Diferenzas entre revisións de «Utah»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
lig int
(*Mormona > mormoa.)
(lig int)
Ao longo da década de [[1860]], o goberno americano cedeu partes de Utah a outros novos territorios de nova creación, como [[Colorado, Estados Unidos de América|Colorado]], [[Nevada]] e [[Wyoming]]. En [[1868]], Utah asumiu os seus actuais límites territoriais. En [[1865]] tivo lugar a [[Guerra Black Hawk]], entre os mormóns e a tribo indíxena ute, liderada polo xefe indíxena ''Black Hawk''. A guerra durou dous anos, ata [[1867]], período na cal outras tribos indíxenas xuntáronse á causa dos utes: a de reconquistar as terras capturadas polos mormóns. En 1867, o xefe indíxena Black Hawk, vendo que non tiña ningunha oportunidade de vitoria, concordou en renderse ao goberno americano. A maioría dos indíxenas de Utah foron residir ás reservas indíxenas. Aínda así, houbo ataques indíxenas ocasionais ata [[1873]].
 
Salt Lake City tornouse un polo de comunicacións en [[1860]], co inicio do transporte de [[correos]] entre [[St Joseph, Misuri|St Joseph]] e [[Sacramento, CaliforniaEstados Unidos|Sacramento]], con escala en Salt Lake City. En [[24 de outubro]] de [[1861]], dúas liñas de [[Telégrafo eléctrico|telégrafo]], unha desde [[Washington, DC]] e a outra de [[San Francisco]], conectáronse en Salt Lake City, inaugurando a primeira liña de telégrafo transcontinental do país. Dous días despois o transporte de correos deixou de operar.
 
En [[1862]], o Congreso americano aprobou unha lei válida en todo o país, que prohibía a práctica da poligamia. O goberno americano enviou neste ano tropas a Utah, baixo o mando de [[Patrick E. Conner]]. Este, en Utah, incentivou os seus soldados a buscaren minerais na rexión. Conner, un anti-mormón, esperaba que o descubrimento de metais preciosos na rexión atraería millares de non-mormóns na rexión, reducindo así o poder dos mormóns en Utah. En [[1863]], foron descubertos [[ouro]] e [[prata]], aínda que a inexistencia dun [[ferrocarril]] no territorio fixo que a extracción destes metais non fose rendible. Poucas empresas interesáronse na explotación destas reservas, e poucas persoas instaláronse en Utah. En [[1863]], dúas compañías ferroviarias iniciaron a construción de dúas liñas. A ''[[Central Pacific Railway]]'' iniciou a construción partindo de [[Sacramento, Estados Unidos|Sacramento]] en dirección ó leste e a ''[[Union Pacific Railway]]'' iniciou a construción doutra partindo de [[Omaha, Nebrasca|Omaha]], [[Nebrasca]], en dirección ao leste. En [[10 de maio]] de [[1869]], estas dúas ferrovías xuntáronse en [[Promenade, Utah|Promenade]]. Axiña se construíron outros ferrocarrís en Utah, e a minería de metais preciosos estoupou, co que a poboación de Utah comezou a crecer rapidamente.
 
Co crecemento poboacional de Utah, a poboación da rexión presionou ao Congreso americano para que Utah fose elevado á categoría de Estado, pero a solicitude volveu a ser rexeitada por causa da grane poboación polígama no territorio. Durante a década de 1880, o goberno americano iniciou o cumprimento das leis anti-poligamía en Utah, facendo que centenas de mormóns fosen presos ou multados. Alén diso, o goberno americano aprobou en [[1887]] unha lei que autorizaba o goberno a remover as propiedades da Igrexa dos Últimos Santos para a construción de [[escola]]s. Todos estes factores fixeron que en [[1890]], o líder da Igrexa, [[Wilford Woodruff]], recomendase aos seus membros que non practicasen máis a poligamia. Catorce anos despois, en [[1904]], a Igrexa prohibiría definitivamente a práctica da poligamia por parte dos seus membros.

Menú de navegación