Ceres (planeta anano): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Estado: correxindo texto
m →‎Nome: correxindo texto
Liña 21: Liña 21:


== Nome ==
== Nome ==
A suxestión orixinal de Piazzi foi chamalo Ceres Ferdinandea (en [[lingua italiana|italiano]] Cerere Ferdinandea), como honra tanto para a figura mitolóxica da deusa romana Ceres como para o rei Fernando das Dúas Sicilias. "Ferdinandea" non foi aceitábel para outras nacións do mundo e foi tirado do nome orixinal. Tamén se lle chamou [[Hera]] un breve tempo na [[Alemaña]]. En [[lingua grega|grego]] é chamado Δήμητρα ([[Démeter]]), que é a deusa grega equivalente á romana Ceres, en [[Lingua galega|galego]] Démeter é o nome doutro asteroide (1108 Démeter). A forma adxectiva de Ceres en galego sería ''cerereano'' ou ''cereriano'' (do acusativo latino ''Cererem''). O seu símbolo astronómico é a [[fouce]]. O [[Elemento químico|elemento]] [[Cerio]] tamén debe o seu nome a Ceres, así como a palabra ''[[cereal]]'', mesmo o elemento [[Paladio]] foi inicialmente chamado polo planeta anano, mais o descubridor mudou este nome após o descobrimento do Cerio (Paladio ven de [[Palas]], outro asteroide).
A suxestión orixinal de Piazzi foi chamalo Ceres Ferdinandea (en [[lingua italiana|italiano]] Cerere Ferdinandea), como honra tanto para a figura mitolóxica da deusa romana Ceres como para o rei Fernando das Dúas Sicilias. "Ferdinandea" non foi aceptábel para outras nacións do mundo e foi tirado do nome orixinal. Tamén se lle chamou [[Hera]] un breve tempo na [[Alemaña]]. En [[lingua grega|grego]] é chamado Δήμητρα ([[Démeter]]), que é a deusa grega equivalente á romana Ceres, en [[Lingua galega|galego]] Démeter é o nome doutro asteroide (1108 Démeter). A forma adxectiva de Ceres en galego sería ''cerereano'' ou ''cereriano'' (do acusativo latino ''Cererem''). O seu símbolo astronómico é a [[fouce]]. O [[Elemento químico|elemento]] [[Cerio]] tamén debe o seu nome a Ceres, así como a palabra ''[[cereal]]'', mesmo o elemento [[Paladio]] foi inicialmente chamado polo planeta anano, mais o descubridor mudou este nome após o descubrimento do Cerio (Paladio ven de [[Palas]], outro asteroide).


== Estado ==
== Estado ==
A clasificación de Ceres cambiou mais dunha vez e foi asunto de bastante desacordo. Bode acreditaba ser Ceres o "planeta perdido" que propuxera a existir entre Marte e Xúpiter, a 419 millóns de km do Sol. Asignóuselle un símbolo planetario, e permaneceu nas listaxes dos libros e táboas de [[astronomía]] como un planeta (xunto con 2 [[Palas]], 3 [[Xuno]] e [[4 Vesta]]) case durante a metade dun século até que se descobriran moitos máis asteroides.
A clasificación de Ceres cambiou mais dunha vez e foi asunto de bastante desacordo. Bode acreditaba ser Ceres o "planeta perdido" que propuxera a existir entre Marte e Xúpiter, a 419 millóns de km do Sol. Asignóuselle un símbolo planetario, e permaneceu nas listaxes dos libros e táboas de [[astronomía]] como un planeta (xunto con 2 [[Palas]], 3 [[Xuno]] e [[4 Vesta]]) case durante a metade dun século até que se descobriran moitos máis asteroides.


Porén, cando tantos outros obxectos no cinto ian sendo descobertos, foi ficando claro que Ceres era o primeiro dunha clase de moitos corpos similares. Herschel alcumounos en 1802 co termo [[asteroide]] ("semellante a unha estrela"), escribindo "eles lembran pequenas estrelas tanto que dificilmente se os pode dexergar delas, mesmo con moi bons telescopios". Como foi o primeiro, déuselle o número 1 Ceres baixo o moderno sistema de numeración de asteroides.
Porén, cando tantos outros obxectos no cinto ían sendo descubertos, foi ficando claro que Ceres era o primeiro dunha clase de moitos corpos similares. Herschel alcumounos en 1802 co termo [[asteroide]] ("semellante a unha estrela"), escribindo "eles lembran pequenas estrelas tanto que dificilmente se os pode dexergar delas, mesmo con moi bos telescopios". Como foi o primeiro, déuselle o número 1 Ceres baixo o moderno sistema de numeración de asteroides.


O debate de 2006 arredor de [[Plutón]] e a definición de "[[planeta]]", levou Ceres para ser (re)considerado para reclasificalo como un planeta. Unha proposta perante a [[Unión Astronómica Internacional]] (IAU, International Astronomical Union) para a definición de planeta era "un corpo celeste que (a) ten masa abonda para a súa auto-gravidade vencer as forzas de corpo ríxido de tal xeito que toma un equilibrio hidrostático (isto é, é aproximadamente esférico) e (b) está en órbita dunha estrela, e non é nen outra estrela nen satélite doutro planeta". De ser esta a resolución aprobada, Ceres tornaría ser o quinto planeta. Mais non foi aceite, e a definición aprobada (24 agosto 2006) acrecentaba o punto (c): "limpou (desaloxou de corpos de tamaño comparábel) a súa veciñanza nos arredores da súa órbita". Así, Ceres non é un planeta, pois partilla a súa órbita cos milleiros doutros asteroides no cinto principal, e é hoxe clasificado como "[[planeta anano]]" (xunto a [[Plutón (planeta anano)|Plutón]], [[Makemake (planeta anano)|Makemake]], [[Haumea (planeta anano)|Haumea]], [[Eris (planeta anano)|Eris]] e outros). O punto de se Ceres continúa a ser un asteroide non foi debatido. Clasificacións duplas como "cometas do cinto principal" existen de feito, e ser un planeta anano non excluíu ter outras designacións.
O debate de 2006 arredor de [[Plutón]] e a definición de "[[planeta]]", levou Ceres para ser (re)considerado para reclasificalo como un planeta. Unha proposta perante a [[Unión Astronómica Internacional]] (IAU, International Astronomical Union) para a definición de planeta era "un corpo celeste que (a) ten masa abonda para a súa auto-gravidade vencer as forzas de corpo ríxido de tal xeito que toma un equilibrio hidrostático (isto é, é aproximadamente esférico) e (b) está en órbita dunha estrela, e non é nin outra estrela nin satélite doutro planeta". De ser esta a resolución aprobada, Ceres tornaría ser o quinto planeta. Mais non foi aceite, e a definición aprobada (24 agosto 2006) acrecentaba o punto (c): "limpou (desaloxou de corpos de tamaño comparábel) a súa veciñanza nos arredores da súa órbita". Así, Ceres non é un planeta, pois partilla a súa órbita cos milleiros doutros asteroides no cinto principal, e é hoxe clasificado como "[[planeta anano]]" (xunto a [[Plutón (planeta anano)|Plutón]], [[Makemake (planeta anano)|Makemake]], [[Haumea (planeta anano)|Haumea]], [[Eris (planeta anano)|Eris]] e outros). O punto de se Ceres continúa a ser un asteroide non foi debatido. Clasificacións duplas como "cometas do cinto principal" existen de feito, e ser un planeta anano non excluíu ter outras designacións.


A misión [[Dawn]] da NASA determinou no ano 2017 que a superficie de Ceres esta formada por unha mistura de rochas, xeo, sal e clatratos, e conten restos dun océano xeado de hidratos de [[clatrato]], unha gaiola de moléculas de auga que rodean unha molécula de gas, esta configuración é de cen a mil veces mais forte que o xeo de auga, pero ten a mesma densidade.<ref>{{Cita web|url=https://dawn.jpl.nasa.gov/news/news-detail.html?id=6982|páxina-web=dawn.jpl.nasa.gov|título=Dawn Finds Possible Ancient Ocean Remnants at Ceres|data-acceso=29/12/2017}}</ref> A misión Dawn foi estendida indefinidamente pola NASA situando a sonda nunha orbita estable arredor de Ceres, polo que continuará orbitando a Ceres aínda que quede sen combustible.
A misión [[Dawn]] da NASA determinou no ano 2017 que a superficie de Ceres esta formada por unha mistura de rochas, xeo, sal e clatratos, e conten restos dun océano xeado de hidratos de [[clatrato]], unha gaiola de moléculas de auga que rodean unha molécula de gas, esta configuración é de cen a mil veces mais forte que o xeo de auga, pero ten a mesma densidade.<ref>{{Cita web|url=https://dawn.jpl.nasa.gov/news/news-detail.html?id=6982|páxina-web=dawn.jpl.nasa.gov|título=Dawn Finds Possible Ancient Ocean Remnants at Ceres|data-acceso=29/12/2017}}</ref> A misión Dawn foi estendida indefinidamente pola NASA situando a sonda nunha orbita estable arredor de Ceres, polo que continuará orbitando a Ceres aínda que quede sen combustible.

Revisión como estaba o 3 de xaneiro de 2018 ás 20:26

Ceres ⚳

Descubrimento
Descuberto por Giuseppe Piazzi
Descuberto o 1 de xaneiro de 1801
Características orbitais
Semieixo maior 2,76636 UA
Excentricidade 0,07934
Período orbital (sideral) 1680,59236 días
Período orbital (sinódico) 366,7 días
Velocidade orbital media 17,882 km/s
Inclinación orbital 10,58554 °
Número de satélites 0
Características físicas
Diámetro ecuatorial 952,4 km
Área superficial 2.800.000 km2
Masa 9,5 × 1020 kg
Densidade media 2,08 g/cm3
Gravidade superficial 0,27 m/s2
Período de rotación 9,075 Horas
Albedo 0,09
Velocidade de escape 0,51 km/s
Temperatura superficial
mín. media máx.
n.d.K ~167K 239K
Comparación entre a Terra, Ceres e a Lúa.

Ceres (anteriormente 1 Ceres) é un planeta anano do Sistema Solar, descuberto o 1 de xaneiro de 1801 por Giuseppe Piazzi mentres traballaba na compilación dun catálogo estelar. Foi primeiro considerado un planeta, despois un asteroide e desde o 24 de agosto de 2006 está considerado como un planeta anano. Conta cun diámetro de 959,2±4,8 × 932,6±9,0 km e unha superficie de 1 800 000 km², e é o máis grande asteroide do tradicional cinto de asteroides. É con moito o asteroide de maior masa no cinto de asteroides, cun 32% da masa total. Observacións recentes mostraran que é esférico, a diferenza das formas irregulares de corpos máis pequenos (e menor gravidade). A súa superficie probabelmente está feita dunha mestura de xeo de auga e varios minerais hidratados como os carbonatos e arxilas. Ceres semella estar diferenciado nun núcleo rochoso e nun manto de xeo. Podería abeirar mesmo un océano de auga líquida baixo a súa superficie, se así for, converteríao nun albo potencial na busca de vida extraterrestre.

Orixinalmente foi denominado Ceres Ferdinandea pola figura mitolóxica de Ceres (a deusa das plantas a medrar, a colleita e o amor maternal) e en honor ao rei Fernando III de Sicilia.

A magnitude aparente de Ceres abrangue desde 6,7 até 9,3, mesmo no seu máximo brillo é aínda tenue demais para velo co ollo nu. O 27 de setembro de 2007, a NASA enviou a sonda espacial Dawn ("abrente") para explorar 4 Vesta (2011-2012) e máis Ceres (2015).

Descubrimento

A idea que un planeta descoñecido puider existir entre as órbitas de Marte e Xúpiter foi unha suxestión feita por primeira vez en 1768 por Johann Elert Bode. El baseaba isto na chamada (hoxe) Lei de Titius-Bode, unha teoría abandonada actualmente proposta por Johann Daniel Titius en 1766. Concorde a esta lei o semieixo maior do planeta debería ficar próximo ás 2,8 UA (unidades astronómicas). O descubrimento de Urano por William Herschel en 1781, acreditou a devandita lei, e en 1800, até vinte e catro experientes astrónomos traballaban conxuntamente nunha busca metódica do proposto planeta. O grupo estaba encabezado por Franz Xavier von Zach, editor do Monatliche Correspondenz. Aínda que non descubriron Ceres, eles despois acharon moitos grandes asteroides.

Ceres descubriuse o 1 de xaneiro de 1801, por Giuseppe Piazzi, quen estaba a buscar unha estrela listada por Francis Wollaston como Mayer 87 xa que non estaba no catálogo zodiacal de Mayer na posición dada. En vez dunha estrela, Piazzi atopou un obxecto parecido a unha estrela, en movemento, e pensou de o obxecto ser un cometa. Piazzi observou Ceres un total de 24 veces, a última en 11 de febreiro, cando unha doenza interrompeu as súas observacións. Anunciou o seu descubrimento o 24 de xaneiro de 1801, en cartas a compañeiros astrónomos, entre eles o seu compatriota Barnaba Oriani de Milán. Relatouno como un cometa mais "sendo o seu movemento tan devagar e case uniforme, ocorréuseme moitas veces que talvez podería ser algo mellor ca un cometa". En abril, Piazzi enviou as súas observacións completas a Oriani, Bode e Jerôme Lalande en París. A información foi publicada no exemplar de setembro de 1801 do Monatliche Correspondenz.

Axiña despois disto, a posición aparente de Ceres mudou (mormente polo propio movemento orbital da Terra). Daquela aparecía preto demais do resplandor solar, e entón outros astrónomos non puideron confirmar as observacións de Piazzi até o final do ano. Porén, despois de tanto tempo era difícil predicir a súa posición exacta. Para recuperalo, Carl Friedrich Gauss, na altura con 24 anos, desenvolveu un método eficiente de determinación orbital. En só unhas poucas semanas, prediciu o seu percorrido, e enviou os seus resultados a von Zach. En 31 de decembro de 1801, von Zach e Heinrich Olbers encontraron Ceres próximo da posición predita.

En 1802 Herschel estimou ter Ceres uns 260 km de diámetro, e en 1811 Johann Hieronymus Schröter estimou que tiña realmente 2.613 km de diámetro.

Nome

A suxestión orixinal de Piazzi foi chamalo Ceres Ferdinandea (en italiano Cerere Ferdinandea), como honra tanto para a figura mitolóxica da deusa romana Ceres como para o rei Fernando das Dúas Sicilias. "Ferdinandea" non foi aceptábel para outras nacións do mundo e foi tirado do nome orixinal. Tamén se lle chamou Hera un breve tempo na Alemaña. En grego é chamado Δήμητρα (Démeter), que é a deusa grega equivalente á romana Ceres, en galego Démeter é o nome doutro asteroide (1108 Démeter). A forma adxectiva de Ceres en galego sería cerereano ou cereriano (do acusativo latino Cererem). O seu símbolo astronómico é a fouce. O elemento Cerio tamén debe o seu nome a Ceres, así como a palabra cereal, mesmo o elemento Paladio foi inicialmente chamado polo planeta anano, mais o descubridor mudou este nome após o descubrimento do Cerio (Paladio ven de Palas, outro asteroide).

Estado

A clasificación de Ceres cambiou mais dunha vez e foi asunto de bastante desacordo. Bode acreditaba ser Ceres o "planeta perdido" que propuxera a existir entre Marte e Xúpiter, a 419 millóns de km do Sol. Asignóuselle un símbolo planetario, e permaneceu nas listaxes dos libros e táboas de astronomía como un planeta (xunto con 2 Palas, 3 Xuno e 4 Vesta) case durante a metade dun século até que se descobriran moitos máis asteroides.

Porén, cando tantos outros obxectos no cinto ían sendo descubertos, foi ficando claro que Ceres era o primeiro dunha clase de moitos corpos similares. Herschel alcumounos en 1802 co termo asteroide ("semellante a unha estrela"), escribindo "eles lembran pequenas estrelas tanto que dificilmente se os pode dexergar delas, mesmo con moi bos telescopios". Como foi o primeiro, déuselle o número 1 Ceres baixo o moderno sistema de numeración de asteroides.

O debate de 2006 arredor de Plutón e a definición de "planeta", levou Ceres para ser (re)considerado para reclasificalo como un planeta. Unha proposta perante a Unión Astronómica Internacional (IAU, International Astronomical Union) para a definición de planeta era "un corpo celeste que (a) ten masa abonda para a súa auto-gravidade vencer as forzas de corpo ríxido de tal xeito que toma un equilibrio hidrostático (isto é, é aproximadamente esférico) e (b) está en órbita dunha estrela, e non é nin outra estrela nin satélite doutro planeta". De ser esta a resolución aprobada, Ceres tornaría ser o quinto planeta. Mais non foi aceite, e a definición aprobada (24 agosto 2006) acrecentaba o punto (c): "limpou (desaloxou de corpos de tamaño comparábel) a súa veciñanza nos arredores da súa órbita". Así, Ceres non é un planeta, pois partilla a súa órbita cos milleiros doutros asteroides no cinto principal, e é hoxe clasificado como "planeta anano" (xunto a Plutón, Makemake, Haumea, Eris e outros). O punto de se Ceres continúa a ser un asteroide non foi debatido. Clasificacións duplas como "cometas do cinto principal" existen de feito, e ser un planeta anano non excluíu ter outras designacións.

A misión Dawn da NASA determinou no ano 2017 que a superficie de Ceres esta formada por unha mistura de rochas, xeo, sal e clatratos, e conten restos dun océano xeado de hidratos de clatrato, unha gaiola de moléculas de auga que rodean unha molécula de gas, esta configuración é de cen a mil veces mais forte que o xeo de auga, pero ten a mesma densidade.[1] A misión Dawn foi estendida indefinidamente pola NASA situando a sonda nunha orbita estable arredor de Ceres, polo que continuará orbitando a Ceres aínda que quede sen combustible.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  1. "Dawn Finds Possible Ancient Ocean Remnants at Ceres". dawn.jpl.nasa.gov. Consultado o 29/12/2017.