ASTANO: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Historia: empregados astano
Liña 31: Liña 31:


A primeira crise chegou en [[1956]] co esgotamento dos caladoiros do [[Gran Sol]] e comezou un xiro cara á elaboración de navíos de carga, fundamentalmente para [[carbón]] e [[petróleo]] nun mercado en expansión. A crise definitiva chegou en 1971 coa empresa nunha situación crítica, o que provocou a toma de control polo [[Instituto Nacional de Industria]], que non conseguiu endereitala. A subseguinte [[crise do petróleo]] de [[1973]] acabou por condenar o estaleiro a perdas cada vez maiores e unha situación sen saída. Cando en [[1972]] se botou o ''Arteaga'', navío de 323 000 toneladas, de enorme éxito na construción naval nacional, a empresa estaba en franca decadencia, o que non impediu o seu crecemento tecnolóxico e a botadura dos petroleiros máis grandes, o ''Al-Andalus'' en [[1974]] de 362 946 toneladas de peso morto e 362,57 metros de eslora, e o ''Santa María'' en [[1975]] de 365 000 toneladas de peso morto. Son os maiores buques construídos e botados en bancada do mundo. A factoría traballaba por debaixo da súa capacidade e en 1979 o INI fíxose cargo da totalidade da empresa, inxectando un capital de 3 500 millóns de pesetas.
A primeira crise chegou en [[1956]] co esgotamento dos caladoiros do [[Gran Sol]] e comezou un xiro cara á elaboración de navíos de carga, fundamentalmente para [[carbón]] e [[petróleo]] nun mercado en expansión. A crise definitiva chegou en 1971 coa empresa nunha situación crítica, o que provocou a toma de control polo [[Instituto Nacional de Industria]], que non conseguiu endereitala. A subseguinte [[crise do petróleo]] de [[1973]] acabou por condenar o estaleiro a perdas cada vez maiores e unha situación sen saída. Cando en [[1972]] se botou o ''Arteaga'', navío de 323 000 toneladas, de enorme éxito na construción naval nacional, a empresa estaba en franca decadencia, o que non impediu o seu crecemento tecnolóxico e a botadura dos petroleiros máis grandes, o ''Al-Andalus'' en [[1974]] de 362 946 toneladas de peso morto e 362,57 metros de eslora, e o ''Santa María'' en [[1975]] de 365 000 toneladas de peso morto. Son os maiores buques construídos e botados en bancada do mundo. A factoría traballaba por debaixo da súa capacidade e en 1979 o INI fíxose cargo da totalidade da empresa, inxectando un capital de 3 500 millóns de pesetas.
{|style="background:red; border: 2px solid silver; border-radius: 8px 8px 8px 8px; color: Black; float:left; margin: 1em 1em 1em 1em;"

|
{| {{Táboabonita}}
|+ '''Evolución da plantilla de Astano'''
|-
!Ano!!Trab. Directos!!Trab. Contratas!!Totais
|-
|1970||3485||-||-
|-
|1971||5584||-||-
|-
|1972||5393||2181||7574
|-
|1973||5766||2500||8266
|-
|1974||6101||2845||8946
|-
|1975||6688||2648||9336
|-
|1976||6713||1927||8640
|-
|1977||6614||928||7542
|-
|1978||6511||135||6646
|-
|}
|-align=center
|Fonte: Carlos Ferrás Sexto, op. cit. páx.132
|}
Nese contexto de profunda reconversión produciuse a negociación do ingreso de [[España]] na [[Unión Europea]] (entón [[Comunidade Económica Europea]]). O plan para o sector naval da CEE era moi duro e propoñía unha enorme redución da capacidade produtiva en toda a Unión. A España esixíaselle o peche dun [[estaleiro]] entre os de [[Puerto Real]], [[Sestao]] ou [[Fene]]. O goberno socialista de [[Felipe González]] propuxo limitar a produción de Astano á [[construción]] ''[[Off-Shore]]'', sector que estaba entrando nunha recesión, o que foi aceptado pola CEE con fortes reservas. O estaleiro puido volver á construción naval civil o 1 de xaneiro de 2015, cando rematou o veto.<ref>[http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/astillero-fene-encrucijada/20140907024327099669.html El astillero de Fene, en la encrucijada] ''[[Diario de Ferrol]]''.</ref>
Nese contexto de profunda reconversión produciuse a negociación do ingreso de [[España]] na [[Unión Europea]] (entón [[Comunidade Económica Europea]]). O plan para o sector naval da CEE era moi duro e propoñía unha enorme redución da capacidade produtiva en toda a Unión. A España esixíaselle o peche dun [[estaleiro]] entre os de [[Puerto Real]], [[Sestao]] ou [[Fene]]. O goberno socialista de [[Felipe González]] propuxo limitar a produción de Astano á [[construción]] ''[[Off-Shore]]'', sector que estaba entrando nunha recesión, o que foi aceptado pola CEE con fortes reservas. O estaleiro puido volver á construción naval civil o 1 de xaneiro de 2015, cando rematou o veto.<ref>[http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/astillero-fene-encrucijada/20140907024327099669.html El astillero de Fene, en la encrucijada] ''[[Diario de Ferrol]]''.</ref>



Revisión como estaba o 27 de decembro de 2017 ás 23:09

Coordenadas: 43°28′32.47″N 8°10′47.73″O / 43.4756861, -8.1799250

Astano
Ficheiro:Logo Astano 1941 Fene.svg
Astano

Escultura do fundador de ASTANO, na Avda. de Esteiro (Ferrol)
Fundación15 de outubro de 1941
MatrizAstillero Fene, Navantia (SEPI)
LocalizaciónNavantia, Avenida das Pías, 15500 Fene, A Coruña Galicia Galiza
FundadorJosé María González-Llanos
Persoas clavePedro Barrié de la Maza
IndustriaNaval
ProdutosBuques, offshore, reparacións navais
editar datos en Wikidata ]

ASTANO (acrónimo de Astilleros y talleres del noroeste) foi unha empresa do sector naval situada en Fene, actualmente integrada en Navantia. Foi fundada en 1941 por José María González-Llanos tamén fundador de FENYA, enxeñeiro e antigo director de Bazán, cun capital social de 1 600 000 pesetas e 33 empregados. O concello de Fene puxo o nome de Astano á avenida principal do Polígono industrial Vilar do Colo.

Historia

Maqueta de Astano, nas súas orixes. Exponav.

No ano 1917[1] estableceuse un pequeno estaleiro de ribeira na zona de Perlío, que facía buques de pesca en madeira propiedade de Ramón Aguilar Pérez, coñecido como Ramón de Roque.[2] Este pequeno estaleiro foi mercado por Llanos en 1941 xunto con outros socios e foi ampliándose desde a ribeira da ría de Ferrol, no concello de Fene, comezando a dedicarse á construción de barcos pesqueiros en madeira.

En 1944 converteuse en sociedade anónima, entrando na empresa o Banco Pastor, e co seu capital acometeuse o paso á construción en metal iniciado o ano anterior, e comezou unha medra sostida apoiada na expansión da pesca e nun mercado protexido. A entrada na dirección da empresa do enxeñeiro e ex-director de Bazán José María González-Llanos iniciou o crecemento de Astano, que chegou a ser un dos máis importantes estaleiros do mundo. A empresa modernizou as instalacións, creou escolas de aprendices, comedores para os traballadores, vivendas sociais, economato e beneficios sociais e melloras económicas. Pasou ademais da construción de buques en madeira a construír os maiores buques que se estaban a botar no mundo.

A primeira crise chegou en 1956 co esgotamento dos caladoiros do Gran Sol e comezou un xiro cara á elaboración de navíos de carga, fundamentalmente para carbón e petróleo nun mercado en expansión. A crise definitiva chegou en 1971 coa empresa nunha situación crítica, o que provocou a toma de control polo Instituto Nacional de Industria, que non conseguiu endereitala. A subseguinte crise do petróleo de 1973 acabou por condenar o estaleiro a perdas cada vez maiores e unha situación sen saída. Cando en 1972 se botou o Arteaga, navío de 323 000 toneladas, de enorme éxito na construción naval nacional, a empresa estaba en franca decadencia, o que non impediu o seu crecemento tecnolóxico e a botadura dos petroleiros máis grandes, o Al-Andalus en 1974 de 362 946 toneladas de peso morto e 362,57 metros de eslora, e o Santa María en 1975 de 365 000 toneladas de peso morto. Son os maiores buques construídos e botados en bancada do mundo. A factoría traballaba por debaixo da súa capacidade e en 1979 o INI fíxose cargo da totalidade da empresa, inxectando un capital de 3 500 millóns de pesetas.

Evolución da plantilla de Astano
Ano Trab. Directos Trab. Contratas Totais
1970 3485 - -
1971 5584 - -
1972 5393 2181 7574
1973 5766 2500 8266
1974 6101 2845 8946
1975 6688 2648 9336
1976 6713 1927 8640
1977 6614 928 7542
1978 6511 135 6646
Fonte: Carlos Ferrás Sexto, op. cit. páx.132

Nese contexto de profunda reconversión produciuse a negociación do ingreso de España na Unión Europea (entón Comunidade Económica Europea). O plan para o sector naval da CEE era moi duro e propoñía unha enorme redución da capacidade produtiva en toda a Unión. A España esixíaselle o peche dun estaleiro entre os de Puerto Real, Sestao ou Fene. O goberno socialista de Felipe González propuxo limitar a produción de Astano á construción Off-Shore, sector que estaba entrando nunha recesión, o que foi aceptado pola CEE con fortes reservas. O estaleiro puido volver á construción naval civil o 1 de xaneiro de 2015, cando rematou o veto.[3]

Construción naval

A Discoverer Enterprise encaixada na ponte das Pías.
Construcións off-shore de Astano

Discoverer Enterprise no Golfo de México.
Número Nome Tipo Botado
266 Drillmar I Plataforma 15-09-1989
267 Gryphon A FPSO 15-04-1992
269 Alba FSU FSU 09-03-1993
273 Petrojarl Foinaven FPSO 28-08-1995
274 Captain FPSO FPSO 2-07-1996
275 Discoverer Enterprise Drill Ship 12-12-1997
276 Discoverer Spirit Drill Ship 14-05-1999
277 Discoverer Deep Seas Drill Ship 22-12-1999
279 Farwah FPSO 7-10-2002

Dende os seus inicios Astano leva botados preto de 300 buques e construcións navais. Dende as súas orixes como estaleiro de pesqueiros en madeira e logo aceiro a empresa foi evolucionando, pasando da construción de petroleiros ata un LNG (o Laieta, primeiro gaseiro construído en España) e construcións offshore como os FPSO dos que foi un dos pioneiros en todo o mundo.

Astano foi o primeiro estaleiro do mundo en construír un buque Off-Shore para a perforación e extracción de petróleo. Tódolos que existían ata entón eran transformacións de buques existentes. O Discoverer Enterprise[4] botado en 1998 foi o primeiro dunha serie de dous máis: Discoverer Spirit botado en 1999 e Discoverer Deep Seas botado en 2000 construídos para a multinacional norte americana Transocean.

Astano ademais foi o estaleiro que sufriu unha máis forte reconversión perdendo 3 600 empregos fronte a reducións menores en Puerto Real e Sestao. A empresa enfrontábase a un mercado pequeno e moi competitivo cunha factoría sobredimensionada e con baixa produtividade, o que provocou a necesidade de enormes axudas do goberno, consideradas ilegais pola Unión Europea. Nesa situación de inviabilidade chegouse en 2004 á negociación coa UE, na que o goberno optou por integrar as instalacións no grupo de estaleiros do sector militar, primeiro chamado Izar e despois Navantia. Isto deu lugar a unha última reconversión pasando de 1 150 empregados a 300. Actualmente o estaleiro está adicado só á construción naval militar, bloques, e ás reparacións de todo tipo de buques.


Fitos de Astano[5]
1941 Estaleiro de ribeira de 3000m2 e 33 traballadores Buques de madeira.
1941-1960 Buques de pesca Astano constrúe 82 pesqueiros.
1942 Comandante Lobo Primeiro buque construído en Astano, 23 metros de eslora.
1944 Astano pasa a ser Sociedade Anónima.
1946 Creación do economato de Astano.
1948 Buques en aceiro Pasa a construír buques en aceiro remachados.
1950 Inicio das obras de construción do dique 1, rematadas en 1956.
1951 Astano ten 1225 traballadores.
1957 Inicio das obras nas novas bancadas, rematadas en 1960.
1961-1980 Entra na construción de petroleiros.
1963 Botadura do cargueiro Artemision, de 30 000 toneladas. Astano ten 2500 traballadores.
1966 Botadura do Ildefonso Fierro de 219 m. Primeiro petroleiro botado nas novas bancadas, Astano ten 3129 traballadores.
1968 Botadura do Laieta, de 196 metros de eslora Primeiro metaneiro construído en España.
1971 Construción da grúa pórtico e do dique 2.
1972 Astano ten 6000 traballadores, entrada do INI na empresa.
1975 Botadura do petroleiro Santa María de 346 metros de eslora e 365 000 toneladas.
1979 Astano traballa ao 30% da súa capacidade, o INI toma o control da empresa.
1982 Astano ten 7000 traballadores.
1984-1987 Reconversión naval.
1987 El Dorado de 264 metros de eslora. Último buque construído en Astano.
1989 Construción off-shore.
1992 Astano ten 2017 traballadores.
1997 Construción off-shore.
2000 Astano ocupa 755 000 metros cadrados de superficie, mais ten pouco máis de 1000 traballadores. En xullo Astano pasa a chamarse Izar-Fene.
2004 Pasa a chamarse Navantia.
2015 Fin do veto á construción de buques. Eólica mariña.

Reparacións navais

Vista interior de Astano.

Ademais da construción naval Astano adícase á reparación de todo tipo de buques, tamén militares. Astano ten nas súas instalacións 11 peiraos que suman 2 700 metros.

Tamén hai dous diques para reparacións:

  • Dique número 2 de 260×38 metros.
  • Dique número 1 de 160×24 metros.
  • 2 grellas de 337×58 metros.
  • 18 guindastres cunha potencia de entre 10 e 100 toneladas.
  • 1 guindastre pórtico de 800 toneladas de capacidade de elevación.

O tamaño máximo dun buque construído foi de 346×60 metros (385 000 TPM).

A icona pola que é coñecida a empresa é o seu guindastre pórtico, unha construción cunha capacidade de elevación de 800 toneladas, construída entre 1970 e 1971. Foi deseñada pola empresa alemá PHB Jucho e construída pola MTM Maquinista Terrestre Marítima de Barcelona no propio estaleiro. Mide 145 metros entre piares e 75 metros de alto baixo o pórtico. No momento da súa construción era a maior de toda Europa.[6]

Buques construídos

Dende 1941 Astano leva construídos preto de 300 buques.[7]

Nome Tipo Botado Entregado

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • María Antonia Pérez Rodríguez, Un estaleiro na ría Izar Astillero Fene, 2003 (143 pax.)
  • María Antonia Pérez Rodríguez, Astano II: Un asteleiro na ría Volume 14 of Cuadernos FerrolAnálisis Club de Prensa de Ferrol, 2001 (205 páx.)
  • José Manuel Serantes Caínzos, Astano Concello de Fene, 2011 (251 páx.)

Ligazóns externas