Academia Literaria de Santiago: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 6: Liña 6:
A través dela pretendía vincularse coa academia literaria do XVIII, a academia foi creada a imitación do Liceo Artístico y Literario de Madrid. O promotor da Academia foi o militar ferrolán [[Domingo Díaz de Robles]], fundador do xornal ''[[El Idólatra de Galicia]]'', sendo o seu primeiro presidente o presbítero [[Pedro Losada Rodríguez]] (que foi censor da mesma anos despois). Na Academia discutíanse toda clase de temas: relixión, filosofía, historia, e sobre todo temas sociais; sendo desta maneira un dos centros mais efectivos de politización universitaria<ref>X.R. Barreiro Fernández "El levantamiento de 1846 y el nacimiento del galleguismo" Santiago de Compostela, 1977 Editorial Pico Sacro</ref>.

Entre os seus membros destacan, Losada Rodríguez, Díaz de Robles, [[Neira de Mosquera]], [[Antonio Romero Ortiz]], J. M. Rodríguez Carracido, Valenzuela y Ozores, [[José Domínguez Izquierdo]], [[Vicente Manuel Cociña Vizoso]], [[José María Posada]], os irmáns Rúa Figueroa e participando [[Francisco Añón]], [[Leopoldo Martínez Padín]], J. María Gil, Joaquín Amigo, [[Antolín Faraldo]], [[Augusto Ulloa Castañón]], [[Alberto Camino]] e outros destacados literatos e activistas políticos como Bermúdez Cedrón, Taboada y Terrazo e Garea. A maior parte deles militaban no Partido Progresista, no [[Partido Moderado]] ou compórtanse como tales, deron en ser a primeira elite galega que servirían para que agromase o [[Rexurdimento]] o [[Provincialismo]], sementando a raíz do [[galeguismo]] e algúns mesmo participando no [[levantamento de 1846]] debido ó seu compromiso con Galicia iniciando unha nova prensa a través do romanticismo social de [[Víctor Hugo]].
Entre os seus membros destacan, Losada Rodríguez, Díaz de Robles, [[Neira de Mosquera]], [[Antonio Romero Ortiz]], J. M. Rodríguez Carracido, Valenzuela y Ozores, [[José Domínguez Izquierdo]], [[Vicente Manuel Cociña Vizoso]], [[José María Posada]], os irmáns Rúa Figueroa e participando [[Francisco Añón]], [[Leopoldo Martínez Padín]], J. María Gil, Joaquín Amigo, [[Antolín Faraldo]], [[Augusto Ulloa Castañón]], [[Alberto Camino]] e outros destacados literatos e activistas políticos como Bermúdez Cedrón, Taboada y Terrazo e Garea. A maior parte deles militaban no Partido Progresista, no [[Partido Moderado]] ou compórtanse como tales, deron en ser a primeira elite galega que servirían para que agromase o [[Rexurdimento]] o [[Provincialismo]], sementando a raíz do [[Galeguismo (política)|galeguismo]] e algúns mesmo participando no [[levantamento de 1846]] debido ó seu compromiso con Galicia iniciando unha nova prensa a través do romanticismo social de [[Víctor Hugo]].

Este compromiso con Galicia coincide co fenómeno da crise de identidade da [[fidalguía]] en Galicia, estamento social ao que pertence a maioría, que vendo que é imposible a volta ó absolutismo, loita polo liberalismo rexionalista e gobernar o seu pobo e non que o fagan os de fora, pondo isto de manifesto na [[Revolución de 1846]], no que conflúen diversos estamentos e Romero Ortiz e Antolín Faraldo prestan apoio a formar o [[Batallón Literario]] para axudar ás tropas provincialistas axudando xa como enlaces e combatentes.

Revisión como estaba o 20 de xaneiro de 2018 ás 12:34

A Academia Literaria de Santiago foi unha institución cultural decimonómica da cidade de Santiago de Compostela, plataforma de debates dos mozos provincialistas da xeración universitaria de 1846.

Historia

Fundada en 1840, en plena etapa de liberdades conseguidas pola vitoria do Partido Progresista coa rexencia de Espartero; varios mozos universitarios conseguen do Capitán Xeneral de Galicia, Fermín Iriarte, a cesión do refectorio do mosteiro de San Martiño Pinario para celebrar as súas sesións, o que será motivo de agradecemento por parte de Domingo Díaz de Robles, que lle adicara un extenso poema[1].

A través dela pretendía vincularse coa academia literaria do XVIII, a academia foi creada a imitación do Liceo Artístico y Literario de Madrid. O promotor da Academia foi o militar ferrolán Domingo Díaz de Robles, fundador do xornal El Idólatra de Galicia, sendo o seu primeiro presidente o presbítero Pedro Losada Rodríguez (que foi censor da mesma anos despois). Na Academia discutíanse toda clase de temas: relixión, filosofía, historia, e sobre todo temas sociais; sendo desta maneira un dos centros mais efectivos de politización universitaria[2].

Entre os seus membros destacan, Losada Rodríguez, Díaz de Robles, Neira de Mosquera, Antonio Romero Ortiz, J. M. Rodríguez Carracido, Valenzuela y Ozores, José Domínguez Izquierdo, Vicente Manuel Cociña Vizoso, José María Posada, os irmáns Rúa Figueroa e participando Francisco Añón, Leopoldo Martínez Padín, J. María Gil, Joaquín Amigo, Antolín Faraldo, Augusto Ulloa Castañón, Alberto Camino e outros destacados literatos e activistas políticos como Bermúdez Cedrón, Taboada y Terrazo e Garea. A maior parte deles militaban no Partido Progresista, no Partido Moderado ou compórtanse como tales, deron en ser a primeira elite galega que servirían para que agromase o Rexurdimento o Provincialismo, sementando a raíz do galeguismo e algúns mesmo participando no levantamento de 1846 debido ó seu compromiso con Galicia iniciando unha nova prensa a través do romanticismo social de Víctor Hugo.

Este compromiso con Galicia coincide co fenómeno da crise de identidade da fidalguía en Galicia, estamento social ao que pertence a maioría, que vendo que é imposible a volta ó absolutismo, loita polo liberalismo rexionalista e gobernar o seu pobo e non que o fagan os de fora, pondo isto de manifesto na Revolución de 1846, no que conflúen diversos estamentos e Romero Ortiz e Antolín Faraldo prestan apoio a formar o Batallón Literario para axudar ás tropas provincialistas axudando xa como enlaces e combatentes.

Notas

  1. Neira de Mosquera "Monografías de Santiago" Santiago, 1850, reproducidos en Monografías de Santiago y dispersos, por B. Varela Jácome, Santiago 1960, pp. 177-194
  2. X.R. Barreiro Fernández "El levantamiento de 1846 y el nacimiento del galleguismo" Santiago de Compostela, 1977 Editorial Pico Sacro

Véxase tamén

Outros artigos