Contaminación: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios
algo máis desde a wiki .es:Contaminación
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Oil-spill.jpg|miniatura|Vertedura de [[petróleo]].]]
[[Ficheiro:Oil-spill.jpg|miniatura|Vertedura de [[petróleo]].]]
[[Ficheiro:Mascato-fuel2.jpg|miniatura|[[Mascato]] (''Sula bassana'') morto pola contaminación de petroleo nunha praia do [[O Grove|Grove]].]]
A '''contaminación''' é a introdución nun medio calquera dun contaminante; é dicir, calquera substancia ou forma de enerxía con potencial para provocar danos, irreversibles ou non, no medio ambiente.
A '''contaminación''' é a introdución de substancias ou outros elementos físicos nun medio que provocan que este sexa inseguro ou non apto para o seu uso;<ref>{{Cita web |url=http://www.merriam-webster.com/dictionary/pollution |título=Pollution - Definition from the Merriam-Webster Online Dictionary |editorial=Merriam-webster.com |data=13 de agosto de 2010 |dataacceso=26 de agosto de 2010}}</ref> é dicir, calquera substancia ou forma de enerxía con potencial para provocar danos, irreversibles ou non, no medio ambiente. O medio pode ser un [[ecosistema]], un medio físico ou un [[ser vivo]]. O contaminante pode ser unha [[substancia química]], [[enerxía]] (como [[son]], [[calor]], [[luz]] ou [[radioactividade]]).

É sempre unha alteración negativa do estado natural do [[Medio ambiente|medio]], e polo xeral, xérase como consecuencia da actividade humana considerándose unha forma de [[impacto ambiental]].

A contaminación pode clasificarse segundo o tipo de fonte de onde provén, ou pola forma de contaminante que emite ou medio que contamina. Existen moitos axentes contaminantes entre eles as substancias químicas (como praguicidas, cianuro, herbicidas e outros.), os residuos urbanos, o petróleo, ou as radiacións ionizantes. Todos estes poden producir enfermidades, danos nos [[ecosistema]]s ou o medioambiente. Ademais existen moitos contaminantes gaseosos que xogan un papel importante en diferentes fenómenos atmosféricos, como a xeración de choiva ácida, o enfraquecemento da capa de ozono, e o cambio climático.

Hai moitas formas de combater a contaminación, e lexislacións internacionais que regulan as emisións contaminantes dos países que adhiren estas políticas. A contaminación está xeralmente ligada ao desenvolvemento económico e social. Actualmente moitas organizacións internacionais como a [[Organización das Nacións Unidas|ONU]] sitúan ao [[desenvolvemento sustentable]] como unha das formas de protexer ao [[medioambiente]] para as actuais e futuras xeracións.

En 2015, a contaminación matou máis de 9 millóns de persoas.


== Tipos ==
== Tipos ==

Revisión como estaba o 22 de decembro de 2017 ás 18:44

Vertedura de petróleo.
Mascato (Sula bassana) morto pola contaminación de petroleo nunha praia do Grove.

A contaminación é a introdución de substancias ou outros elementos físicos nun medio que provocan que este sexa inseguro ou non apto para o seu uso;[1] é dicir, calquera substancia ou forma de enerxía con potencial para provocar danos, irreversibles ou non, no medio ambiente. O medio pode ser un ecosistema, un medio físico ou un ser vivo. O contaminante pode ser unha substancia química, enerxía (como son, calor, luz ou radioactividade).

É sempre unha alteración negativa do estado natural do medio, e polo xeral, xérase como consecuencia da actividade humana considerándose unha forma de impacto ambiental.

A contaminación pode clasificarse segundo o tipo de fonte de onde provén, ou pola forma de contaminante que emite ou medio que contamina. Existen moitos axentes contaminantes entre eles as substancias químicas (como praguicidas, cianuro, herbicidas e outros.), os residuos urbanos, o petróleo, ou as radiacións ionizantes. Todos estes poden producir enfermidades, danos nos ecosistemas ou o medioambiente. Ademais existen moitos contaminantes gaseosos que xogan un papel importante en diferentes fenómenos atmosféricos, como a xeración de choiva ácida, o enfraquecemento da capa de ozono, e o cambio climático.

Hai moitas formas de combater a contaminación, e lexislacións internacionais que regulan as emisións contaminantes dos países que adhiren estas políticas. A contaminación está xeralmente ligada ao desenvolvemento económico e social. Actualmente moitas organizacións internacionais como a ONU sitúan ao desenvolvemento sustentable como unha das formas de protexer ao medioambiente para as actuais e futuras xeracións.

En 2015, a contaminación matou máis de 9 millóns de persoas.

Tipos

En función do medio afectado

Principais efectos na saúde por contaminación do aire, da auga ou do solo (en inglés).[2][3][4]
  • Contaminación atmosférica. Debida ás emisións atmosféricas. Os contaminantes principais son os produtos de procesos de combustión convencional en actividades de transporte, industriais, xeración eléctrica e calefacción doméstica, a evaporación de disolventes orgánicos e as emisións de ozono e freóns.
  • Contaminación do medio hídrico. Presenza de contaminantes na auga (río ou mar). Os contaminantes principais son os idoidos industriais (presenza de metais e evacuación de augas a elevada temperatura) e augas servidas (saneamento de poboacións).
  • Contaminación do solo. Presenza de contaminantes no solo, principalmente debidos a actividades industriais (almacéns, verteduras ilegais), vertedura de refugallos sólidos urbanos, produtos fitosanitarios empregados en agricultura (abonos e fertilizantes químicos) e xurros das actividades gandeiras.

En función da natureza do contaminante

Ficheiro:Contaminación Porto de Ribeira eue.jpg
Porto de Ribeira no ano 2005.
  • Contaminación química: Calquera das comentadas nos apartados anteriores. Un determinado composto químico introdúcese no medio.
  • Contaminación térmica: Emisión de fluídos a elevada temperatura; pódese producir en cursos de auga. O incremento da temperatura do medio diminúe a solubilidade do osíxeno na auga.
  • Contaminación acústica: A debida ó ruído provocado polas actividades industriais, sociais e do transporte, que pode provocar malestar, irritabilidade, insomnio etc.
  • Contaminación lumínica: Brillo ou resplandor de luz no ceo nocturno producido pola reflexión e a difusión da luz artificial nos gases e nas partículas do aire polo uso de luminarias ou excesos de iluminación, así como a intrusión de luz ou de determinadas lonxitudes de onda do espectro en lugares non desexados.
  • Contaminación ou impacto visual: Xeralmente de instalacións industriais, edificios e infraestruturas, consistente no afeamento do medio.

En función da extensión da fonte

  • Contaminación puntual: Cando a fonte se localiza nun punto. Por exemplo, as chemineas dunha fábrica ou un sumidoiro.
  • Contaminación lineal: A que se produce ó longo dunha liña. Por exemplo a contaminación acústica e química polo tráfico dunha autoestrada.
  • Contaminación difusa: A que se produce cando o contaminante chega ó ambiente de forma distribuída, non localizada. A contaminación de solos e acuíferos polos fertilizantes e pesticidas empregados na agricultura é deste tipo. Tamén é difusa a contaminación dos sollos cando a chuvia arrastra ata alí contaminantes atmosféricos, como pasa coa chuvia ácida.
A contaminación en Europa.

Notas

  1. "Pollution - Definition from the Merriam-Webster Online Dictionary". Merriam-webster.com. 13 de agosto de 2010. Consultado o 26 de agosto de 2010. 
  2. World Resources Institute: August 2008 Monthly Update: Air Pollution's Causes, Consequences and Solutions Submitted by Matt Kallman on Wed, 2008-08-20 18:22. Consultada o 17/04/09.
  3. waterhealthconnection.org Overview of Waterborne Disease Trends By Patricia L. Meinhardt, MD, MPH, MA, Author. Consultada o 16/04/09.
  4. Pennsylvania State University > Potential Health Effects of Pesticides. por Eric S. Lorenz. 2007.

Véxase tamén

Outros artigos