Pato Lucas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios + cda
Liña 35: Liña 35:
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
{{commonscat|Daffy Duck|Pato Lucas}}
{{commonscat|Daffy Duck|Pato Lucas}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Looney Tunes]]
[[Categoría:Looney Tunes]]

Revisión como estaba o 5 de xaneiro de 2018 ás 13:49

O Pato Lucas como Carmen Miranda en Yankee Doodle Daffy, 1943.

O Pato Lucas[1] (Daffy Dumas Duck nome en inglés orixinal), xurdido o 17 de abril de 1937, é un parrulo bravo que aparece en diferentes capítulos do programa de debuxos animados Looney Tunes, só ou na compaña de Bugs Bunny, Yosemite Sam (Sam Bigotes), Porky Pig, Elmer Fudd, ou Speedy Gonzales, de carácter avarento, rabuxento e lingoreteiro, vémolo desenvolvendo varios papeis (vendedor de seguros, heroe intergaláctico, suplantador ou dobre de Bugs Bunny etc.) aínda que todos os seus plans rematan case sempre en fracasos.

Porén, cómpre salientar que cando se creou o personaxe (1937), este era bastante tolo e non tiña mal xenio ningún, polo que ademais todo lle saía ben tal como ao Bugs Bunny.

Nuns debuxos do Pato Lucas de 1937, comparado cuns de hoxe, pódese apreciar que cando o personaxe está con Elmer Fudd é un parrulo tolo, e cando se atopa co Bugs Bunny é endemoñado, fungón e desafortunado.

Curiosidades

Na serie animada Os Simpson, Abe Simpson cítao coma un dos seus amigos relacionados co Partido Comunista dos Estados Unidos, en clara referencia á era McCarthy.

O Pato Lucas apareceu coma o malo en "Law and Toons" de Flash Toons de Nickelodeon.

O mesmo ca Bugs Bunny, Lucas tamén ten unha famosa frase característica, Es despreciábel, frase coa que sempre arremete cara Bugs. Frase que unha vez utiliza o Joker na serie a liga da xustiza a Batman.

Actores de voz

Estados Unidos

Fala hispana

Na fala hispana, coa que se emitiu en Galiza, o personaxe tivo diferentes actores de dobraxe. O personaxe foi interpretado por Jorge Arvizu nas súas primeiras aparicións, para ser retomado por Arturo Mercado. Actualmente a voz do personaxe recae en Luis Alfonso Mendoza, aínda que a dobraxe hoxe en día adoita ser en castelán no territorio español.

Notas

  1. Aínda que o nome Pato Lucas é na versión española da serie, e este só aparece en Space Jam a falar en galego, o nome en español é moi popular en Galiza

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas