Erase Errata: Diferenzas entre revisións
m →top: Arranxos varios, replaced:

(3) |

Liña 9: | Liña 9: | ||
| xénero = [[post-punk revival]], [[rock alternativo]], [[noise rock]], [[indie rock]] |
| xénero = [[post-punk revival]], [[rock alternativo]], [[noise rock]], [[indie rock]] |

| selo = Troubleman Unlimited, Kill Rock Stars, Lungcast |
| selo = Troubleman Unlimited, Kill Rock Stars, Lungcast |

| membros = Jenny Hoyston
Ellie Erickson
Bianca Sparta |
| membros = Jenny Hoyston
Ellie Erickson
Bianca Sparta |

| antigos_membros = Sara Jaffe
Archie McKay |
| antigos_membros = Sara Jaffe
Archie McKay |

| web = http://www.eraseerrata.com/ |
| web = http://www.eraseerrata.com/ |

Revisión como estaba o 28 de xaneiro de 2018 ás 20:09
Erase Errata | |

Orixe | San Francisco, |
Período | 1999 - actualidade |
Xénero(s) | post-punk revival, rock alternativo, noise rock, indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Troubleman Unlimited, Kill Rock Stars, Lungcast |
Membros | Jenny Hoyston Ellie Erickson Bianca Sparta |
Antigos membros | Sara Jaffe Archie McKay |
Na rede | |
http://www.eraseerrata.com/ | |
Erase Errata é unha banda de rock alternativo estadounidense procedente de San Francisco. Adoitan citar a Captain Beefheart, The Fall e Minutemen como inspiración. O grupo usa a improvisación como unha ferramenta de composición e cada unha das súas actuacións é unha manifestación única das súas cancións.
Historia
Erase Errata formouse en Oakland en 1999 e rapidamente gañou fama en todo o país despois da edición do seu 7" de estrea, Erase Errata, e grazas a xiras ao lado da banda de electro grrl Le Tigre e ao grupo de noise rock Melt Banana. Lanzaron o seu aclamado primeiro álbum Other Animals en 2001, seguido de At Crystal Palace en 2003, ambos a través do selo Troubleman Unlimited. O grupo comezou a contar entón con Sonic Youth, Mission of Burma e The Ex entre os seus seareiros.
Despois de que a guitarrista fundadora Sara Jaffe deixase Erase Errata en 2004, a vocalista Jenny Hoyston pasouse á guitarra e durante un tempo a banda víuse forzada a ter un vocalista masculino chamado Archie McKay. Finalmente o grupo converteuse nun trío, con Hoyston como guitarrista e vocalista. No ano 2006 editaron o álbum Nightlife, pasando a formar parte do plantel do selo Kill Rock Stars.
Tras o lanzamento no ano 2010 do sinxelo "Damaged" a banda pasou un período de catro anos inactiva. O día 20 de xaneiro do ano 2015 Erase Errata publicou o seu cuarto álbum de estudio, Lost Weekend, a través do seu propio selo Under the Sun.[1]
Discografía
Álbums de estudio
- Other Animals - 2001 (Troubleman Unlimited)
- At Crystal Palace - 2003 (Troubleman Unlimited)
- Nightlife - 2006 (Kill Rock Stars)
- Lost Weekend - 2015 (Under the Sun)
Recompilatorios
- Fields And Streams - 2002 (Kill Rock Stars)
Notas
- ↑ Pitchfork (ed.). "Erase Errata Return With New Album Lost Weekend. Share "My Life in Shadows"". Consultado o 20 de febreiro de 2015.