Dorinda Ramos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Nados en 1921 mediante HotCat
Liña 14: Liña 14:


[[Categoría:Empresarios do sector do automóbil]]
[[Categoría:Empresarios do sector do automóbil]]
[[Categoría:Nados en 1921]]

Revisión como estaba o 24 de decembro de 2017 ás 01:19

Dorinda Ramos Ramos, nada en Cerreda (Cerreda, Nogueira de Ramuín) en marzo de 1921, e finada no Escorial o 17 de decembro de 2017, foi unha mestra e empresaria galega, muller do tamén empresario Eduardo Barreiros.

Traxectoria

Orfa de nai ao nacer, o pai, que era dunha familia de pequenos propietarios agrícolas, casou de segundas e deixou a Ramos coas tías na aldea de Cerreda. Ramos marchou como estudante internada ao colexio das Carmelitas de Ourense, e posteriormente diplomouse en Maxisterio. Nese tempo, en 1940, Ramos coñeceu no autobús a quen acabaría sendo o seu home, Eduardo Barreiros e o seu socio de proxectos empresariais. Casou con Barreiros no ano 1946, xusto cando Barreiros empezaba a colleitar éxitos empresariais coa contratación de obra pública na España do primeiro franquismo.

O negocio familiar mudou á transformación de motores de gasolina en diésel e nos primeiros anos cincuenta trasladáronse a Madrid. Nos anos sesenta chegan a un acordo con Chrysler para a compra de accións da súa empresa, que acabará supondo, a finais da década, a saída de Barreiros da empresa familiar e a reorientación a outros sectores, como a fabricación de penso, o sector do viño ou a minaría (casiterita). Nos anos oitenta expandiron os seus negocios a Cuba, se ben Dorinda Ramos nunca se chegou a instalar na illa. Logo do falecemento do home en 1992, Ramos retirouse da vida empresarial.

Foi presidenta de honra, ata o seu falecemento, da Fundación Eduardo Barreiros.

Vida persoal

A súa filla, Mariluz Barreiros Ramos, casou co empresario Jesús Polanco.