Mérida, Venezuela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
m BOT: Substitución de imaxe raster por formato SVG.
Liña 7: Liña 7:
{| border="0" cellpadding="2" cellspacing="0"
{| border="0" cellpadding="2" cellspacing="0"
|-
|-
|align="center" width="140px"|[[Ficheiro:Banderademerida.png|150px]]
|align="center" width="140px"|[[Ficheiro:Flag of the city of Mérida, Venezuela.svg|150px]]
|align="center" width="140px"|
|align="center" width="140px"|
|-
|-

Revisión como estaba o 30 de decembro de 2017 ás 17:47

Coordenadas: 08°36′N 71°09′O / 8.600, -71.150

Mérida
Bandeira Escudo
Mapa
Información
País Venezuela
Superficie 60 km2
Poboación 199.878 (2011)
Densidade 3.365,52/km²
Alcalde Lester Rodríguez Herrera
Mérida
Castelo de Mucuchies

A cidade de Santiago de los Caballeros de Mérida, coñecida simplemente por Mérida, é a capital municipal do concello de Libertador, no estado venezolano de Mérida. É unha das principais cidades dos Andes Venezolanos.

En Mérida teñen a súa sé a Arquidiocese de Mérida e tamén a Universidade de Los Andes, constituíndo a maior cidade universitaria e turística do occidente venezolano. Entre os seus atractivos turísticos está o teleférico máis alto e segundo máis longo do mundo, así como un atractivo sistema de transporte colectivo coñecido como Trolebús Mérida.

Historia

Mérida foi fundada por Juan Rodríguez Suárez o 9 de outubro de 1558, quen lle deu o nome da súa cidade natal, Mérida en Extremadura. Un ano despois Juan de Maldonado decidiu o seu traslado ao seu emprazamento actual. No momento da súa fundación formaba parte da Nova Granada. A cidade dependeu do Correxemento de Tunja aínda que, no ano 1607, se constituíu como Correxemento da Audiencia de Santa Fe de Bogotá. Máis adiante pasou a pertencer á Capitanía Xeneral de Venezuela, desempeñando un papel activo durante a Guerra Revolucionaria.

Xeografía

Mérida está situada a unha altitude de 1.600 metros, nun planalto de orixe aluvial coñecido como Tatuy, no val do río Chama, rodeado de bosques e fragas. A forma oblonga da cidade segue estreitamente o curso do río, que a percorre dun extremo a outro. A cidade atópase entre a Serra Nevada de Mérida polo sueste e a Serra La Culata polo noroeste. No horizonte érguese o Pico Bolívar, que é a montaña máis alta do país.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas