Neorrenacemento: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
m →‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:HH Rathaus pano1.jpg|thumb|right|250px|Concello de [[Hamburgo]], ([[Alemaña]]), edificio neorrenascentista alemán, construído entre [[1884]] e [[1887]].]]
[[Ficheiro:HH Rathaus pano1.jpg|miniatura|right|250px|Concello de [[Hamburgo]], ([[Alemaña]]), edificio neorrenascentista alemán, construído entre [[1884]] e [[1887]].]]
O '''Neorrenacemento''' ou '''Neorrenacentismo''' é unha das correntes principais da [[arquitectura historicista]] xurdida no [[século XIX]]. Aínda que o estilo se manifestou principalmente na arquitectura, tamén influiu nas artes decorativas. Como indica o seu nome, o estilo retomaba as formas arquitectónicas e decorativas do [[Renacemento]] europeo dos séculos [[século XV|XV]], [[século XVI|XVI]] e principios do [[século XVII|XVII]].
O '''Neorrenacemento''' ou '''Neorrenacentismo''' é unha das correntes principais da [[arquitectura historicista]] xurdida no [[século XIX]]. Aínda que o estilo se manifestou principalmente na arquitectura, tamén influiu nas artes decorativas. Como indica o seu nome, o estilo retomaba as formas arquitectónicas e decorativas do [[Renacemento]] europeo dos séculos [[século XV|XV]], [[século XVI|XVI]] e principios do [[século XVII|XVII]].



Revisión como estaba o 28 de xaneiro de 2018 ás 21:57

Concello de Hamburgo, (Alemaña), edificio neorrenascentista alemán, construído entre 1884 e 1887.

O Neorrenacemento ou Neorrenacentismo é unha das correntes principais da arquitectura historicista xurdida no século XIX. Aínda que o estilo se manifestou principalmente na arquitectura, tamén influiu nas artes decorativas. Como indica o seu nome, o estilo retomaba as formas arquitectónicas e decorativas do Renacemento europeo dos séculos XV, XVI e principios do XVII.

A arquitectura renacentista orixinal caracterizouse por unha gran variedade de formas dependendo da época e do país. De xeito similar, a arquitectura neorrenacentista tivo diversas vertentes con diferentes características nacionais e rexionais, dependendo de que as fontes de inspiración foran o renacemento italiano, francés, xermánico, inglés, ou outro. Debido a iso é difícil definir características comúns do estilo, podéndose considerar que existen varios estilos neorrenacentistas.

Outro factor importante é que, frecuentemente, os proxectos mesturaban elementos da arquitectura neorrenacentista como o neogótico, o neoclasicismo e o neobarroco, dando uns edificios eclécticos. Deste xeito, obras importantes como a Ópera Garnier (1861-74) de París e a Semperoper (1871-78) de Dresden son unha mestura de renacemento, barroco e neoclasicismo.

Algúns dos modelos máis comúns para a arquitectura neorrenascentista foron os palazzi renacentistas italianos, como o Palazzo Pitti de Florencia e o Palazzo Farnese de Roma. Na vertente francesa os modelos foron os châteaux, como o Château de Chambord e o Château de Blois, localizados no val do río Loira. En Alemaña e o norte de Europa varias prefecturas (Rathäuser) e pazos dos séculos XVI e XVII serviron de modelo, mentres que en Inglaterra os modelos comunmente usados foron as casas de campo e pazos do período isabelino.

Os dous estilos principais son o estilo italianizante e o estilo Segundo Imperio, este último principalmente en Francia cando están presentes características barrocas. Desenvolveuse sobre todo en Alemaña e Dinamarca, saltando a finais do século aos Estados Unidos.

Galería

Véxase tamén

Outros artigos