Javier Chércoles Blázquez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Biografía: ligazón interna
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 42: Liña 42:
[[Categoría:Inditex]]
[[Categoría:Inditex]]
[[Categoría:Empresarios do sector téxtil]]
[[Categoría:Empresarios do sector téxtil]]
[[Categoría:Personalidades sen imaxes]]

Revisión como estaba o 28 de decembro de 2017 ás 23:42

Modelo:Infobox biografía Javier Chércoles Blázquez nado en Caracas, (Venezuela) é un directivo do sector da moda. Actualmente traballa como Conselleiro Corporativo en Primark, ata 2010 foi directivo de Inditex.

Biografía

Nado en Caracas é licenciado en Dereito pola UNED e Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense.[1]

Entre 2000 e 2010 traballou para Inditex. Chércoles foi o encargado de confeccionar o Código Ético Interno de Conduta de Zara. Documento que regula o funcionamento das fábricas que traballan para Inditex. Ten traballado para PwC. En 2008, Chércoles foi a Bangladesh para comprobar persoalmente a situación dunha fábrica en Dhaka, na que se sucedían abusos verbais e físicos, así como recortes de soldo. Chércoles recoñeceu que a fábrica estaba en condicións "moi pobres", pero asegurou que non había evidencia de que estivesen a fabricaran para Inditex. Despois descubriu que nunha fábrica asociada a outra que si producía roupa para Zara. Os obradoiros estaban preto uns doutros, pero Chércoles admitiu que era posible que houberan transferido parte da produción dun a outro sen a autorización nin coñecemento de Inditex. Como director de RSC decidiu profundizar nos controis laborais na cadea de produción. Medidas de control cas que non estaba de acordo a dirección de Inditex. En 2010 deixou o posto cobrando 1,57 millóns de euros.[2] En 2013 en Dacca derrumbouse o edificio Rana Plaza en Bangladesh, morreron casi 1.200 traballadores. Foi contratado por Primark para pagar 14 millóns de euros ás vítimas.[3]

Recluiuse no Mosteiro de Silos, durante seis meses para escribir a súa tese doutoral en inglés.[4] Dende xuño de 2013 traballa como profesor na Universidade de Dacca, Bangladesh no Institute of Disaster & Vulnerability Management Studies.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Navigating into the Spider’s Web. Developing Resilience in the Wake of an Industrial Disaster in the Bangladesh Ready Made Garment Sector Javier Chércoles Blázquez Tesis doutoral dirixida por Alfred Vernis i Domènech (dir. tes.). Universitat Ramon Llull (2012).

Ligazóns externas