Tomeza, Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios, replaced: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San → Parroquias de Galicia baixo a advocación de san
mSen resumo de edición
Liña 6: Liña 6:
|mapa =
|mapa =
|concello = Pontevedra
|concello = Pontevedra
|superficie = 4,23
|provincia=|superficie = 4,23
|poboación = 1.039
|poboación = 1.000
|ano = 2014
|ano = 2017
|entidades = 11
|entidades = 11
}}
}}
'''San Pedro de Tomeza''' é unha parroquia situada no suroeste do concello de [[Pontevedra]]. Segundo o padrón municipal de [[2014]] tiña 1.039 habitantes (495 homes e 544 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminuación en relación ao ano [[1999]] cando tiña 1.104 habitantes.
'''San Pedro de Tomeza''' é unha parroquia situada no suroeste do concello de [[Pontevedra]]. Segundo o padrón municipal de [[2017]] tiña 1.000 habitantes (472 homes e 528 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminuación en relación ao ano [[1999]] cando tiña 1.104 habitantes.


==Xeografía==
==Xeografía==

Revisión como estaba o 24 de xaneiro de 2018 ás 12:08

Coordenadas: 42°24′08″N 08°37′32″O / 42.40222, -8.62556

Tomeza
Ficheiro:Tomeza.jpg
Igrexa de San Pedro de Tomeza.
ConcelloPontevedra
Coordenadas42°24′08″N 8°37′32″O / 42.40222222, -8.62555556Coordenadas: 42°24′08″N 8°37′32″O / 42.40222222, -8.62555556{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Área4,23 km²
Poboación1.000 hab. (2017)
Densidade236,41 hab./km²
Entidades de poboación11
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Tomeza é unha parroquia situada no suroeste do concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 1.000 habitantes (472 homes e 528 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminuación en relación ao ano 1999 cando tiña 1.104 habitantes.

Xeografía

Limita coas parroquias de Salcedo, Marcón, Mourente e A Canicouva, á que pertenceu cando era concello de seu.

A parroquia está atravesada pola ruta portuguesa do camiño de Santiago, que transcorre paralela ao río dos Gafos.

Historia

No seu momento pertenceu ao concello de Mourente.

Festas e Romarías

A ermida de San Cibrán está situada no monte do mesmo nome. O luns de Pascua celébrase unha romaría na honra do santo. Segundo a tradición, para afastar o meigallo cómpre dar sete voltas á capela tirando sete pedras no seu tellado. No templo hai unha imaxe da Virxe da Peregrina.

As festas parroquiais de San Pedro celébranse o 28 e 29 de xuño no lugar de Lusquiños.

A parroquia é terra de canteiros, sendo o de maior sona o mestre Daniel, o célebre canteiro de Tomeza, autor entre outras pezas das escaleiras da Casa do Concello de Pontevedra.

O primeiro domingo de agosto celébrase a Festa do Canteiro, homenaxeando cada ano o labor dun escultor da pedra. Entre outros, un dos homenaxeados foi Sebastián Casalderrey, autor da imaxe da Virxe da Peregrina do Albergue dos Peregrinos e das figuras representadas na fonte da praza de Compostela, en Pontevedra.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Tomeza

Lugares da parroquia de Tomeza no concello de Pontevedra

O Alcouce | A Carballa | O Casal do Río | Lusquiños | O Marco | O Pobo | O Pombal | Pumariño | San Pedro | A Valadiña

Parroquias de Pontevedra

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | Campañó (San Pedro) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | San Xosé (San Xosé) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)

Véxase tamén

Outros artigos