Tijuana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño web, revisado
m axustes na redacción
Liña 31: Liña 31:
|sitio web = [http://www.tijuana.gob.mx/ Páxina oficial da Cidade de Tijuana]
|sitio web = [http://www.tijuana.gob.mx/ Páxina oficial da Cidade de Tijuana]
}}
}}
'''Tijuana''' é a maior cidade do estado [[México|mexicano]] de [[Baixa California]] e a capital ou cabeceira municipal do concello de Tijuana; tamén é un dos centros urbanos mais importantes do país, a súa zona metropolitana esténdese aos concellos de Playas de Rosarito, Ensenada e Tecate. Adoita ser citada, abreviada e coloquialmente, como '''TJ'''. A súa poboación, en 2015, era de 1.641.570 habitantes<ref>{{Cita web |url=http://cuentame.inegi.org.mx/monografias/informacion/bc/poblacion/ |título=Número de habitantes. Baja California |dataacceso=20 de setembro de 2016 |editorial=cuentame.inegi.org.mx}}</ref>. Forma un ''continuum'' metropolitano, separado apenas pola fronteira, coa cidade californiana de [[San Diego]]; o seu conxunto supera os 4.900.000 habitantes.
'''Tijuana''' é a maior cidade do estado [[México|mexicano]] de [[Baixa California]] e a capital ou cabeceira municipal do concello de Tijuana; tamén é un dos centros urbanos mais importantes do país, a súa zona metropolitana esténdese aos concellos de Playas de Rosarito, Ensenada e Tecate. Adoita ser citada, abreviada e coloquialmente, como '''TJ'''. A súa poboación, en 2015, era de 1.641.570 habitantes<ref>{{Cita web |url=http://cuentame.inegi.org.mx/monografias/informacion/bc/poblacion/ |título=Número de habitantes. Baja California |dataacceso=20 de setembro de 2016 |editorial=cuentame.inegi.org.mx}}</ref>. Forma un ''continuum'' metropolitano, separado apenas pola fronteira, coa cidade californiana de [[San Diego]]: o conxunto supera os 4.900.000 habitantes.


A cidade é coñecida como ''Lugar onde comenza a Patria'' ou ''A esquina de América Latina''. É un centro empresarial, administrativo, turístico, industrial, tecnolóxico e educativo do estado e de México.
A cidade é coñecida como ''Lugar onde comenza a Patria'' ou ''A esquina de América Latina''. É un centro empresarial, administrativo, turístico, industrial, tecnolóxico e educativo de México.


== Topónimo ==
== Topónimo ==
Liña 46: Liña 46:


== Xeografía ==
== Xeografía ==
[[Ficheiro:San Diego-Tijuana Metro 3D Map.jpg|miniatura|esquerda|250px|Vista aérea da área metropolitana Tijuana, Méx. - San Diego, EUA]]
[[Ficheiro:San Diego-Tijuana Metro 3D Map.jpg|miniatura|esquerda|250px|Vista aérea da área metropolitana Tijuana - San Diego]]


A cidade está situada sobre a fronteira entre os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e México, facendo límite co [[condado de San Diego]] de [[California]] polo norte. Tijuana ten límites tamén con [[Playas de Rosarito]], que en tempos foi unha das súas localidades, mais obtivo a súa independencia administrativa no [[1995]]. O censo do ano [[2005]] indicaba unha poboación de 1,6 millóns de habitantes, incluíndo [[Tecate]], mais a cantidade foi contestada, especialmente porque a cidade acolle numerosas persoas sen domicilio e é un punto de paso moi importante de emigrantes clandestinos para os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].
A cidade está situada sobre a fronteira entre os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e México, lindando co [[condado de San Diego]] de [[California]] polo norte. Tijuana ten límites tamén con [[Playas de Rosarito]], que en tempos foi unha das súas localidades, mais obtivo a súa independencia administrativa no [[1995]]. O censo do ano [[2005]] indicaba unha poboación de 1,6 millóns de habitantes, incluíndo [[Tecate]], mais a cantidade foi contestada, especialmente porque a cidade acolle numerosas persoas sen domicilio e é un punto de paso moi importante de emigrantes clandestinos para os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].


O Cerro Colorado é a maior altitude da cidade, a menor altitude é Playas de Tijuana, punto fronteirizo co estado de California.
O Cerro Colorado é a maior altitude da cidade, a menor altitude é Playas de Tijuana, punto fronteirizo co estado de California.

Revisión como estaba o 27 de decembro de 2017 ás 15:14

Coordenadas: 32°31′N 117°01′O / 32.517, -117.017 Modelo:Cidade Tijuana é a maior cidade do estado mexicano de Baixa California e a capital ou cabeceira municipal do concello de Tijuana; tamén é un dos centros urbanos mais importantes do país, a súa zona metropolitana esténdese aos concellos de Playas de Rosarito, Ensenada e Tecate. Adoita ser citada, abreviada e coloquialmente, como TJ. A súa poboación, en 2015, era de 1.641.570 habitantes[1]. Forma un continuum metropolitano, separado apenas pola fronteira, coa cidade californiana de San Diego: o conxunto supera os 4.900.000 habitantes.

A cidade é coñecida como Lugar onde comenza a Patria ou A esquina de América Latina. É un centro empresarial, administrativo, turístico, industrial, tecnolóxico e educativo de México.

Topónimo

Etimoloxicamente o topónimo de Tijuana ten varias definicións; a máis coñecida é a de Rancho de la Tía Juana, propiedade de Saúl García alias "El Jaguar", nome de orixe castelán.

Historia

Os anos da década de 1920 mudaron Tijuana profundamente debido á prohibición do alcohol nos Estados Unidos. Numerosos norteamericanos pasaban a fronteira para beber e xogar con completa legalidade. Inauguráronse casinos enormes, como Agua Caliente. Caesar Cardini dirixiu algúns restaurantes da cidade durante esa época, como o aínda subsistente hotel Caesar's (tamén chamado Caesar's Palace) na rúa principal, agora denominado Avenida Revolución.

Os acontecementos internacionais dos anos seguintes tiveron fondas repercusións sobre da cidade. O turismo aumentou de maneira significativa grazas aos norteamericanos que acudían en grande número pola vida nocturna de Tijuana. Paralelamente, numerosos mexicanos, vidos de todo o país, comezaron a se instalar en Tijuana, triplicando a súa poboación. Entre 1940 e 1950, a cidade pasou de 21.971 a 65.364 habitantes.

A vida nocturna e o turismo principiaron a diminuír logo da década de 1950, mais Tijuana foise adaptando para atraer unha clientela máis familiar. Actualmente calcúlase que Tijuana acolle uns 80.000 inmigrantes anuais.

Xeografía

Vista aérea da área metropolitana Tijuana - San Diego

A cidade está situada sobre a fronteira entre os Estados Unidos e México, lindando co condado de San Diego de California polo norte. Tijuana ten límites tamén con Playas de Rosarito, que en tempos foi unha das súas localidades, mais obtivo a súa independencia administrativa no 1995. O censo do ano 2005 indicaba unha poboación de 1,6 millóns de habitantes, incluíndo Tecate, mais a cantidade foi contestada, especialmente porque a cidade acolle numerosas persoas sen domicilio e é un punto de paso moi importante de emigrantes clandestinos para os Estados Unidos.

O Cerro Colorado é a maior altitude da cidade, a menor altitude é Playas de Tijuana, punto fronteirizo co estado de California.

Demografía

Tijuana ten 1.30.,983 habitantes, é unha cidade de grande crecemento poboacional nos últimos anos.

División administrativa da cidade

A cidade de Tijuana divídese en 9 delegacións. Cada delegación ten a súa propia administración e está dirixida por un delegado.

  • Centro. É a zona máis antiga da cidade.
  • Otay Centenario
  • Playas de Tijuana
  • La Mesa
  • San Antonio de los Buenos
  • Sánchez Taboada
  • La Presa
  • La Presa Este

Economía

Playas de Tijuana, centro turístico da cidade.

É centro turístico importante pola súa proximidade ás grandes cidades de California e aos Estados Unidos en xeral: de feito Tijuana é a segunda cidade do mundo polo número de turistas que a visitan, número que só supera Nova York[Cómpre referencia].

Por outra banda, Tijuana posúe numerosas maquiladoras (talleres de ensamblado en réxime de subcontrata para empresas estadounidenses), en especial nos campos do automóbil e da electrónica.

Outro sector en pulo é o da construción, pois constrúense na cidade arredor de 26.000 vivendas anuais, en parte para acoller á inxente masa de inmigrantes.

Trasportes e comunicacións

Acceso do Aeroporto Internacional de Tijuana.

A cidade conta cun aeroporto internacional, que ten conexión cas cidades mexicanas de Acapulco, Aguascalientes, Cancún, Colima, Chihuahua, Ciudad Juárez, Ciudad Obregón, Culiacán, Durango, Guadalajara, Hermosillo, La Paz, León, Loreto, Los Cabos, Los Mochis, Mazatlán, México, Monterrey, Mérida, Morelia, Oaxaca, San Luis Potosí, Puebla, Puerto Vallarta, Querétaro, Tepic, torreón, Uruapan, Veracruz e cidade de Zacatecas; ademais ten conexións internacionais a Oakland e Shanghái, China (vía Cidade de México). O Aeroporto Internacional de Tijuana sitúase a 8 km do centro da cidade, na delegación Otay Centenario, preto do muro fronterizo.

Educación

Tijuana ten universidades e centros de investigación científico-tecnolóxicos, das que cómpre citar:

Notas

  1. "Número de habitantes. Baja California". cuentame.inegi.org.mx. Consultado o 20 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas