Aethelflaed: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Casa de Wessex mediante HotCat
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 1: Liña 1:
{{biografía}}
[[Ficheiro:Æthelflæd_as_depicted_in_the_cartulary_of_Abingdon_Abbey.png|miniatura|Aethelflaed]]
[[Ficheiro:Æthelflæd_as_depicted_in_the_cartulary_of_Abingdon_Abbey.png|miniatura|Aethelflaed]]
'''Aethelflaed de Wessex''' (Æthelflæd), nada en [[869]] e finada o [[12 de xuño]] de [[918]], foi a filla maior de [[Alfredo o Grande]] e da súa esposa [[Aethelswitha]]. Casou con [[Aethelred II de Mercia]], a cuxa morte, gobernou o reino. A [[Crónica anglosaxoa]] denomínaa ''Señora dos mercios''.
'''Aethelflaed de Wessex''' (Æthelflæd), nada en [[869]] e finada o [[12 de xuño]] de [[918]], foi a filla maior de [[Alfredo o Grande]] e da súa esposa [[Aethelswitha]]. Casou con [[Aethelred II de Mercia]], a cuxa morte, gobernou o reino. A [[Crónica anglosaxoa]] denomínaa ''Señora dos mercios''.

Revisión como estaba o 17 de xaneiro de 2018 ás 20:51

Aethelflaed
Nacementoc. 870
Falecemento12 de xuño de 918 e 918
Lugar de falecementoTamworth
SoterradaSt Oswald's Priory, Gloucester
NacionalidadeWessex e Mercia
EtniaSaxóns
Ocupaciónraíña
PaiAlfredo o Grande
NaiElesvita
CónxuxeAethelred II de Mercia
FillosAelfwynn
IrmánsElfrida de Wessex, Eduardo o Vello, Etelverdo (filho de Alfredo) e Etelgiva
Na rede
WikiTree: Wessex-333
editar datos en Wikidata ]
Aethelflaed

Aethelflaed de Wessex (Æthelflæd), nada en 869 e finada o 12 de xuño de 918, foi a filla maior de Alfredo o Grande e da súa esposa Aethelswitha. Casou con Aethelred II de Mercia, a cuxa morte, gobernou o reino. A Crónica anglosaxoa denomínaa Señora dos mercios.

Mercia e os viquingos

Os viquingos daneses invadiron a maioría dos reinos ingleses durante o século IX. Alfredo o Grande e os seus descendentes reconquistaron os territorios para Wessex a finais do século e comezos do século X.

Como recoñecemento á axuda de Mercia, Alfredo preferiu desposar á súa filla Aethelflaed con Aethelred II, no canto de exercer un dominio directo cunha conquista. Co matrimonio, Aethelred II recibiu o título de ealdorman ou conde de Mercia, ademais dunha certa autonomía.

Dado que o oeste de Mercia nunca estivo baixo control dos daneses, tratábase dunha medida prudente que deu os seus froitos.

Goberno de Mercia

Á morte do seu marido, Aethelflaed gobernou desde 911 até 918, ano en que morreu, construíndo fortificacións e emprendendo expedicións militares. Foi enterrada na igrexa de san Pedro (agora, convento de san Oswald), de Gloucester, cidade que reconstruíra a partir das ruínas romanas.

A herdeira foi a súa filla Aelfwynn, pero debido á correlación de forzas, viuse obrigada a someterse ao seu irmán, o rei Eduardo o Vello de Wessex, cuxos sucesores completaron a unión de Mercia a Wessex, o que resultou ser o principio da Inglaterra unificada.

Véxase tamén

Bibliografía