Friburgo, Suíza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Update from Wikipedia (de)
Liña 15: Liña 15:
|superficie = 9,32
|superficie = 9,32
|altitude = 610
|altitude = 610
|poboación = 34.490
|poboación = 38.829
|ano poboación = 2010
|ano poboación = 2016
|densidade = 3.701
|densidade = 4.166
|código postal = 1700
|código postal = 1700
|alcalde = Pierre Aláin Clément ([[Partido Socialista de Suíza|SPS]])
|alcalde = Pierre Aláin Clément ([[Partido Socialista de Suíza|SPS]])
|sitio web = [http://www.ville-fribourg.ch www.ville-fribourg.ch]
|sitio web = [http://www.ville-fribourg.ch www.ville-fribourg.ch]
}}
}}
'''Friburgo'''<ref>{{DRAG|friburgués}}</ref> é unha cidade de [[Suíza]] situada no [[cantón de Friburgo|cantón homónimo]], do cal é a capital. Segundo datos do 2010 conta con 34.490 habitantes.
'''Friburgo'''<ref>{{DRAG|friburgués}}</ref> é unha cidade de [[Suíza]] situada no [[cantón de Friburgo|cantón homónimo]], do cal é a capital. Segundo datos do 2016 conta con 338.829 habitantes.


== Xeografía ==
== Xeografía ==

Revisión como estaba o 31 de xaneiro de 2018 ás 10:47

Modelo:Cidade de Suíza Friburgo[1] é unha cidade de Suíza situada no cantón homónimo, do cal é a capital. Segundo datos do 2016 conta con 338.829 habitantes.

Xeografía

Está asentada sobre ambas ribeiras do río Saane, en plena Meseta Suíza, e constitúe un importante centro administrativo, económico e educativo do Röstrigraben, a fronteira entre a Suíza xermanófona e a francófona. A cidade vella esténdese sobre un outeiro de 100 m de ancho e que acada 40 m de altura sobre o val circundante.

Historia

Friburgo foi fundada en 1157 por Bertold IV, constituíndose inicialmente como unha cidade estado. Posteriormente, en 1277, sería vendida á casa dos Habsburgo coincidindo co inicio do seu desenvolvemento económico, capitaneado polo comercio e a industria téxtil e do coiro.

A unión de Friburgo á Antiga Confederación Suíza produciuse en 1481, coa cal logrou exercer unha longa influencia no catolicismo suízo.

Sufriu a invasión dos exércitos franceses comandados por Napoleón. En 1889 foi inaugurada a súa universidade.

Cultura

O casco antigo de Friburgo goza dun excelente estado de conservación e posúe un indubidable interese artístico, ao datar na súa maioría de antes do século XVI. Salienta, no medio do seu conxunto, a Catedral de San Nicolás, cuxa presenza domina por completo o outeiro sobre o que se asenta o casco vello. Construída en 1283, é de estilo gótico e está vencellada ao culto católico.

No tocante aos museos, destacan o de Historia Natural, situado nun edificio da universidade, e o de Arte e Historia, onde se poden observar pinturas, esculturas e coleccións numismáticas.

Notas e referencias

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para friburgués.

Véxase tamén

Ligazóns externas