Pobo potawatomi: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:
|imaxe = [[Ficheiro:Leopold Pokagon.jpg|250px]]
|imaxe = [[Ficheiro:Leopold Pokagon.jpg|250px]]
|pé = [[Leopold Pokagon]], xefe potawatomi.
|pé = [[Leopold Pokagon]], xefe potawatomi.
|poboación = 15 000
|poboación = 28 000
|país1 = {{CAN}}
|país1 = {{CAN}}
|poboación1 = [[Ontario]]
|poboación1 = [[Ontario]]

Revisión como estaba o 7 de xaneiro de 2018 ás 15:56

Pobo potawatomi
Leopold Pokagon, xefe potawatomi.
Poboación
Poboación total:
28 000
Rexións principais:
CanadáOntario
Estados Unidos de América Estados UnidosIndiana, Kansas, Míchigan, Oklahoma e Wisconsin
Aspectos culturais
LinguaLingua potawatomi e inglés
RelixiónMidewiwin, animismo e cristianismo
Grupos
relacionados
Ojibwa, ottawa e outros pobos algonquinos

Os potawatomi son un pobo indíxena do grupo anishinaabe que habita na rexión das Grandes Chairas, ó norte do río Mississippi e no oeste da rexión dos Grandes Lagos. Están relacionados cos pobos ojibwa e ottawa. Tradicionalmente, falan a lingua potawatomi, pertencente á familia algonquina. Os potawatomi chámanse a si mesmos Neshnabé, un conato da palabra Anishinaabe. Os potawatomi formaban parte dunha alianza de longa duración, coñecida como concilio de tres lumes, cos pobos ojibwe e ottawa. No concilio de tres lumes, os potawatomi eran considerados o "irmán máis novo" ou bodéwadmi.

No século XIX, foron forzados a trasladarse cara ó oeste polos europeos e foron recluídos en reservas en Oklahoma. Por mor da deportación masiva de indíxenas, moitos cederon as súas terras e foron recolocados en Nebrasca, Kansas e o Territorio Indio. Algunhas bandas sobreviviron no Medio Oeste e no presente forman tribos recoñecidas. No Canadá, existen máis de 20 bandas de potawatomi.

Véxase tamén

Ligazóns externas