Mutilación xenital: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12: Liña 12:
==Clasificación==
==Clasificación==
===Tipos de mutilación xenital feminina===
===Tipos de mutilación xenital feminina===
En [[1995]] a [[OMS]] establece catro tipos de mutilación xenital feminina, que son os seguintes:<ref>http://www.euskadi.eus/contenidos/informacion/mutilacion_genital_femenina/es_def/adjuntos/guia-mutilacion-genital-femenina.pdf</ref>
En [[1995]] a [[OMS]] establece catro tipos de mutilación xenital feminina, que son os seguintes:<ref> {{Cita web |url= http://www.euskadi.eus/contenidos/informacion/mutilacion_genital_femenina/es_def/adjuntos/guia-mutilacion-genital-femenina.pdf |título= Mutilación genital femenina. Guía de actuaciones recomendadas en el sistema sanitario de Euskadi |autor=AAVV |data=abril 2016 |páxina-web=euskadi.eus |editor=Servizo Central de Publicacións do Goberno Vasco |dataacceso=04/01/2018 }}{{es}}</ref>


*Tipo I: Resección parcial ou total do [[clítoris]] e/ou do [[prepucio]] (clitoridotomía). Na cultura islámica recoñécese como unha ''sunna'' (tradición) e adoita equipararse á [[circuncisión]] masculina.
*Tipo I: Resección parcial ou total do [[clítoris]] e/ou do [[prepucio]] (clitoridotomía). Na cultura islámica recoñécese como unha ''sunna'' (tradición) e adoita equipararse á [[circuncisión]] masculina.

Revisión como estaba o 4 de xaneiro de 2018 ás 00:45


A mutilación xenital consiste en calquera tipo de procedemento que supoña a lesión dos xenitais externos ou a súa extirpación parcial ou total por motivos alleos ás necesidades médicas e sen ter en conta o parecer da persoa á que se lle practica.

As razóns pra levar a cabo a mutilación xenital adoitan ser de tipo cultural ou social. Para a maioría das culturas nas que se practica, a principal razón para a mutilación xenital feminina é a crenza de que é necesaria para conseguir un bo casamento.[1]

Ámbito xeográfico

En todo o mundo, máis de 200 millóns de nenas e mulleres padeceron algún tipo de mutilación xenital. En África máis de 125 millóns de nenas maiores de 10 anos foron vítimas de mutilación xenital. África Occidental é a rexión con maior incidencia desta práctica, onde o número de vítimas supera o 85% das mulleres de entre 15 e 45 anos.[2]

En América existe tamén esta tradición entre o pobo emberá chamí, que se estende entre zonas de Ecuador, Colombia e Panamá. Calcúlase que aínda se realiza a dúas de cada cinco bebés.[3]

Clasificación

Tipos de mutilación xenital feminina

En 1995 a OMS establece catro tipos de mutilación xenital feminina, que son os seguintes:[4]

  • Tipo I: Resección parcial ou total do clítoris e/ou do prepucio (clitoridotomía). Na cultura islámica recoñécese como unha sunna (tradición) e adoita equipararse á circuncisión masculina.
  • Tipo II: Resección parcial ou total do clítoris e labios menores, que pode incluir o corte dos labios maiores (escisión).
  • Tipo III: Estreitamento da abertura vaxinal mediante o corte e a recolocación dos labios menores ou maiores, con ou sen resección do clítoris (infibulación ou circuncisión faraónica). Déixanse dous pequenos orificios para a saída da orina e do sangue menstrual.
  • Tipo IV: Todos os demáis procedementos lesivos dos xenitais externos con fins non médicos, tales como a perforación, a incisión, o raspado, a cauterización ou a introducción de sustancias corrosivas na zona xenital.

Notas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.