Folgoso do Courel: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Véxase tamén: -cat: xa hai imaxe
Liña 159: Liña 159:


[[Categoría:Folgoso do Courel]]
[[Categoría:Folgoso do Courel]]
[[Categoría:Concellos de Galicia sen imaxes da casa do concello]]

Revisión como estaba o 28 de decembro de 2017 ás 12:06

Coordenadas: 42°35′16.4″N 7°11′46.76″O / 42.587889, -7.1963222

Folgoso do Courel
Bandeira de Folgoso do Courel
Escudo de Folgoso do Courel
Igrexa de Vilamor.
Situación
Xentilicio[1]courelao
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Quiroga
Poboación1.004 hab. (2023)[2][3]
Área192,8 km²[3]
Densidade5,21 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias[4]
Capital do concelloFolgoso do Courel
Política (2015)
AlcaldesaDolores Castro Ochoa (PPdeG)
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 3
Outros: Courel Vivo-PDDdG 1
Eleccións municipais en Folgoso do Courel
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes88,24%
Na rede
http://www.folgosodocourel.es/
editar datos en Wikidata ]

Folgoso do Courel é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga. Segundo o IGE en 2016 tiña 1060 habitantes (1310 no 2006, 1346 no 2005, 1397 no 2004, 1448 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «courelao».

Poboación

Censo total 1060 (2016)
Menores de 15 anos 35 (3,30 %)
Entre 15 e 64 anos 564 (53,21 %)
Maiores de 65 anos 461 (43,49 %)
Evolución da poboación de Folgoso do Courel   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6413 5785 5479 1397 1.233 1.211 1.160 1.136 1.106 1.089 1.060
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo, que se estende tamén polos concellos de Quiroga e Pedrafita do Cebreiro. Ten uns 212 km², con fortes variacións de altitude, desde os 400 m no val do río Lor aos 1600 m en picos como Montouto, Formigueiros (1643 m) ou Pía Paxaro (1610 m). O río Lor e varios afluentes seus forman ricos vales con diversos ecosistemas, que fan desta serra a reserva botánica máis importante de Galiza.

Patrimonio natural

Folgoso do Courel ten unhas paraxes naturais de alto valor no eido da espeleoloxía.

A sima de Aradelas está na localidade de Campelo (a 9 km de Seoane), e con 128 metros é a cova máis profunda de Galicia. A cova de Tralacosta ten salas subterráneas con estalactitas e estalagmitas. A cova da Ceza encóntrase en Noceda (a 8 km de Seoane) e ten uns 680 metros de lonxitude, con grandes salas comunicadas por pasos estreitos a través dos que flúe un rego procedente dunha lagoa de 25 metros de profundidade localizada ao final. A Buracada das Choias está en Visuña (a 15 km de Seoane), e ten un percorrido de 30 metros por unha única galería. A cova do Oso está en Moreda, aos pés duns resaltes rochosos. Ten interese arqueolóxico, pois nela atopáronse restos de cerámica. A cova de Teixeira, de gran profundidade, está no lugar da Poza.

Patrimonio arqueolóxico

No concello hai diversos restos de poboados castrexos. No castro de Vilar destacan as súas murallas defensivas. Nel atopáronse restos de cerámica. O castro da Torre está próximo á localidade de Sobredo. O castro de Miraz ten unhas murallas de grande altura e no seu interior foron atopadas numerosas sepulturas. O castro de Torexe está en Visuña. No catastro de Ensenada dise que era onde se reunía a xustiza ordinaria da comarca.

Da época da romanización de Galicia consérvase a Tabula Hospitalis, unha peza de bronce atopada no Carbedo cun texto en latín consistente nun pacto entre o seurro Tilego, fillo de Ambato, e os lougeis do castellum Toletensis con autorización das autoridades romanas.

Galería de imaxes

Lugares de Folgoso do Courel

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Folgoso do Courel vexa: Lugares de Folgoso do Courel.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Folgoso do Courel

Esperante (San Pedro) | Folgoso do Courel (Santa María) | Hórreos (San Pedro) | Meiraos (Santa María) | Noceda (San Pedro) | Seceda (San Silvestre) | Seoane do Courel (San Xoán) | Vilamor (San Vicente) | Visuña (Santa Eufemia)

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Folgoso do Courel".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.