Cambios

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
sen resumo de edición
No [[legendarium]] de [[J. R. R. Tolkien]], o '''Abismo de Helmo''' é un grande val ficticio situado na parte noroccidental das [[Ered Nimrais]] (Montañas Brancas), no continente da [[Terra Media]]. A fortaleza localizada nel adquire un especial protagonismo no segundo volume d'do libro ''[[O señor dos aneis]]'':, [["As dúas torres]]".
 
== Descrición do val e da fortaleza ==
 
O val decorría entre o espazo formado pola serie de outeiros chamada o '''Dique de Helmo''', e ao fondo del atopábase a fortaleza de Aglarond, tamén chamada '''Cornoburgo''', fronte á entrada das Cavernas Escintilantes.
 
 
== Historia ==
Nun principio o val acollera a un pequeno rexemento de [[Gondor]], mais cando a rexión de [[Calenardhon]] pasou a ser o reino de [[Rohan]], converteuse nun acampamentocampamento dos [[Rohirrim]], habitado polos gardas dos [[Vaos do Isen]].
 
Nun principio o val acollera a un pequeno rexemento de [[Gondor]], mais cando a rexión de [[Calenardhon]] pasou a ser o reino de [[Rohan]], converteuse nun acampamento dos [[Rohirrim]], habitado polos gardas dos [[Vaos do Isen]].
 
Durante a guerra contra os [[Bruna|Homes de Bruna]] comandados por [[Wulf (Terra Media)|Wulf]], os Rohirrim, gobernados polo rei [[Helmo Man de Martelo]], refuxiáronse na torre da homenaxe, onde resistiron todo o inverno de 2758-2759 [[Terceira Idade (Tolkien)|TI]].
Segundo conta un mito, o Abismo de Helmo nunca caería mentres houbese homes que o defendesen. Ningún exército dera traspasado a Muralla do Abismo, nin pisado o Cornoburgo, mais no ano 3019 [[Terceira Idade (Tolkien)|TI]], durante a devandita Guerra do Anel, as hostes de [[Uruk-hai]] de Saruman case que conseguiron superar as defensas dos Rohirrim, provocando unha explosión de lume no sumidoiro, que destruíu a defensas principais. A orixe desta deflagración non fica clara, pois Tolkien descríbea como "a diabrura de Saruman." Na triloxía cinematográfica d' O señor dos aneis de [[Peter Jackson]], esta arma aparece representada como pólvora.
 
A fortaleza aparece como taboleiro de escenario no xogo de mesa ddo 'O señor'Señor dos aneis''.
 
== Aglarond ==
 
Aglarond e [[Angrenost]] (máis tarde coñecida como [[Isengarda]]) eran as dúas fortalezas construídas por [[Gondor]] para defender os [[Vaos do Isen]]. Ao igual que Angrenost ao norte, ao primeiro estivo ben custodiada, mais a medida que a poboación de [[Calenardhon]] (que despois sería o reino de [[Rohan]]) esmoreceu, foise abandonando e perdendo importancia, até acabar nas mans dun pequeno corpo de garda que se mesturou cos Homes de Bruna.
 
 
Após a guerra, [[Gimli]] o [[Anano (Terra Media)|Anano]], que loitou nesa batalla, estabeleceu alí unha colonia da Xente de Durin. Aglarond estaba situada fronte a un enorme complexo de cavernas de grande beleza, que se lle antollou irresistíbel. A partir daquela, Gimli foi coñecido como o 'Señor das Cavernas Escintilantes', aínda que en teoría o goberno deste reino recaía en [[Thorin Helmo de Pedra]], parente seu e herdeiro soberano de toda a Xente de Durin. Trala Guerra do Anel, os ananos de Aglarond restauraron o Cornoburgo, que se converteu nunha fortaleza compartida cos [[Rohirrim]].
 
{{Control de autoridades}}
 

Menú de navegación