RAI: Diferenzas entre revisións
m (GR) File renamed: File:Rai - Logo 2017.svg → File:Rai - Logo 2016.svg File renaming criterion #3: To correct obvious errors in file names, including misspelled [[c::en:Noun#Proper nouns and common n... |
m Arranxos varios + cda, replaced: |thumb| → |miniatura| |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Rai - Logo 2016.svg| |
[[Ficheiro:Rai - Logo 2016.svg|miniatura|RAI logo]] |
||
'''RAI''' ou '''Radiotelevisione Italiana''', coñecida ata [[1954]] como '''Radio Audizioni Italiane''',<ref>[http://www.radiomarconi.com/marconi/storia_radio.html La radio in Italia cronologia]</ref> é a empresa de radiodifusión pública de [[Italia]]. É a maior empresa de televisión de Italia, e compite coas cadeas privadas de empresas como [[Mediaset]], [[Telecom Italia Media]] ou [[Sky Italia]]. A RAI opera varias canles de [[radio (medio de comunicación)|radio]] e de [[televisión]], emitindo no sistema analóxico terrestre ata o [[2013]], vía [[TDT|televisión dixital]] e por satélite. Foi un dos 23 membros fundadores da [[Unión Europea de Radiodifusión]] no ano [[1950]]. |

Liña 57: | Liña 57: | ||
{{Canles de televisión nacionais de Europa}} |
{{Canles de televisión nacionais de Europa}} |
||
{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:Cadeas de televisión de Italia]] |
[[Categoría:Cadeas de televisión de Italia]] |
Revisión como estaba o 5 de xaneiro de 2018 ás 13:58
RAI ou Radiotelevisione Italiana, coñecida ata 1954 como Radio Audizioni Italiane,[1] é a empresa de radiodifusión pública de Italia. É a maior empresa de televisión de Italia, e compite coas cadeas privadas de empresas como Mediaset, Telecom Italia Media ou Sky Italia. A RAI opera varias canles de radio e de televisión, emitindo no sistema analóxico terrestre ata o 2013, vía televisión dixital e por satélite. Foi un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión no ano 1950.
Debido á súa proximidade xeográfica con Italia, o sinal da RAI tamén se pode recibir en países como Albania, Suíza, Mónaco, Malta, San Marino, a Cidade do Vaticano, Eslovenia ou Croacia.
Orixes
A RAI naceu coma unha empresa privada coñecida como Unione Radiofonica Italiana (URI) e foi creada no ano 1924 por varios empresarios privados e membros do grupo Marconi. A URI realizou a súa primeira emisión de radio o 24 de outubro dese ano cun cuarteto de Haydn.
No ano 1927 a URI foi renomeada como Ente Italiano Audizioni Radiofoniche (EIAR). Sobrevivíu ata 1944 cando, baixo presión dos Aliados, foi renomeada Radio Audizioni Italiane, ou RAI.
Non foi ata o 1954 cando a RAI adquiriu a súa estrutura actual. Nese ano o estado italiano adquiriu parte da empresa, e a RAI comezou as súas emisións de televisión. O 3 de xaneiro de 1954 as 11:00, a primeira grella de televisión foi emitida desde a oficina de Milán e desde as subsés de Turín e Roma. Ás dúas dese mesmo día comezou a primeiro programa de televisión da historia italiana Arrivi e partenze, dirixido por Armando Pizzo e Mike Bongiorno.
Servizos
Radio
- Rai Radio 1: Noticias e información
- Rai Radio 2
- Rai Radio 3: música clásica
- Rai Radio Tutta Italiana
- Rai Radio Classica
- Rai Radio Techete'
- Rai Radio Live
- Rai Radio Kids
- Rai Gr Parlamento: Emisións desde o Parlamento Italiano
- Rai Isoradio
- Rai Südtirol Radio: en alemán, só emite na provincia de Bolzano
- Radio Trst A: en esloveno, só en Friúl-Venecia Xulia
Televisión
Émisión analóxica (ata o 2012), dixital e satélite:
- Rai 1
- Rai 2
- Rai 3
- Rai 4: entretemento
- Rai Südtirol: en alemán, só en Bolzano-Bozen unhas poucas horas ó día;
Emisión en dixital:
- Rai News 24 [s]: noticias
- Rai Sport [s]: deportes
- Rai Gulp [s]: destinado á mocidade
- Rai Storia [s]: educación e cultura
- Rai Scuola [s]: educación e cultura
[s]: tamén dispoñible vía satélite
Emisión vía satélite:
- Rai Scuola
- Camera dei Deputati
- Senato Italiano
Internacional
- Rai Italia: emisión dos mellores programas da RAI