Constantino García: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Moving from Category:Membros da Real Academia Galega to Category:Membros de número da Real Academia Galega using Cat-a-lot |
||
Liña 37: | Liña 37: | ||
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]] |
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]] |
||
[[Categoría:Personalidades da lingüística galega]] |
[[Categoría:Personalidades da lingüística galega]] |
||
[[Categoría:Membros da Real Academia Galega]] |
[[Categoría:Membros de número da Real Academia Galega]] |
||
[[Categoría:Medallas Castelao]] |
[[Categoría:Medallas Castelao]] |
||
[[Categoría:Nados en Oviedo]] |
[[Categoría:Nados en Oviedo]] |
Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2018 ás 08:55
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xullo de 1927 Oviedo, España |
Morte | 23 de outubro de 2008 (81 anos) Santiago de Compostela, España |
Catedrático | |
1965 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | escritor , lingüista |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
Obra | |
Doutorando | Antón Santamarina |
Premios
|
Constantino García González, nado en Oviedo o 20 de xullo [1] de 1927 e falecido en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 2008, foi un lingüista e escritor galego.
Traxectoria
Logo de formarse nas universidades de Oviedo, Complutense de Madrid e Bonn, en 1965 chegou á Universidade de Santiago de Compostela para ocupar unha praza na facultade de Filosofía e Letras. Foi un dos fundadores do Instituto da Lingua Galega en 1971 e do Centro Ramón Piñeiro en 1993, e a ambos os dous dirixiunos en diferentes etapas. En 1982 ingresa na Real Academia Galega, entidade da que foi secretario entre 1997 e 2001. Recibiu a Medalla Castelao en 2002.
Nos anos oitenta foi codirector e copresentador na Televisión de Galicia do programa Cousas da lingua, un microespazo con comentarios lingüísticos. Moitos deses apuntamentos foron recollidos en libros. Foi ademais un dos impulsores e coautores do Atlas Lingüístico Galego e de diversas obras lexicográficas.
Nos últimos anos da súa vida, gravemente enfermo dun mal dexenerativo,[2] retirouse da actividade cultural e intelectual.
Obra
- Contribución a la historia de los conceptos gramaticales. La aportación del Brocense (1960).
- Léxico de la comarca compostelana (1974).
- Galego onte, galego hoxe (1976, Universidade de Santiago).
- Recantos da lingua (1982, La Voz de Galicia).
- Retrincos da lingua (1982).
- Glosario de voces galegas de hoxe (1985).
- Temas de lingüística galega (1985).
- Follas da lingua (1987).
- Cousas da lingua (1989).
- Cartafol da lingua (1990).
- Peneirando palabras (1990).
- Contribución ó léxico de Alvaro Cunqueiro (1991).
- Tesouros da lingua (1993).
- Glosas da lingua (1995).
- El castellano de Galicia (1998).
- O libro das palabras (2003).
Notas
- ↑ Ricardo Carvalho Calero, na súa resposta ao discurso de recepción a Constantino García na RAG, menciona a data de 20 de setembro (p. 17).
- ↑ "Finou Constantino García, fundador do ILG e do Centro Ramón Piñeiro", Vieiros, 24/10/2008
- Escritores de Asturias en lingua galega
- Escritores en lingua castelá
- Personalidades da lingüística galega
- Membros de número da Real Academia Galega
- Medallas Castelao
- Nados en Oviedo
- Nados en 1927
- Finados en 2008
- Enciclopedistas de Galicia
- Alumnos da Universidade de Oviedo
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
- Profesores da Universidade Complutense de Madrid
- Profesores da Universidade de Santiago de Compostela