Conversa usuario:Estevoaei/2021: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 169: Liña 169:


Ola perdón, por non contestar antes. Pero ando un chisco liado cunha charla. Pero se queres contactar comigo o meu correo é segredosdepanton@gmail.com, contesto normlamente moi rápido así que cando queiras enviarme algo, xa sabes. Moitas grazas!!! Un saúdo.--[[Usuario:Segredos de Pantón|Segredos de Pantón]] ([[Conversa usuario:Segredos de Pantón|conversa]]) 29 de xaneiro de 2018 ás 22:23 (UTC)
Ola perdón, por non contestar antes. Pero ando un chisco liado cunha charla. Pero se queres contactar comigo o meu correo é segredosdepanton@gmail.com, contesto normlamente moi rápido así que cando queiras enviarme algo, xa sabes. Moitas grazas!!! Un saúdo.--[[Usuario:Segredos de Pantón|Segredos de Pantón]] ([[Conversa usuario:Segredos de Pantón|conversa]]) 29 de xaneiro de 2018 ás 22:23 (UTC)

== Re:Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia ==

Grazas! Engadín o modelo na páxina de conversa e creo que corrixín meus erros na páxina [[Cormac mac Cuilennáin]]. Podería revisar? [[Usuario:Leefeni de Karik|Leefeni de Karik]] ([[Conversa usuario:Leefeni de Karik|conversa]]) 30 de xaneiro de 2018 ás 01:36 (UTC)

Revisión como estaba o 30 de xaneiro de 2018 ás 01:36

administración

Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007

Caitlin Moran

Ola, pois que casualidade! Eu vina en artigos solicitados e animeime a traducir o seu artigo (que aínda non rematei... son así de lacazán). Un saúdo e a seguir! --Chairego apc (conversa) 7 de xaneiro de 2018 ás 19:45 (UTC)[responder]

Pedro Osorez de Ulloa

Diccionario biográfico colonial de Chile.

Ola Adrián, grazas.

Mais teño as miñas dúbidas de que se poida dicir que o tal Pedro naceu en Beade ou en Vigo. O que di a fonte (p. 627), exactamente é: "Natural de la ciudad de San Juan de Sa en Galicia".

Outra cuestión, que quizais descoñezas:
Wikidata sabe localizar tódolos concellos de Galicia, de España etc. Sabe a que provincia pertencen. De xeito que si en Wikidata pon que Fulano de Tal naceu no concello "X", wikidata "sabe" que Fulano naceu na provincia que sexa, no país que sexa e no continente que sexa.
Non así coas parroquias. Tódalas parroquias teñen ficha de seu en Wikidata, máis na maioría dos casos están incompletas. Por iso, se lle dis a Wikidata que Fulano naceu en Beade, aí se queda, Wikidata non sabe a onde pertence Beade. Porén, a solución é doada, hai que entrar na ficha da parroquia e dicirlle a que concello pertence (situado na unidade administrativa: Vigo) así. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xaneiro de 2018 ás 15:34 (UTC)[responder]

Modelo Biografía

Ola Estevo. Non vexo motivo para cambiar polo modelo {{biografía}} cando os artigos xa teñen un modelo máis axeitado como neste caso por exemplo. Unha cousa é incluílo nos que non teñen ningunha caixa, pero substituír os modelos máis particulares polo máis xenérico non me parece o máis axeitado. En todo caso o que habería que facer sería traballar con eses outros modelos máis particulares para darlles a funcionalidade que xa ten o xenérico pero adaptándoos as particularidades de cada un. Banjo tell me 11 de xaneiro de 2018 ás 07:26 (UTC)[responder]

Xa, pero o único motivo polo que non aparecían era porque o modelo non tiña os datos engadidos, sería máis axeitado ben engadirllos nese ou facer que ese modelo tome datos de wikidata da mesma forma. Si, é máis cómodo meterlle {{biografía}} sen máis e que teña xa os datos. Pero é impráctico e imposible de manter un só modelo con tódalas particularidades para escritores, actores, deportistas, científicos, astronautas, políticos... Ningunha wikipedia fai iso por ese motivo, non é práctico e sería un inferno codificalo e mantelo. O ideal debería ser que tódolos modelos particulares tiveran a funcionalidade de tomar certos datos do wikidata como fai ese, non limitar tódolos artigos de persoeiros a utilizar un só modelo limitado a determinados campos xenéricos. Banjo tell me 11 de xaneiro de 2018 ás 07:34 (UTC)[responder]
En ningún momento díxen que fora inútil. É máis, dixen que me parece ben incluílo nos artigos de biografías que non teñen ningunha outra caixa. O que non me parece axeitado é limitar tódalas biografías a un só modelo. Utilizar ese por defecto, agora mesmo, é unha solución rápida e sinxela para que os artigos teñan a súa caixa correspondente, pero non é o ideal para todos, nin creo que se deban substituír as caixas máis específicas. Se o resto de caixas teñen a "carencia" de non ter a funcionalidade de wikidata, o que habería que facer é traballalos para que tamén as teñan. Para según que campos xenéricos sería relativamente doado incluirlles esas funcionalidades tendo como base o que xa funciona. O que non se pode pretender é que un só modelo teña tódolos campos de {{Futbolista}}, {{Político}}, {{Actor}} ou {{Militar}} por exemplo, cando cada un destes está preparado para amosar información moi particular relacionada con cada unha das actividades profesionais concretas. Banjo tell me 11 de xaneiro de 2018 ás 07:49 (UTC)[responder]
Eu concordo con Banjo neste tema, hai fichas para determinados tipos de personalidades que teñen información moi específica, non se poden cambiar polo modelo simple de Biografía porque estamos perdendo eses campos específicos. Como comenta el, o que se debe facer é engadir as funcionalidades de Wikidata a eses modelos detallados, eu tiña pensado facelo nalgún momento despois do aniversario da Galipedia.
O que quizais si se podería facer é engadir co bot o modelo xenérico de Biografía ós artigos que non teñan ningunha ficha, mentres non se lles engada outra máis específica. Podería facelo revisando Categoría:Personalidades, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 09:07 (UTC)[responder]
@Elisardojm: Xa o pensara hai tempo. É sumamente complexo, hai demasiadas variables a ter en conta para o bot, demasiados marcadores de caixas diferentes como para evitar falsos positivos, acabaríamos probablemente con artigos con dúas caixas de información. Banjo tell me 11 de xaneiro de 2018 ás 09:13 (UTC)[responder]
@Banjo: Ah, tes razón, unha mágoa... E se se simplifica a busca? Quero dicir, non intentar engadir o maior número posible de modelos nos artigos, se non intentar engadir o modelo só nos artigos nos que saibas seguro que non hai ningún modelo. Sería meter a ficha nos artigos de personalidades que non teñan ningunha cadea {{. É certo que quedarán moitos artigos nos que non se engada porque usen algún modelo para algunha funcionalidade, pero si haberá algúns artigos nos que si se poida engadir sen problema, algo é algo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 09:21 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── @Elisardojm: co pywikibot imposible, demasiado lento e pouco fiable. Co AWB pilla artigos que non son personalidades, por como está definido a árbore de categorías, tampouco é factible. Banjo tell me 11 de xaneiro de 2018 ás 10:34 (UTC)[responder]

Fronte Popular (España)

Boas Estevoaei, o artigo Fronte Popular (España), que creaches ti, ten o marcador de investigacións orixinais, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 13:51 (UTC)[responder]

Wikidata

Introducín algúns datos en Wikidata (pouco a pouco, que non é meu...). O que pasa e que na columna de Ferramentas, á esquerda, non aparece "Elemento de Wikidata". Fáltame facer algo?--Jglamela (conversa) 12 de xaneiro de 2018 ás 19:30 (UTC)[responder]

Engadir afirmación en wikidata

Boas meu, a ver se me podes botar unha man. Eu sei como modificar os datos dun artigo en Wikidata, pero agora quero engadir un dato novo na páxina de Kazuo Ishiguro, é que me preguntou Soleil222 como facer para engadir que ten unha filla e non atopei como se fai. Podes dicirmo para outra vez? Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 13:16 (UTC)[responder]

Grazas, non o vira antes. O que pasa é que teño un problema, doulle a engadir a declaración, meto a propiedade "fillo" e poño o nome, pero a ligazón de "publicar" non está activa, así non podo gardar o cambio. Que pasa? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 23:28 (UTC)[responder]
Entón, só se poden meter propiedades que xa existan en wikidata? É dicir, para poder engadir a filla primeiro hai que crear ese elemento, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 23:59 (UTC)[responder]
Vale, tomo nota, moitas grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xaneiro de 2018 ás 00:12 (UTC)[responder]

Traducións

Imperdoábel!Unhanova (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 20:03 (UTC) Non revisei a TA da bibliografía porque sempre lle dou a non traducir nesa parte, hai esa opción, aínda que por defecto aplica a TA. Non me vai volver pasar (espero).Unhanova (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 20:07 (UTC)[responder]

Pregunta: cando pos

En vez de:

==Bibliografía==

==Véase también==
===Otros artículos===

===Enlaces externos===

==Notas==
{{listaref}}

Pon: ==Notas==
{{listaref}}

==Véxase tamén==
===Bibliografía===

===Outros artigos===

===Ligazóns externas===

Entendo que na Galipedia hai unha orde distinta na estrutura con respecto a outras Wikipedias? Unhanova (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 20:24 (UTC)[responder]

Wikiproxecto 10000

Pois non me decatara... copiei os datos directamente da lista de Meta-Wiki. Si, ten que haber un erro. Voulle escribir unha mensaxe ao usuario que se encarga de actualizar os datos a ver se o amaña. Grazas polo apunte e un saúdo. --Chairego apc (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 23:59 (UTC)[responder]

Díxome que o vai intentar arranxar antes da seguinte actualización mensual. Polo visto suma 9999 en tódalas linguas. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 19 de xaneiro de 2018 ás 14:59 (UTC)[responder]

Categoría movemento ecoloxista

Boas Estevoaei! Vin que eliminaches a categoría de "movemento ecoloxista" e incluíches os artigos dentro de "Ecoloxía" en Agricultura ecolóxica (un cambio automatizado, creo). O primeiro é un movemento social reivindicativo e o segundo é unha disciplina científica da Bioloxía. Moitas veces a reclamacións que fan os ecoloxistas non teñen unha base científica, cando menos sólida. (Así é que rifamos de cando en cando). O correcto é que estea dentro dunha categoría de "movemento ecoloxista" ou "ecoloxismo" e nunca en "Ecoloxía". Graciñas e saúdos!

DLG

Oes, Adrián.

Fixen este cadro, que igual que interesa. Nel se indica o estado actual dos artigos de marras. O ideal sería, claro, que algún día cheguemos a que todos teñan estreliña marela e bandeira de Galicia. --. HombreDHojalata.conversa 21 de xaneiro de 2018 ás 14:27 (UTC)[responder]

RE:contracción

O parámetro é |de=. {{Hab info}} xa o tiña definido, incluíno no modelo {{Gráfica de evolución}} tamén. Hai que poñer |de=do no código do modelo para eses artigos, utilizándoo en conxunción co parámetro |nome=. Un exemplo

Podo confirmarche que o polígono toma o seu nome dese lugar, malia a lixeira diferencia no nome. O que non sei con exactitude é si está dentro da demarcación do lugar, non teño nada á man que mo confirme 100%, e jujel é dificil de interpretar neste aspecto. Banjo tell me 21 de xaneiro de 2018 ás 22:26 (UTC)[responder]

¿Cómo se añaden valores en Wikidata?

Hola,

Me ha enseñado Elisardojm a introducir modificaciones en Wikidata. Ya he realizado 5 ediciones en algunos conceptos preexistentes. Pero no soy capaz de añadir valores nuevos.

Estoy ahora en la página de Chris Martin: https://www.wikidata.org/wiki/Q712860 Fui capaz de poner la fecha de nacimiento de Moses Martin y de añadir 2 referencias (2 URL). Pero no puedo añadir otro valor en el concepto "Child". Pretendo escribir "Apple Martin" (el nombre de su hija). Pero el sistema no me permite publicar, porque "Apple Martin" no es un nombre predeterminado. Solo me deja publicar "Apple" (una denominación aproximada).

Encuentro asimismo dificultades para editar la página de Albert Camus: https://www.wikidata.org/wiki/Q34670. Quiero añadir el nombre de su 1ª esposa (Simone Hié); pero me aparece el mensaje "No match was found" y no tengo opción de publicar.

¿Podría Ud. ayudarme?

Saludos.

Soleil222 (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 18:12 (UTC)[responder]

Estevo, dígolle que mire o que me deixaches a min na conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 19:03 (UTC)[responder]

Reference URL - End Time

Hola de nuevo. He revisado la biografía de Olivier Todd. Finalmente he encontrado su fecha de nacimiento. Tengo algunas dificultades técnicas... Puse una "reference URL" del "start time", pero no soy capaz de insertar una "reference URL" del "end time". Pretendo aportar este link en la sección "end time": https://books.google.es/books?id=UqeNR5qdHSkC&pg=PA19&lpg=PA19&dq=%22September+1940%22+%22Camus%27s+divorce+from+his+first+wife%22&source=bl&ots=j02mVy_sCv&sig=emdJz1UGJwTdytQaQ65daCsbXuw&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwiekKm2g-7YAhXCNxQKHaWfAh4Q6AEIJzAA#v=onepage&q=%22September%201940%22%20%22Camus's%20divorce%20from%20his%20first%20wife%22&f=false Pero aparece en "start time": https://www.wikidata.org/wiki/Q47484792 Ayer no rellené la categoría "spouse" porque no sabía desplegar "add statement". Ya me he dado cuenta hoy de que se pueden añadir "more" fields.

Soleil222 (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 12:13 (UTC)[responder]

RE:mover artigos

Perdoa Estevoaei, tes razón, sempre o esquezo... As miñas desculpas. --Krisko (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 21:57 (UTC)[responder]

Discordo

Ola Estevoaei. Casualmente vin a túa mensaxe na conversa de Nemigo. Non concordo en absoluto coas formas empregadas nesta edición, non me parece un xeito axeitado de dirixirse a ningún usuario (e máis aínda cando hai moitos usuarios que cometen o erro de "con + a" e non se lles fala neses termos). Un saúdo, Piquito (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 23:48 (UTC)[responder]

Parámetros obsoletos

Bo día, usando a interface de citas introduce un parámetro obsoleto. Lles (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 10:33 (UTC) O que quería trasladar era o aviso de que a interface produce ese erro por se é posíbel emendala. Lles (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 12:40 (UTC)[responder]

A miña proposta é por se alguén sabe solucionar o cadro de diálogo que causa ese parámetro obsoleto, xa que foi causado por un cadro de diálogo (era o que quería dicir coa interface, non era polo aviso que se xera unha vez publicado). Lles (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 13:55 (UTC)[responder]

Non me dou explicado. Cando volva abrir o cadro de diálogo e haxa máis dun autor, vai volver xerarse o mesmo erro que haberá que solucionar manualmente e o mesmo lle vai pasar a outra persoa que faga o mesmo. Eu quería saber se habería alguén que soubese cambiar ese cadro de diálogo para que non xerase ese parámetro que xa non existe. Lles (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 15:02 (UTC)[responder]

É na cita de libros onde me entrou a min e foi en galego. Non sei se é común co de castelán. Por exemplo, nesta mesma páxina, onde pon modelos usas citar libros e pos a engadir máis campos. Lles (conversa) 27 de xaneiro de 2018 ás 22:19 (UTC)[responder]

Somos xa 11. ※ Sobreira ►〓 parlez 29 de xaneiro de 2018 ás 10:50 (UTC)[responder]

Correo electrónico a Segredos de Pantón

Ola perdón, por non contestar antes. Pero ando un chisco liado cunha charla. Pero se queres contactar comigo o meu correo é segredosdepanton@gmail.com, contesto normlamente moi rápido así que cando queiras enviarme algo, xa sabes. Moitas grazas!!! Un saúdo.--Segredos de Pantón (conversa) 29 de xaneiro de 2018 ás 22:23 (UTC)[responder]

Re:Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia

Grazas! Engadín o modelo na páxina de conversa e creo que corrixín meus erros na páxina Cormac mac Cuilennáin. Podería revisar? Leefeni de Karik (conversa) 30 de xaneiro de 2018 ás 01:36 (UTC)[responder]