Diferenzas entre revisións de «SEAT»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
→‎Historia: ligazón interna
(fundación)
(→‎Historia: ligazón interna)
[[Ficheiro:14 SEAT Zona Franca, a l'esquerra els menjadors.jpg|miniatura|SEAT Zona Franca.]]
 
A compañía foi fundada en [[1950]] polo Instituto Nacional de Industria (INI) como medio para motorizar a [[España]] de posguerra e fabricaba os coches de [[FIATFiat]], o principal fabricante de automóbiles de Italia, baixo licenza. O seu primeiro presidente foi [[José Ortiz Echagüe]], o enxeñeiro fundador de CASA. O estado español mantivo unha participación importante na sociedade. Cando FIAT se retirou en 1980, o Grupo [[Volkswagen]] adquiriu a maioría das accións en 1986 converténdose no único accionista, ao adquirir a participación que mantiña o estado español.
 
O primeiro modelo foi o 1.400, o cal se produciu nunha amplísima gama de versións. A súa produción comezou en 1953 e rematou coa versión C en 1963, a cal era moi similar á versión 1500 que lle sucedería un ano despois. O segundo modelo en saír da Zona Franca foi o [[SEAT 600]], do que se fabricaron as versións N, D, E, L Especial, 800 e outras minoritarias ata 800.000 unidades aproximadamente. É o modelo máis emblemático de SEAT e tivo boa parte de responsabilidade no proceso de motorización da clase media española. A súa produción comezou en 1957 e rematou no verán de 1973. Tras el, chegou ás cadeas de produción o 1.500, auténtico referente do luxo na España dos 60. En 1966 aparece o 850, concibido en Italia como un 600 mellorado (mellores acabados, maiores prestacións, menores defectos), o cal tivo tamén ampla difusión. En España apareceu unha inédita versión de 4 portas. Primeiro foi a versión de 4p «Curto», do que non se fixeron máis de 417 unidades, e posteriormente, o «Longo», de moito máis éxito, coupés e descapotable á parte.
Usuario anónimo

Menú de navegación