Gabino Bugallal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 47: Liña 47:
[[Categoría:Políticos do Partido Conservador (España)]]
[[Categoría:Políticos do Partido Conservador (España)]]
[[Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados]]
[[Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados]]
[[Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega]]

Revisión como estaba o 2 de febreiro de 2018 ás 19:46

Gabino Bugallal
Nacemento19 de febreiro de 1861
Lugar de nacementoPonteareas
Falecemento31 de maio de 1932
Lugar de falecementoParís
Soterradocemiterio de Thiais
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e avogado
PaiJosé Ramón Bugallal
FillosMatilde Bugallal e María del Carmen Bugallal
IrmánsIsidoro Bugallal e Darío Bugallal Araújo
editar datos en Wikidata ]

Gabino Bugallal Araújo, nado en Ponteareas o 19 de febreiro de 1861 e falecido en París o 30 de xuño de 1932, foi un avogado e político galego, conde de Bugallal.

Traxectoria

Fillo de José Ramón Bugallal Muñoz e neto do xornalista Isidoro Araújo. Deputado xa desde moi novo, dentro das filas do Partido Conservador, especialmente relacionado co grupo de Raimundo Fernández Villaverde. Foi nomeado ministro en diversas ocasións: no Goberno de Fernández Villaverde, de xullo de 1903, desempeñou a carteira de Instrución Pública e Belas Artes, na que estivo ata o 5 de decembro dese ano. Ministro de Facenda no Goberno de Eduardo Dato de 1912 (27 de outubro ao 31 de decembro), de novo do 11 de xuño ao 3 de novembro de 1917, e por última vez, do 2 de xullo de 1919 ao 5 de maio de 1920, no Goberno de Sánchez Toca.

Ministro de Graza e Xustiza con Dato en maio de 1920, e en agosto dese mesmo ano substituíu a Bergamín como ministro de Gobernación e adoptou unha política de man dura contra a conflitividade social. Partidario de medidas represivas, nomeou a Severiano Martínez Anido gobernador civil de Barcelona e tolerou a aplicación da lei de fugas.

A Gabino Bugallal en Ponteareas.

Ocupou interinamente a xefatura do Goberno tras o asasinato de Eduardo Dato e, en contra da vontade de Maura, intentou crear un Goberno conservador homoxéneo.

Monárquico conservador, durante a ditadura de Primo de Rivera mantivo a súa adhesión ao rei Afonso XIII. Ministro de Economía en 1931, ante o masivo apoio electoral á República, foi o único partidario do uso da forza para defender a monarquía.

Faleceu no Hotel Savoy de París e foi soterrado provisionalmente nunha igrexa da rue de la Pompe, ata que en 1960 a súa filla trasladou os seus restos ao cemiterio de Thiais, París, onde repousan[1].

Predecesor:
Eduardo Dato
Presidente do Goberno de España
1921
Sucesor:
Manuel Allendesalazar

Vida persoal

Irmán de Isidoro Bugallal. Tío de José Luis Bugallal Marchesi. En 1912 herdou o Condado de Bugallal da súa curmá Adelaida García Rodríguez.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos