Unidade Galega (coalición): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios +cda
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
:''Para o partido político formado en 1991, vexa [[Unidade Galega (partido)]]''
:''Para o partido político formado en 1991, vexa [[Unidade Galega (partido)]]''
[[Ficheiro:Elecciones generales 1979 Distrito electoral de Pontevedra. Diputados. Unidade Galega.jpg|miniatura|esquerda|Papeleta de Unidade Galega no Distrito electoral de Pontevedra nas [[Eleccións xerais de España de 1979|Eleccións xerais de 1979]].]]
{{Partido Político
{{Partido Político
|nome = Unidade Galega (UG)
|nome = Unidade Galega (UG)

Revisión como estaba o 7 de xaneiro de 2018 ás 21:50

Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)
Papeleta de Unidade Galega no Distrito electoral de Pontevedra nas Eleccións xerais de 1979.
Unidade Galega (UG)
Coalición do PSG, Partido Galeguista e o Partido Obreiro Galego (Galiza)
Dirixentes e organización
LíderFrancisco Fernández del Riego, Camilo Nogueira e Avelino Pousa Antelo
Historia
Fundación1978
Disolución1980
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo galego
Socialismo
Federalismo

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.

A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.

As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.