión. Pedro --Lameiro 01:24, 1 setembro 2007 (UTC)

Petición de inserción do anuncio publicado por Xelo2004 na Taberna:Propostas

Prégoche que recuperes o anuncio posto por Xelo2004 na páxina de cambios recentes para que exista unha maior trasparencia en todo un asunto que debe ser pechado ben dun xeito ou ben doutro. Como ben sabes dediqueime 9 meses a este proxecto cunha determinada actitude. Ben no meu "errático comportamento" veño de decidir que non van quedar nesos nove. A miña actitude actual espero poder modificala pero antes deben pecharse varios capítulos. O xeito de facelos está nas máns de todos. Grazas polo teu tempo. (Vótoche a chapa a tí porque eres o admnistrador que estabas a editar neses momentos). Lansbricae (Ti dirás) 15:21, 1 setembro 2007 (UTC)

Grazas. Lansbricae (Ti dirás) 15:35, 1 setembro 2007 (UTC)

  • Penso que tras os sucesos dos días pasados que afectaron gravemente á Galipedia e á credibilidade dos administradores e supuxeron que moitos editores perderan o ánimo para contribuír, como considero que os administradores deste proxecto precisan exercer o seu labor co respaldo da comunidade penso que todos debemos renunciar o noso status e que sexa a comunidade a que elixa os administradores que considere convenientes. Manteriamos provisoriamente o noso status para loitar contra o vandalismo. Dime se estás de acordo.--Miñato 16:07, 1 setembro 2007 (UTC)
  • Todo iso hai que discutilo evidentemente non digo que debamos renunciar agora mesmo sen aclarar antes como se faría a votación etc., pero eu considero que se se chegou a esta situación, con moitos colaboradores alucinando e preguntándose que pasou aquí, foi por apartarse das normas ao non borrar o que debía de ser borrado desde o primeiro, e dá igual que o faga un administrador ou outro colaborador, permitir que se saía das normas de conduta da Galipedia, que se empreguen páxinas de discusión de usuarios para outras cousas que non sexa falar con ese usuario, etc. Ese é un labor que compete os administradores que non poden deixar que se trate as normas como papel mollado. Pero esa é a miña proposta quizais consideres que para resolver esta situación é mellor non realizar a votación e tomar outro tipo de medidas, é unha visión que eu respecto totalmente, eu propoño o que considero en conciencia pero o que eu propoño non ten por que ser o acertado.--Miñato 16:53, 1 setembro 2007 (UTC)

Re:Listas de filmes

Ola, Alberte! Grazas polo aviso, non me lembraba dela. Entón o que vou facer e actualizar tamén diariamente a páxina que me dixeches ti e supoño que borrarei a miña. Moita sorte a ti tamén cos exames. Un saúdo.--Fryant 16:34, 2 setembro 2007 (UTC)

Administración e impedimentos para a súa renovación

Ola Alberte, só comentarche que este proxecto xa ten uns aniños. Eu, comparado con moitos de vos, levo ben pouco, pero nese periodo de tempo xa se me alegou no seu momento a dificultade de democratizar a Galipedia polo traballo que conlevaba. Pois se leva traballo traballemos en equipo. Creo recordar que entre as intervencións de Prevert anunciaba que xa tiña máis avanzado un borrador que servise como base para discutir no mes de setembro. Considero que polos seus coñecementos e experiencia no proxecto poden ser unha boa base para comezar.

Espero que o esforzo que poida costar un proxecto non sexa óbice para non tentalo entre todos e acadalo. Un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 17:36, 2 setembro 2007 (UTC)

Wikiproxecto: Dereitos Humanos

Ola Alberte, só comentarche que inicie un wikiproxecto sobre os Dereitos Humanos. Polos teus coñecementos demostrados nas edicións dos artigos sobre xenocidios coido que serías moi útil nel. Espero que aceptes a miña invitación. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 18:30, 2 setembro 2007 (UTC)

Moitas gracias!

--Dalvasan 19:49, 2 setembro 2007 (UTC)

Graciñas

Graciñas.--Cleoninha 19:55, 2 setembro 2007 (UTC)

Código hexadecimal

Ola, non sei que está a pasar co artigo Código hexadecimal pero semella un conflicto de edicións ou algo similar. Prego lle votedes un ollo. Grazas e saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 15:50, 3 setembro 2007 (UTC)

De Volta

Grazas polo recibimento. Estiven unha tempada sin ter acceso a internet, pero agora xa volvo a telo, espero poder volver a coller o ritmo ;). Un saúdo --BaNjO (tell me) 20:21, 3 setembro 2007 (UTC)

  • Deime de conta ao momento do inxusto que era pola miña parte por iso o cambiei, hai moita xente que realmente busca o mellor de si mesma, pero isto superoume, esforceime por que as augas volvesen ao seu rego e cando ves que todo vai a peor e pensas que ti tiveches parte de culpa, non ves saída.--Miñato 17:38, 4 setembro 2007 (UTC)

Grazas

Ola a ti tamén Alberte.

Agradézoche moito as túas palabras e alégrame que valores positivamente a miña achega. Impresionoume (e ruborizoume) recibir dun Administrador o termo "inconmensurable".

Cos mozos como vós, que achegades dinamismo, novas ideas e "marcha", e con cincuentóns como eu, que poida que xa non sexamos tan brillantes como outrora, pero que somos metódicos e pacientes, verás o lonxe que chegará esta Galipedia.

Un saúdo --Furado 00:33, 5 setembro 2007 (UTC)

Resaltar

Por min ok; estou tan empatado con ese sistema de marcador de uso... O malo é agora ter a pacencia de metérllelo ás plantillas xa creadas, pero bueno... --Xabier Cid 17:01, 5 setembro 2007 (UTC)

Admeis de poder ler as miñas palabras e as de Lambriscae (con quen espero ter quedado como amigos) na piña páxina de usuario agradézoche que leas a miña demisión en Wikipedia:A Taberna (novas)#Administración. Grazas --Lmbuga Commons - Galipedia 17:06, 6 setembro 2007 (UTC)

Ademais de poder ler as miñas palabras e as de Lambriscae (con quen espero ter quedado como amigos) na piña páxina de usuario agradézoche que leas a miña demisión en Wikipedia:A Taberna (novas)#Administración. Grazas --Lmbuga Commons - Galipedia 17:06, 6 setembro 2007 (UTC)

ola

albert, coido que non entendiche o que pretendia (a verdade é que tampouco mo preguntache, pero bueno). ¿cal é a alternativa que ti propos para ter este tipo de paxinas clasificadas e poder coñecelas doadamente??. grazas--Maañón 20:57, 7 setembro 2007 (UTC)

un favor

ola, quería pedirche un favor, creei a categoría de Dereitos Humanos cometendo o erro de poñer as dúas en maiúscula, e acabo de decatarme que o correcto sería que a segunda fose en minúscula, por iso te pido se o podes cambiar, así unha vez feito o artigo no que estaba a traballar Dereitos Humanos xa o movería tamén a Dereitos humanos para que quedara como artigo principal da categoría. Grazas e perdoa por te molestar. Alma 21:14, 7 setembro 2007 (UTC)

  • si, na categoría de Dereito penso que é a adecuada, e deixo ao teu criterio se queres engadir nesta categoría os teus artigos sobre os xenocidios que realmente son unha pasada. ;)Moitas grazas, Alma 21:26, 7 setembro 2007 (UTC)

urxente, axuda, por favor

Albert galiza, pregoche por favor que, sendo o administrador activo neste momento, nos expliques que é realmente o usuario "Moderador". Confirmanos por favor se Moderador é un usuario real e distinto de Xelo, e o resto dos administradores. Coido que é un asunto do mais grave, a ética non pode poñerse en duda, e ou ben Miñato mente ou ben mente o "Moderador" (por favor, bota unha ollada ao historial da paxina Moderador. Grazas por anticipado --Maañón 21:17, 7 setembro 2007 (UTC)

artigos longos

Creo que te entendo: un pouco de texto no artigo ovo e logo me estendo nos artigos avicultura, colesterol, ovo na cultura popular ou o que sexa. Pola miña parte, estou de acordo, pero o conto empezou onte, cando ó remata-lo artigo vin esa advertencia de que pesaba de máis e Xosé dicía que artigos tan longos facíanse pesados e de difícil consulta. Por iso pensei no fraccionamento. Pedro --Lameiro 21:59, 7 setembro 2007 (UTC)

situacion extremadamente preocupante

Alberte, con relacion ao que che dicia en User_talk:Albert_galiza#urxente, axuda, por_favor, a verdade é que a tua resposta non me aclara todas as dubidas:

  • ¿como é que sendo administrador non sabes de Moderador nin se existe como usuario?
  • ¿como é que sendo administrador non lle das importancia a saber se Moderador existe como usuario ou se, se fose verdade o que apuntan todas as probas, foi usado e está sendo usado por un ex-administrador dun xeito espureo e con total falta de ética?

A verdade é que non me cabe na cabeza como non lle das mais importancia, polo menos na resposta que me das. ¿que pensas facer para clarificalo? grazas por anticipado pola tua resposta a esta situacion preocupante--Maañón 22:16, 7 setembro 2007 (UTC)

  • Coido que non paga a pena que te molestes por elo, Moderador é un usuario de antigüidade superior a túa. Deixeille unha mera explicación a Maañón sobre quen era Moderador e, polo que vexo a miñas palabras carecen de creto. E de supoñer que se me toma por un "paria" da sociedade que mal ou ben, cumpliu co seu traballo. Recentemente este mesmo usuario (que che pide auxilio) prohíbiume de que lle deixara algunha menxase na súa páxina de discusión. Ata que punto vamos a chegar?. Coido que ata de agora (e menos dende que deixei a administración e o resto, por petición de Miñato) non vexo que lle faltara o respeto, salvo que me teña rancor. Saúdos.--Xelo2004 Ficheiro:Sig-panda.gif (Se non estás dacordo, dimo) 22:39, 7 setembro 2007 (UTC)