Burgo das Nacións: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Jglamela (conversa | contribucións)
Coordenadas
Liña 1: Liña 1:
{{coordenadas|42|53|N|8|32|W|display=title}}
{{coordenadas|42|53|25|N|8|32|39|W|display=title}}


O '''Burgo das Nacións''' é un complexo residencial situado en [[Vite, Vista Alegre, Santiago de Compostela|Vite]] ([[Vista Alegre, Santiago de Compostela|Vista Alegre]]), construído con carácter provisorio en [[1965]] para albergar os [[peregrino]]s que viñan a [[Santiago de Compostela]] nese [[Ano Santo Xacobeo]].
O '''Burgo das Nacións''' é un complexo residencial situado en [[Vite, Vista Alegre, Santiago de Compostela|Vite]] ([[Vista Alegre, Santiago de Compostela|Vista Alegre]]), construído con carácter provisorio en [[1965]] para albergar os [[peregrino]]s que viñan a [[Santiago de Compostela]] nese [[Ano Santo Xacobeo]].

Revisión como estaba o 5 de xaneiro de 2018 ás 22:47

Coordenadas: 42°53′25″N 8°32′39″O / 42.89028, -8.54417

O Burgo das Nacións é un complexo residencial situado en Vite (Vista Alegre), construído con carácter provisorio en 1965 para albergar os peregrinos que viñan a Santiago de Compostela nese Ano Santo Xacobeo.

Características

Foi explotado pola Administración Turística Española e chegou a ter unha capacidade de preto de 4 000 prazas distribuídas en 47 pavillóns. Rematado o Xacobeo 1965, este conxunto de módulos, construídos con materiais lixeiros e efémeros, cubriu deficiencias e albergou institucións necesitadas de instalacións: foi residencia de posgraduados, aulario de varias especialidades universitarias, sede da imprenta da Universidade e da súa gardería e acolleu as dependencias da Policía Nacional, entre outros usos.

En 1979 a Universidade de Santiago comezou a utilizar o Burgo das Nacións como residencia universitaria mixta e, no curso académico de 1986-87, iniciáronse as obras do edificio da actual residencia de estudantes, que ocupa unha parte do complexo inicial, fronte ao Auditorio de Galicia, obras que remataron no curso 1992-93.

Véxase tamén

Ligazóns externas